Nós Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

Emisorista Vixilante/a Fixo/a

Oferta:

OEP 2026

Convocatoria:

Pendente de publicación

Sistema Selectivo

concurso • oposición

Prazas

25 prazas (OEP 2026)

Metodoloxía NÓS

icono

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

icono

Simulacros de probas

icono

Aula Virtual

icono

App propia

icono

Temario propio actualizado

icono

Máis de 2000 preguntas tipo test de todo o temario

icono

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Emisorista Vixilante/a Fixo/a

    icono

    ¡Escríbenos por WhatsApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    (segundo a última convocatoria)

    Primeiro exercicio (Proba teórica): Cuestionario escrito de 60 preguntas tipo test (20 da parte xeral común e 40 da parte específica do programa) máis 5 preguntas de reserva (2 común e 3 específica), con 4 respostas alternativas, nun tempo máximo de 100 minutos. Cada resposta incorrecta desconta 1/4 dunha correcta. Califícase de 0 a 60 puntos (mínimo 30 puntos para superar, aplicándose o corte de 4 aspirantes por praza sempre que se acade o 50 % —ou subsidiariamente o 40 %— en cada parte).

    Segundo exercicio (Proba de agudeza visual e visión cromática): Proba eliminatoria (Apto / Non Apto) realizada mediante un aparello de control da visión tipo Visiotest ou equivalente, na que se examina a agudeza visual afastada en ambos os ollos e a visión cromática.

    Proba de coñecemento da lingua galega: Obrigatoria e eliminatoria (Apto / Non Apto) unicamente para quen non acredite previamente o certificado Celga 3 ou equivalente. Consiste nun test de 30 preguntas (+ 3 de reserva) en 50 minutos sobre contidos léxicos, sintácticos e gramaticais (cada erro desconta 1/4).

    Parte xeral

    Tema 1

    A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II e VIII.

    Tema 2

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.

    Tema 3

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

    Tema 4

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

    Tema 5

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.

    Tema 6

    Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: títulos preliminar, I, II (capítulos I, II e XI), VII e VIII.

    Tema 7

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, título I (sección 1.ª do capítulo V e capítulo VIII) e título II.

    Tema 8

    Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.

    Parte específica

    Tema 1

    A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio e as comunicacións terrestres e aéreas. As canles símplex. As canles dúplex e semidúplex. A rede dixital TETRA. Transmisión de alarmas. Transmisión de instrucións ponte de comunicacións. Partes periódicos. A comunicación cos medios aéreos.

    Tema 2

    Os centros de coordinación. Organización e toma de datos. Funcionamento do 085.

    Tema 3

    Conceptos básicos de topografía. Orientación sobre o terreo. Os ventos dominantes. Tipos de fumes, cor, intensidade e vento.

    Tema 4

    Lume forestal, características e o seu comportamento. O seguimento dos lumes no seu campo de visión.

    Tema 5

    A seguridade do persoal en tarefas de vixilancia. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.

    Título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente.

    OEP 2026 - 25 prazas

    Comeza a preparar a oposición de Emisorista Vixilante/a Fixo/a

      icono

      ¡Escríbenos por WhatsApp!

      icono