EXAME
24 ene
2024
Prazo solicitudes
Pechado (Prazo do 30/01/2024 ao 26/02/2024).
Sistema Selectivo
oposición
Prazas
83 Prazas
Metodoloxía NÓS
1º Exercicio · (Obrigatorio e eliminatorio)
No acceso pola quenda de promoción interna, superarán o exercicio as persoas aspirantes que consigan, en cada unha das partes. o 50% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Con todo, de darse o caso de que o número de aspirantes que consigan, en cada unha das partes, o 50% das respostas netas, sexa inferior ao número de prazas convocadas por esta quenda, superarán o exercicio as persoas aspirantes que consigan, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
No acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda sempre que consigan, en cada unha das partes, o mínimo do 50%, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Con todo, de darse o caso de que o número de aspirantes que consigan, en cada unha das partes, o mínimo do 50% das respostas netas, sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións, ata conseguir a devandita cifra, sempre que obtiveran, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes
2º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)
* Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado.
Parte xeral
A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II e VIII.
Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.
Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, título I, título II: capítulos I e II.
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.
Parte específica
Aparellos e instrumentos de limpeza.
Produtos e técnicas de limpeza.
A área de cociña e a súa limpeza.
Normativas sanitarias de aplicación nas cociñas colectivas.
O servizo de comedor.
O coidado da roupa: o lavado da roupa. A pasada de ferro da roupa.
A alimentación, a nutrición e a dietética: a alimentación equilibrada. Planificación de menús.
Saúde infantil: hixiene. Accidentes na infancia: a súa prevención.
O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no Anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.
Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
OPE 2021 + OPE 2022 – Do 27 de decembro do 2022, Convocatoria de 24 de Xaneiro de 2024 – DOG 20, de 29/01/2024 – 83 prazas
OPE Extraordinaria – Convocatoria do 27 de decembro do 2022 – 22 prazas concurso-oposición · Corrección de erros I · Corrección de erros II
+ OPE Extraordinaria – Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 159 prazas só concurso · Modificación da convocatoria de 20/01/2023 – DOG 15 23/01/2023