Resultados oposicións ensino 2026

Os resultados definitivos do proceso selectivo sitúan o alumnado preparado en Nós no 26,4 % das prazas finalmente asignadas en Galicia, cunha presenza especialmente destacada en numerosas especialidades de Mestres, Secundaria e Formación Profesional.
Os resultados definitivos das oposicións de Educación 2026 volven poñer en valor o traballo desenvolvido por Nós Oposicións e, sobre todo, o esforzo e a confianza do noso alumnado.
Unha vez finalizado o proceso selectivo e publicadas as persoas seleccionadas no Diario Oficial de Galicia, os datos obtidos permiten facer unha lectura global dos resultados:
Máis dunha de cada catro prazas
O 26,4 % das prazas finalmente asignadas en Galicia foi para alumnado que se preparou en Nós Oposicións.
Un resultado que significa que máis dunha de cada catro prazas foi acadada por unha persoa que confiou na preparación de Nós.
A presenza do noso alumnado foi especialmente significativa nos dous grandes ámbitos da convocatoria:
- 22,5 % das prazas finalmente asignadas no corpo de Mestres foron para alumnado de Nós.
- 28,9 % das prazas finalmente asignadas en Secundaria e FP corresponderon a alumnado preparado en Nós Oposicións.
Son datos calculados sobre as prazas finalmente asignadas, unha vez concluído o proceso selectivo, e non simplemente sobre o número de prazas inicialmente convocadas.
Resultados destacados en numerosas especialidades
A análise por especialidades permite comprobar que os resultados de Nós non se concentran nun único ámbito, senón que existe unha presenza moi significativa en diferentes corpos e especialidades.

Especialmente significativo resulta comprobar a presenza de alumnado de Nós en especialidades con un número importante de prazas, como Xeografía e Historia, Lingua Galega, Inglés de Secundaria, Matemáticas ou Primaria.
E, ademais da porcentaxe de prazas acadadas, en varias destas especialidades alumnado de Nós situouse tamén nos primeiros postos dos seus respectivos tribunais, reforzando a dimensión cualitativa destes resultados.
Un resultado que abarca Mestres, Secundaria e FP
Un dos aspectos que consideramos máis relevantes dos resultados de 2026 é a súa amplitude.
Nós Oposicións conta cunha importante presenza na preparación do corpo de Mestres, pero os resultados deste proceso volven demostrar tamén a fortaleza dos nosos grupos de Secundaria e Formación Profesional.
O feito de que o alumnado preparado en Nós represente o 28,9 % das prazas finalmente asignadas en Secundaria e FP e o 22,5 % no corpo de Mestres permite falar dun resultado equilibrado entre os diferentes ámbitos da docencia.
Non se trata, polo tanto, dun resultado vinculado exclusivamente a unha especialidade concreta, senón dunha presenza que se estende por diferentes áreas e corpos docentes.
Como interpretar correctamente estes datos
Para Nós é importante ofrecer os resultados coa máxima transparencia e contextualizalos adecuadamente.
Nas especialidades do corpo de Mestres existe un maior número de tribunais, distribuídos ademais en diferentes localidades de Galicia. Nós Oposicións non conta con alumnado presentado en todos eles.
Por este motivo, as porcentaxes anteriores están calculadas sobre o conxunto das prazas finalmente asignadas en Galicia en cada especialidade, e non sobre unha selección de tribunais nos que exista presencia de alumnado de Nós.
Deste modo, os datos permiten valorar de maneira global qué peso tivo o alumnado preparado en Nós dentro do resultado final de cada especialidade.
Detrás de cada praza hai unha historia
As porcentaxes son importantes porque permiten dimensionar os resultados, pero en Nós sabemos que detrás de cada praza hai moito máis que un número.
Hai meses de preparación, horas de estudo, renuncias, incertidumbres, nervios, ilusión e, sobre todo, moito esforzo por parte de cada opositor e opositora.
E tamén hai un equipo docente que acompaña, orienta e prepara ao alumnado durante todo ese camiño.
Por iso, estes resultados son tamén un motivo para dar as grazas.
Grazas ás persoas que confiaron en Nós Oposicións para preparar este proceso selectivo. Grazas polo esforzo, pola constancia e por permitirnos acompañarvos nun reto tan importante.
E grazas tamén ao noso equipo docente e administrativo, polo traballo desenvolvido durante todo o curso.
Cada praza é un éxito compartido.
Seguimos traballando para acompañarte no camiño cara á túa praza.
Fonte dos datos
Os datos desta información están elaborados a partir da convocatoria do proceso selectivo para o ingreso e acceso aos corpos docentes de 2026 e da resolución definitiva pola que se fan públicas as persoas que superaron o procedemento selectivo e foron seleccionadas, publicada no Diario Oficial de Galicia.
DOG – Convocatoria das oposicións de Educación 2026
DOG – Resolución definitiva do proceso selectivo, 3 de agosto de 2026