Oposición.
O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.
Exercicios.
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
Primeiro exercicio.
- Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento corenta (140) preguntas tipo test que se dividirá en dúas partes: unha de contido teórico e outra de contido práctico.
- A primeira parte do exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de noventa (90) preguntas tipo test, das que vinte e cinco (25) corresponderán á parte xeral do programa e sesenta e cinco (65) á parte específica, máis cinco (5) preguntas de reserva, das cales unha (1) corresponderá á parte xeral do programa e catro (4) á parte específica e que substituirán ás preguntas anuladas de cada parte pola súa orde. As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas da parte xeral do programa, polo que contestarán unicamente ás sesenta e cinco (65) preguntas da parte específica e ás correspondentes preguntas de reserva.
- Na segunda parte, as persoas aspirantes deberán resolver por escrito dous supostos de carácter práctico relacionados coas materias que figuran na parte específica do programa, cun total de cincuenta (50) preguntas tipo test, con vinte e cinco (25) preguntas cada un dos supostos. Cada suposto do exercicio dispoñerá de tres (3) preguntas de reserva.
- Nos supostos a) e b) as preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.
- Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
- O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas do presente exercicio respectarase a orde establecida nos parágrafos anteriores.
- O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos (200) minutos.
No acceso pola quenda de promoción interna, superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden, en cada unha das partes. o 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acaden, en cada una das partes, o 50 % das respostas netas, sexa inferior ao número de prazas convocadas por esta quenda, superan o exercicio as persoas aspirantes que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes
No acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 %, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acaden, en cada una das partes, o mínimo do 50 % das respostas netas, sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións, ata acadar a devandita cifra sempre que obtiveran, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes
Para os efectos do previsto nos dous parágrafos anteriores, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, terase en conta que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.
En calquera caso, lémbrase que soamente superarán o proceso selectivo aquelas persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de prazas convocadas, sempre que cumpran as condicións previstas nos parágrafos anteriores.
Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica
O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos.
A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos nove (9) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
Segundo exercicio.
- Constará de dúas probas:
- Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
- Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
- O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.
- Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel do Celga 4 requirido no proceso selectivo.
- Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
- Para estes efectos, xunto coa resolución pola que se fan públicas as cualificacións do primeiro exercicio a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, unha listaxe de persoas aspirantes que están exentas de realizar o exame de galego por telo debidamente acreditado no seu expediente electrónico persoal.
- As persoas aspirantes que non figuren na devandita listaxe de persoas exentas pero posúan o día da finalización do prazo de presentación de instancias o Celga 4 ou equivalente, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal fai públicas as cualificacións do primeiro exercicio, para incorporar a documentación acreditativa de posuír o Celga 4 ou equivalente ao seu expediente electrónico persoal, ao que accederán a través de Fides, do xeito establecido na
- Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).
- Este exercicio realizarase nun prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde o remate do exercicio anterior.
Mostra do Material
Podes descargar unha mostra do noso temario propio actualizado que se imparte neste curso!
Parte xeral
Tema 1
A Constitución española de 1978: título preliminar, título I, artigo 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V, e título VIII.
Tema 2
O Estatuto de autonomía de Galicia: título I, título II e título III da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.
Tema 3
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV, capítulo I e capítulo IV, e o título V.
Tema 4
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI, capítulos III e IV, e título VIII.
Tema 5
Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.
Tema 6
Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, título I, título II: capítulos I, II, III, IV, V e XI.
Tema 7
Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: título I.
Parte específica
Tema 1
Papel, funcións e tarefas do educador e da educadora infantil. Principios e normas morais que regulan a actividade profesional do educador e da educadora infantil.
Tema 2
A organización do espazo, os materiais e o tempo como recursos didácticos. Características espaciais da escola infantil. Os materiais na práctica educativa. A distribución do tempo.
Tema 3
O ingreso do neno e da nena no centro infantil. O período de adaptación. O papel do adulto no proceso de adaptación á escola infantil. A colaboración dos pais e das nais neste proceso.
Tema 4
O currículo da educación infantil. A estrutura curricular da educación infantil. O proxecto educativo de centro. O proxecto curricular de etapa. A programación de actividades. Elementos da programación. A presenza dos temas transversais no currículo.
Tema 5
A Lei de normalización lingüística de Galicia: a normalización nos primeiros anos da escolaridade. A aplicación do modelo na educación infantil.
Tema 6
A Lei galega para a igualdade de homes e mulleres e a Lei de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: implicacións no currículo da educación infantil. Principios de intervención que impregnan a práctica cotiá nesta etapa.
Tema 7
O maltrato infantil. Definición de malos tratos á infancia. Indicadores de maltrato infantil. Detección e notificación desde o ámbito escolar. O protocolo de actuación en abusos sexuais a menores.
Tema 8
A regulación dos centros de atención á infancia no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tema 9
A educación infantil dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais. A importancia da intervención temperá. A integración na educación infantil. As adaptacións curriculares.
Tema 10
O crecemento e desenvolvemento físico do neno e da nena de 0 a 3 anos. O desenvolvemento cognitivo e lingüístico. O desenvolvemento emocional e social. O desenvolvemento da identidade sexual e dos roles de xénero. Alteracións máis frecuentes do desenvolvemento.
Tema 11
Alimentación e nutrición. Necesidades nutricionais desde o nacemento ata os tres anos. A transición na alimentación. Trastornos e dificultades na alimentación. O desenvolvemento de hábitos para unha alimentación equilibrada.
Tema 12
A organización da vida cotiá na escola infantil. A adquisición de hábitos de autonomía persoal. O control de esfínteres. A adquisición de hábitos de hixiene e limpeza nos nenos e nenas de 0 a 3 anos. O descanso: necesidades e ritmos de sono.
Tema 13
As enfermidades máis frecuentes na primeira infancia. Enfermidades transmisibles. Os accidentes infantís. O papel do educador e a educadora na prevención dos accidentes infantís. Os primeiros auxilios.
Tema 14
A importancia do xogo no desenvolvemento infantil. Tipos de xogos. O xogo como recurso didáctico. A intervención do educador e a educadora no xogo infantil.
Tema 15
A participación dos pais e das nais na escola infantil. A interacción coas familias. As entrevistas cos pais e coas nais. As reunións xerais e grupais. A acción titorial.
Estar en posesión ou en condición de obter o título de técnico/a superior en educación infantil ou equivalente.