Nós Oposicións

< Novas

Oferta emprego público 2026 – Xunta de Galicia

Oferta emprego público 2026 - Xunta de Galicia

No DOG 85 do 08/05/2026 publícase a OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2026 DA XUNTA DE GALICIA.

Esta OEP de 2026 está publicada no Decreto 35/2026 e consta de un total de 811 prazas de acceso libre. Entre estas 811 prazas, destacan:

Administración xeral Corpo Superior (A1) 30 prazas
Corpo de Xestión (A2) 27 prazas
Corpo Administrativo (C1) 55 prazas
Corpo Auxiliar (C2) 71 prazas
Persoal Subalterno 56 prazas
Persoal de Limpeza e Cociña 96 prazas
Administración especial Escala de veterinarios/as 70 prazas
Especialidade de enfermaría 10 prazas
Especialidade de fisioterapia 5 prazas
Especialidade de educador/a social 5 prazas
Especialidade de traballador/a social 5 prazas
Especialidade de animación sociocultural 3 prazas
Escala Auxiliar de Coidadores/as 18 prazas
Escala Auxiliar de Cociña 20 prazas
Especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a 25 prazas
Especialidade de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba 20 prazas
Especialidade de bombeiro forestal 54 prazas

Tal e como se indica neste decreto, as prazas ofertadas nesta OEP de 2026 poderanse acumular ás ofertadas no 2024 e 2025 que aínda esteñan pendentes de convocatoria. No caso de que se acumulen, as prazas ofertadas ascenderían notablemente nas seguintes especialidades:

Especialidade OEP 2025 OEP 2026 Total
Corpo Superior (A1) 30 prazas 30 prazas 60 prazas
Corpo de Xestión (A2) 30 prazas 27 prazas 57 prazas
Corpo Administrativo (C1) 11 prazas 55 prazas 66 prazas
Técnico/a de análisis de laboratorio 5 prazas (OEP 2024) 10 prazas 15 prazas
Corpo Auxiliar (C2) 49 prazas 71 prazas 120 prazas
Auxiliar de Coidador/a 108 prazas 18 prazas 126 prazas
Auxiliar de Cociña 30 prazas 20 prazas 50 prazas
Persoal subalterno 60 prazas 56 prazas 116 prazas
Persoal de limpeza e cociña 160 prazas + 165 prazas (OEP 2024+2025) 96 prazas 421 prazas

Podes consultar nesta nova o calendario de convocatorias e de exames previstos, convertíndose nun momento excepcional para poder comezar o teu camiño cara unha praza na administración pública.

En Nós Oposicións levamos anos acompañando opositores/as da Xunta de Galicia cun método centrado no realmente importante: planificación, constancia e preparación práctica orientada ao exame. Non se trata só de estudar moitas horas, senón de facelo con dirección, con material actualizado e cun seguimento real que che permita avanzar sen perder o foco.

Cada semana que pasa é unha vantaxe para quen xa está preparando o proceso. Porque as oposicións non se aproban improvisando: apróbanse construíndo unha preparación sólida desde o primeiro día.

A OEP 2026 xa puxo o reloxo en marcha. Agora a decisión é túa: esperar… ou empezar a ir por diante.

Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías

icono