EXAME
09 may
2027
Oferta:
OEP 2024 + OEP 2025
Convocatoria:
Resolución do 23 de outubro de 2026 - DOG 208 do 30/10/2026Prazo solicitudes
Aberto dende o 02/11/2026 ata o 27/11/2026
Sistema Selectivo
oposición
Prazas
305 prazas (OEP 2024 + OEP 2025)
Metodoloxía NÓS
1º Exercicio · (Obrigatorio e eliminatorio)
- Tempo: Máximo 120 minutos
- Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, das cales vinte (20) corresponderán á parte xeral e sesenta (60) á parte específica, máis cinco (5) de reserva, das cales dúas (2) corresponderán aparte xeral do programa e tres (3) aparte específica, e que substituirán ás preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.
- As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só una delas será a correcta.
- Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
- Cualificarase de 0 a 100 puntos. Mínimo 50 puntos para a superación do mesmo.
- Superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que obteñan en cada unha das partes o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
- Con todo, de darse o caso de que o número de aspirantes que obtivesen o mínimo do 50 % das respostas netas sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata alcanzar a devandita cifra sempre que obteñan, en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
2º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)
- Tempo: Máximo 60 minutos
- Constará de dúas probas:
- Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
- Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
- Este exercicio valorarase como apto ou non apto.
* Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 2 ou o Título equivalente debidamente homologado.
Parte xeral
Tema 1
A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II, e capítulo I do título III.
Tema 2
Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.
Tema 3
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III.
Tema 4
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
Tema 5
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV, V.
Tema 6
Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: titulos preliminar, I, II (capítulos I, II e XI), VII e VIII.
Tema 7
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
Parte específica
Tema 1
A lavandería. Procesos e tratamentos que se aplicarán en todo tipo de téxtil nun centro residencial desde a súa recepción ata a súa entrega totalmente limpa tendo en conta a súa procedencia, uso, tipo de tecido, roupa de cor ou branca. Tratamento do pasado do ferro segundo as diferentes pezas de roupa e tecidos, tanto á man coma á máquina. Branqueo e hixienizado da roupa. Eliminación de manchas nos tecidos: identificación, tratamentos e procedementos de limpeza segundo o tipo de mancha e de tecido. A costura: identificación e composición dos tecidos, reparación básica da roupa e lencería.
Tema 2
Limpeza de habitacións e cuartos de baño en diferentes centros e institucións. Factores que hai que ter en conta na súa limpeza e ventilación. Tipos de utensilios, materiais, produtos de limpeza e maquinaria utilizados segundo as características e natureza das superficies que se van limpar. Procedementos básicos de limpeza de mobles, chans, paredes, portas, fiestras, espellos, sanitarios e demais elementos dos cuartos de baño.
Tema 3
Limpeza de zonas comúns en centros e institucións. Factores que hai que ter en conta na limpeza de corredores, vestíbulos, escaleiras, salas de estar, comedores, aulas, talleres, laboratorios, despachos e demais espazos de uso común. Tipos de utensilios, materiais, produtos de limpeza e maquinaria utilizados segundo as características e natureza das superficies que se van limpar. Procedementos básicos de limpeza de chans, paredes, teitos, portas, fiestras, mobles, cristais e outros elementos das zonas comúns. Organización das tarefas de limpeza, sinalización das zonas húmidas.
Tema 4
Preelaboración, elaboración e condimentación de menús sinxelos. Identificación das materias primas e das principais técnicas culinarias. Identificación das dietas terapéuticas e das súas características básicas. Identificación dos grupos de alérxenos alimentarios e diferenzas entre alerxias e intolerancias alimentarias. Preparación, presentación e distribución dos alimentos en pratos ou bandexas mediante liñas de distribución en quente e en frío. Preparación e presentación dos alimentos en pratos para a súa colocación en bandexas isotérmicas e distribución diferida. Funcións de auxilio ao xefe e aos oficiais de cociña na elaboración de menús máis complexos.
Tema 5
Limpeza do departamento de cociña e zonas auxiliares en centros e institucións. Factores que hai que ter en conta na limpeza das superficies tales como paredes, fiestras, portas, teitos e chans. Tipos de utensilios, materiais, produtos de limpeza e maquinaria utilizados segundo as características e a natureza das superficies que se van limpar. Procedementos e tratamentos de limpeza e mantemento hixiénico de todo tipo de batería de cociña, útiles, maquinaria xeradora de frío, xeradora de calor e neutra e demais equipos e elementos propios da cociña. Medidas de hixiene e seguridade alimentaria nas operacións de limpeza.
Tema 6
O comedor. Tipos de comedor segundo a tipoloxía dos usuarios e comensais. Identificación e clasificación da lencería e do mobiliario de comedor. Identificación e clasificación da vaixela, xogo de cubertos, cristalaría, enxoval, pequeno enxoval, utensilios e maquinaria propios do comedor. Tipos e fases do servizo de comedor: preservizo, servizo e postservizo. Identificación e tipos de almorzos e xantares. Tipos de montaxe das mesas.
Tema 7
Funcións do persoal da agrupación profesional da especialidade persoal de limpeza e cociña. Medidas sanitarias de orde xeral, seguridade e hixiene no traballo. Marco normativo xeral en materia de prevención de riscos laborais. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I e III. A prevención de riscos laborais no manexo de materiais e traslado de cargas. Posturas corporais: a prevención de lesións no exercicio das funcións. Aspectos básicos da evacuación de edificios: os plans de actuación ante emerxencias.
O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.
Non se esixe titulación.