Pendente de publicación nova OEP
Sistema Selectivo
oposición
Prazas
181 Prazas (OEP 2023) Acceso libre
Metodoloxía NÓS
1º exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
2º exercicio (Obrigatoria e eliminatoria)
Parte común
A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II, e capítulo I do título III.
Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.
Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
Parte específica
A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio. O manexo dos equipamentos de comunicación. A recolla inicial de datos. A recolla de datos ao remate do lume. A transmisión de datos dun lume.
O lume forestal, características e o seu comportamento. Accións básicas de extinción. Ataque directo e indirecto. O remate dos lumes.
A prevención de incendios. Accións de prevención. Ferramentas de ataque e prevención. A maquinaria lixeira. O equipamento na loita contra incendios.
A condución dun vehículo todoterreo. A estiba das ferramentas. A condución cara ao lume, aproximación e estacionamento do vehículo.
A seguridade do persoal en labores de prevención e extinción. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.
Non se require titulación.
OPE Extraordinaria: Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 56 prazas só concurso · Modificación de 06/02/2023 – Dog 26 07/02/2023 · Corrección de Erros I · Corrección de Erros II
OEP 2023: Convocatoria Pendente