Nós Oposicións

< Novas

Oferta Emprego Público 2026 – Concello A Coruña

Oferta Emprego Público 2026 - Concello A Coruña

O Concello da Coruña aproba a Oferta de Emprego Público 2026 con 49 novas prazas de acceso libre

O Concello da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 115) a súa Oferta de Emprego Público correspondente ao ano 2026, que contempla un total de 49 prazas de acceso libre para diferentes corpos e escalas da administración municipal.

A oferta inclúe postos pertencentes aos grupos A1, A2, B e C1, incorporando perfís técnicos, administrativos, sociais, culturais e de servizos especiais. Entre as prazas máis numerosas destacan as 10 de Técnico/a de Administración Xeral, as 8 de Policía Local e as 5 de Bombeiro/a.

➡️ Prazas de acceso libre incluídas na OEP do Concello da Coruña 2026

As 49 prazas ofertadas distribúense do seguinte xeito:

  • 10 prazas de Técnico/a de Administración Xeral.
  • 2 prazas de Técnico/a de Medio Ambiente.
  • 2 prazas de Enxeñeiro/a Industrial.
  • 1 praza de Psicólogo/a.
  • 4 prazas de Arquitecto/a Superior.
  • 2 prazas de Técnico/a Superior de Residuos.
  • 3 prazas de Técnico/a de Igualdade.
  • 1 praza de Técnico/a de Produción.
  • 2 prazas de Técnico/a de Protocolo e Relacións Públicas.
  • 2 prazas de Traballador/a Social.
  • 1 praza de Músico/a.
  • 2 prazas de Arquitecto/a Técnico/a.
  • 2 prazas de Técnico/a Superior de Delineación.
  • 5 prazas de Bombeiro/a.
  • 8 prazas de Policía Local.
  • 1 praza de Técnico/a Auxiliar de Protección Civil.
  • 1 praza de Técnico/a Auxiliar de Biblioteca.

 

➡️ Próximas convocatorias

Tras a aprobación da Oferta de Emprego Público, o Concello da Coruña deberá publicar as bases xerais e específicas e as convocatorias correspondentes para cada proceso selectivo. Segundo establece a lexislación de emprego público, as prazas incluídas nesta OEP deberán executarse nun prazo máximo de tres anos.

As persoas interesadas en participar nestes procesos selectivos deberán permanecer atentas á publicación das bases e dos prazos de presentación de solicitudes, que se anunciarán nos próximos meses a través dos medios oficiais do Concello da Coruña.


Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías

icono