EXAME
04 ene
2023
Sistema Selectivo
concurso • oposición
Metodoloxía NÓS
1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
2º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)
* Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.
3º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)
* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 2 ou equivalente, aos que se asignarán 5 puntos.
Temario común
A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.
O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais: Capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.
Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.
Temario específico
O persoal subalterno: funcións do celador/a. Funcións de vixilancia. Apertura e peche das instalacións. Control de acceso, identificación, información, atención e recepción aos/as usuarios/as.
Coñecementos básicos dos utensilios, mobiliario e obxectos das institucións sanitarias: coidados e conservación.
Técnicas de mobilización de pacientes. Posicións. Traslado e mobilización dos pacientes. Actuación en unidades de críticos.
Área cirúrxica: actuación e normas de hixiene. Actuación nas unidades de hospitalización, estancias comúns e unidades de saúde mental.
Actuación do/da celador/a en relación cos pacientes falecidos. Actuación nas salas de autopsias e os mortuorios.
As subministracións. Subministracións internas e externos. Recepción e almacenamento de mercadorías. Organización do almacén. Distribución de pedidos.
A farmacia. O traslado de documentos e obxectos. A esterilización. A hixiene dos/as pacientes. O Servizo de Reprografía nas institucións sanitarias: funcións dos/as celadores/as.
A organización das urxencias. A actuación do/da celador/a en a entrada de urxencias. O transporte de enfermos en ambulancias.
Nocións básicas de informática. Sistemas ofimáticos. Procesadores de texto. Follas de cálculo. Internet. O correo electrónico.
Requírese certificado de escolaridade ou equivalente.
OEP 2021 + OEP 2022 Extraordinaria – Convocatoria publicada na Resolución do 14 de decembro de 2022 – Concurso-oposición 306 prazas (161 libres)