Nós Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

Bombeiro/a Forestal – Conductor/a Motobomba

Oferta:

OEP 2026

Convocatoria:

Pendente de publicación

Sistema Selectivo

concurso • oposición

Prazas

20 prazas (OEP 2026)

Metodoloxía NÓS

icono

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

icono

Simulacros de probas

icono

Aula Virtual

icono

App propia

icono

Temario propio actualizado

icono

Máis de 2000 preguntas tipo test de todo o temario

icono

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Bombeiro/a Forestal – Conductor/a Motobomba

    icono

    ¡Escríbenos por WhatsApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    (segundo a última convocatoria)

    Primeiro exercicio (Proba teórica): Consiste en contestar por escrito un cuestionario de 80 preguntas tipo test (20 da parte común do programa e 60 da parte específica) máis 5 preguntas de reserva (2 da parte común e 3 da específica), con catro respostas alternativas das que só unha é correcta, nun tempo máximo de 130 minutos. Cada resposta incorrecta desconta un cuarto (0,25) dunha correcta, e as preguntas non contestadas nin penalizan nin puntúan. Califícase de 0 a 60 puntos, sendo preciso obter un mínimo de 30 puntos para superalo. Pasarán o exercicio as persoas aspirantes coas mellores puntuacións ata o límite de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden en cada parte un mínimo do 50 % das respostas correctas (ou subsidiariamente o 40 % se non se cobre ese cupo).

    Segundo exercicio (Proba física - Field Test): Ten carácter eliminatorio e cualifícase como Apto ou Non Apto. Consiste en superar a proba física Field Test, camiñando 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas nun tempo máximo de 30 minutos. As persoas aspirantes deberán acudir provistas dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde asinado por un médico colexiado en exercicio que acredite non presentar enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico, cunha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data da proba (a non presentación supón a exclusión).

    Proba de coñecemento da lingua galega: Obrigatoria e eliminatoria (Apto ou Non Apto) unicamente para quen non acredite ter o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado antes do remate do prazo de solicitudes. Consiste na contestación por escrito dun cuestionario de 40 preguntas tipo test (con 4 respostas alternativas, só unha correcta) máis 3 preguntas de reserva, nun tempo de 60 minutos, sobre contidos léxicos, sintácticos e gramaticais correspondentes ao nivel requirido. Cada resposta errónea desconta un cuarto dunha correcta.

    Parte xeral

    Tema 1

    A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II e VIII.

    Tema 2

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.

    Tema 3

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

    Tema 4

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

    Tema 5

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.

    Tema 6

    Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: títulos preliminar, I, II (capítulos I, II e XI), VII e VIII.

    Tema 7

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, título I (sección 1.ª do capítulo V e capítulo VIII) e título II.

    Tema 8

    Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.

    Parte específica

    Tema 1

    A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio. O manexo dos equipamentos de comunicación. A recolla inicial de datos. A transmisión de datos dun lume. A recolla de datos ao final do lume.

    Tema 2

    Os vehículos autobomba todo terreo: especificacións comúns dos vehículos e periodicidade no seu mantemento. As bombas de impulsión: mantemento, funcionamento. Condución en terreo aberto. A aproximación ao lume. Elección do punto de estacionamento e primeiro ataque.

    Tema 3

    Lume forestal, características e o seu comportamento. Accións básicas de extinción. O ataque directo e indirecto. Os tendidos de mangueira e a súa organización. Coordinación do binomio cuadrilla-vehículo autobomba. A dirección de extinción. O final dos lumes.

    Tema 4

    A toma de auga. O emprego de aditivos: tipos e utilización.

    Tema 5

    A seguridade persoal en labores de prevención e extinción. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.

    Título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente. Estar en posesión dos permisos de conducir da clase B e da clase C en vigor.

    OEP 2026 - 20 prazas

    Comeza a preparar a oposición de Bombeiro/a Forestal – Conductor/a Motobomba

      icono

      ¡Escríbenos por WhatsApp!

      icono