Nós Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

Xefe/a de Brigada

Oferta:

OEP 2026

Convocatoria:

Pendente de publicación

Sistema Selectivo

concurso • oposición

Prazas

3 prazas

Metodoloxía NÓS

icono

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

icono

Simulacros de probas

icono

Aula Virtual

icono

App propia

icono

Temario propio actualizado

icono

Máis de 2000 preguntas tipo test de todo o temario

icono

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Xefe/a de Brigada

    icono

    ¡Escríbenos por WhatsApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    (segundo a última convocatoria)

    Primeiro exercicio (Proba teórica): Consiste en contestar por escrito un cuestionario de 90 preguntas tipo test (25 da parte xeral do programa e 65 da parte específica do Anexo I) máis 5 preguntas de reserva (2 da parte xeral e 3 da específica), con catro respostas alternativas das que só unha é correcta. Cada resposta incorrecta desconta un cuarto (0,25) dunha correcta, e as preguntas non contestadas nin penalizan nin puntúan. As persoas de promoción interna están exentas da parte xeral (responden só ás 65 da específica e ás súas reservas). Califícase de 0 a 40 puntos (mínimo 20 puntos para superar), co límite de multiplicar por 5 o número de prazas convocadas en acceso libre sempre que se acade un mínimo do 40 % das respostas correctas (ou do 40 % en promoción interna).

    Segundo exercicio (Proba práctica): Consiste en contestar por escrito un cuestionario de 50 preguntas tipo test sobre a parte específica do programa (Anexo I) máis 3 preguntas de reserva, con catro respostas alternativas das que só unha é correcta (erro desconta 1/4, branco non penaliza). Só se corrixe a quen supere o primeiro exercicio. Califícase de 0 a 20 puntos e é preciso obter un mínimo de 10 puntos e un mínimo do 40 % das respostas correctas tanto en promoción interna como en acceso libre.

    O primeiro e segundo exercicio realizaranse na mesma sesión e cun tempo máximo conxunto de 180 minutos.

    Terceiro exercicio (Proba física - Field Test): Ten carácter eliminatorio e cualifícase como Apto ou Non Apto. Consiste en superar a proba física Field Test, camiñando 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas nun tempo máximo de 30 minutos. Non se pode correr durante o desenvolvemento da proba (tras unha advertencia, o tribunal descualifica con Non Apto). As persoas aspirantes deben presentarse cun certificado médico oficial ou informe do seu estado de saúde asinado por un médico colexiado en exercicio que acredite non presentar enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico, expedido dentro dos 3 meses inmediatamente anteriores á data da proba (a non presentación supón a exclusión).

    Cuarto exercicio (Coñecemento da lingua galega): Ten unha duración de 60 minutos e consta de dúas probas de tradución elixidas por sorteo entre dous textos propostos polo tribunal: tradución dun texto do castelán ao galego e tradución dun texto do galego ao castelán. Cualifícase como Apto ou Non Apto. Están exentas as persoas que acrediten posuír, ao remate do prazo de presentación de instancias, o Celga 4 ou título equivalente homologado, mediante acreditación a través de FIDES no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación no DOG das cualificacións do segundo exercicio.

    Parte xeral

    Tema 1

    1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I, artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.

    Tema 2

    2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Título I, título II e título III da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

    Tema 3

    3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV capítulo I e capítulo IV e o título V.

    Tema 4

    4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.

    Tema 5

    5. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

    Tema 6

    6. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI capítulos III e IV e título VIII.

    Tema 7

    7. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.

    Tema 8

    8. Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: títulos preliminar, I, II (capítulos I, II e XI), VI, VII e VIII.

    Tema 9

    9. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.

    Parte específica

    Tema 1

    1. A defensa contra incendios forestais de Galicia. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

    Tema 2

    2. O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

    Tema 3

    3. O Sistema estrutural de mando operativo (Semop).

    Tema 4

    4. Conceptos básicos de topografía. A orientación sobre o terreo.

    Tema 5

    5. O lume forestal e as súas características. O comportamento do lume. Determinación de situacións de risco.

    Tema 6

    6. Extinción de incendios forestais. Sistema de predición de Campbell. Técnicas de extinción, primeiro ataque e ataque ampliado, o contralume. Retardantes.

    Tema 7

    7. Os incendios na interface urbana forestal. Situacións operativas.

    Tema 8

    8. Sistemas de detección. Modelos de combustible. Índices de risco. A meteoroloxía nos incendios forestais.

    Tema 9

    9. Prevención de incendios: accións sobre o territorio e sobre a poboación. As redes de faixas de xestión da biomasa. As queimas prescritas. Protocolo. A ventá de actuación.

    Tema 10

    10. A maquinaria pesada na extinción de incendios forestais. Tipos de máquinas empregadas en Galicia. Tipos de traballos.

    Tema 11

    11. O traballo coas motobombas. Características principais. Partes principais do vehículo de extinción. Cisterna, bomba, mangueiras e accesorios. Seguridade nas operación coas motobombas.

    Tema 12

    12. A condución dun vehículo todo terreo. A estiba das ferramentas. A condución cara ao lume, aproximación e estacionamento do vehículo.

    Tema 13

    13. A seguridade na extinción de incendios forestais (I). Normas e protocolos de seguridade. Equipamentos de protección. Equipamentos de protección individual.

    Tema 14

    14. A seguridade na extinción de incendios forestais (II). Factores de risco na extinción. Protocolo Ocela. Situacións en atrapamento. Manobras de autoprotección.

    Tema 15

    15. As comunicacións na extinción de incendios forestais de Galicia. A rede TETRA. A función repeater e o modo Gateway.

    Título de Técnico/a Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural (ou titulación equivalente/habilitante no ámbito forestal, como Enxeñaría Técnica Forestal ou Grao en Enxeñaría Forestal).

    OEP 2026 - 3 prazas

    Comeza a preparar a oposición de Xefe/a de Brigada

      icono

      ¡Escríbenos por WhatsApp!

      icono