Administración Xeral do Estado – Convocatoria

Publicada a convocatoria do Estado 2026: 3.750 prazas de Administrativo/a e Auxiliar Administrativo/a
📢 O BOE deste 26 de novembro de 2026 vén de publicar a convocatoria de ingreso libre da Administración Xeral do Estado (OEP 2026) con 3.750 prazas polo sistema de oposición libre (sen fase de concurso): 2.300 para Administrativo/a (C1) e 1.450 para Auxiliar Administrativo/a (C2) ➡️ Preme aqui para acceder á convocatoria.
| Corpo | Prazas (Quenda Libre) | Titulación |
| Administrativo/a (C1) | 2.300 | Bacharelato, Técnico ou equiv. |
| Auxiliar Administrativo/a (C2) | 1.450 | Graduado en ESO ou equiv. |
Novidades no exame e no temario
⏱️ Mantense o exercicio único en dúas partes eliminatorias e as versións de Windows 11 e Microsoft 365 de escritorio, pero Auxiliar Administrativo amplía o seu tempo de 90 a 110 minutos.
💻 No temario, os bloques xurídicos non cambian, pero o bloque de informática e ofimática (Bloque II en Auxiliar e Bloque VI en Administrativo) actualízase en cinco puntos:
- Informática básica: substitúese seguridade informática por seguridade da información.
- Windows: elimínase a mención a Copilot.
- Access 365: suprímese importación, vinculación e exportación de datos.
- Outlook 365: engádese contorno colaborativo: Microsoft Teams e OneDrive.
- Internet: elimínanse os contidos históricos e engádese asistentes de intelixencia artificial no posto de traballo, uso responsable e riscos.
Prazo de inscrición
📅 O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, estará aberto dende o 27 de novembro de 2026 ata o 29 de decembro de 2026, e realizarase de forma telemática a través do servizo IPS do Punto de Acceso Xeral.
Prepara a túa praza con Nós Oposicións
🎯 Comeza hoxe mesmo! Contacta co teu centro Nós ou escríbenos por WhatsApp e infórmate sen compromiso.
Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344
#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías