EXAME
27 dic
2022
Sistema Selectivo
concurso
Metodoloxía NÓS
1º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)
De darse o caso de que o número de aspirantes que superen este exercicio pola quenda de promoción interna non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
No acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda sempre que alcancen o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
No caso de que o número de aspirantes que superen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas.
Para os efectos do previsto nos dous parágrafos anteriores, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, terase en conta que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.
2º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)
* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 3 ou equivalente.
Temario común
A Constitución española de 1978: título preliminar, I, II e VIII.
Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar, I, II, III, IV e V.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.
Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.
Temario específico
O corpo humano: concepto. Características. Aparellos. Sentidos.
O persoal coidador dentro da escola ou centro. A súa participación no proceso educativo e socializador. Relacións cos familiares e co persoal especializado.
A intervención con familias de persoas con discapacidade. Características e recollida de información. Procesos de fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade dentro da familia.
Educación especial: clasificación das persoas que a requiren. Problemas psíquicos, problemas de afectividade.
Acompañamento de persoas con discapacidade. Concepto e tipos de discapacidade. Apoios, intervención e acompañamento a persoas con discapacidade.
Características básicas das persoas con discapacidade motora. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. Problemas posturales. Atención específica das persoas con espiña bífida.
Características básicas das persoas con discapacidade visual. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. A independencia de movementos e desprazamentos; a orientación na procura de estratexias que favorezan a súa maior autonomía.
Características básicas das persoas con discapacidade auditiva. Problemas na súa escolarización ou socialización. O seu contexto de relacións.
A inclusión de persoas con discapacidade en espazos de lecer e de tempo libre. Procesos, planificación e intervención. O papel do persoal coidador nas actividades de lecer e tempo libre; recreos, saídas, excursións, campamentos. O persoal coidador como dinamizador de xogos e actividades.
Creación de costumes para alcanzar os hábitos de alimentación, hixiene e control de esfínteres. Técnicas para o manexo de apoios instrumentais para a locomoción, alimentación e hixiene.
O persoal coidador no desenvolvemento de capacidades tecnolóxicas de persoas con discapacidade. Programas e procesos de adestramento en estratexias cognitivas básicas e alfabetización tecnolóxica: organización, realización e aplicación. Aplicación dos programas de adestramento. Aplicacións das novas tecnoloxías.
O persoal coidador como medio para a consecución da independencia na locomoción, alimentación e hixiene. Evolución social. A importancia do traballo en equipo.
Técnicas de prevención de accidentes e ergonomía na escola ou centro e nas actividades complementarias ao alumnado con necesidades especiais. Primeiros auxilios e atención de emerxencia ao alumnado con necesidades especiais.
O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura publicado na Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro). Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figuran publicadas na resolución anterior e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.
Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
OFERTA 2019 + 2020 – Convocatoria do 4 de abril de 2022 – 62 prazas libres
OEP 2022 Extraordinaria – Convocatoria do 27 de decembro do 2022 – 56 prazas concurso-oposición · Modificación da convocatoria 20 de xaneiro de 2023 · DOG 15 de 23/01/2023
+ OPE Extraordinaria – Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 366 prazas só concurso · Modificación da convocatoria 20 de Xaneiro de 2023 · DOG 15 de 23/01/2023