A túa praza na Xunta, máis preto do que pensas.

Os grupos de preparación da Xunta xa están en marcha. Aínda estás a tempo de incorporarte e preparar os exames previstos para o segundo trimestre de 2027 (accede aquí ao calendario oficial publicado pola Xunta de Galicia) co tempo e a planificación que necesitas.
En NÓS OPOSICIÓNS podes preparar as oposicións da Xunta de Galicia nos subgrupos A1, A2, C1, C2, Auxiliar Coidador/a e Persoal Subalterno, con grupos nas nosas sedes de A Coruña, Santiago e Lugo.
Que podes atopar na nosa preparación?
👨🏫 Equipos docentes de máxima solvencia, con experiencia e coñecemento das esixencias de cada proceso selectivo.
📚 Temario propio actualizado, elaborado e revisado polos nosos preparadores.
💻 Clases presenciais e en liña, con acceso ás sesións gravadas para que poidas adaptar o estudo ás túas necesidades.
📝 Simulacros e tests, para consolidar os contidos e familiarizarte coas probas.
📱 Aula virtual e ferramentas dixitais, para organizar a preparación e avanzar con método.
Non agardes a que se achegue o exame para comezar. Incorporarte agora permíteche aproveitar o traballo que xa están a desenvolver os grupos e construír unha preparación máis sólida, progresiva e planificada.
E se queres comprobar como traballamos antes de decidirte, podes facelo sen compromiso. Dispós de dúas clases de proba para coñecer o equipo docente, a metodoloxía e o funcionamento do grupo. Se decides non continuar, non terás que asumir ningún compromiso de permanencia nin ningún cargo pola preparación posterior á proba.
En NÓS levamos desde 2004 acompañando persoas que queren conseguir unha praza na Administración pública.
Ti decides o teu obxectivo. Nós poñemos o método e acompañámoste no camiño.
📍 A Coruña · Santiago de Compostela · Lugo · Vigo
📩 Contacta coa túa sede de NÓS e infórmate sobre os grupos e as condicións de incorporación.
NÓS OPOSICIÓNS. A referencia para opositar en Galicia.
#NósOposicións #OposiciónsXunta #EmpregoPúblico #OpositarEnGalicia #CompromisoNós
