Nós Oposicións

Obradoiros
Obradoiros

Obradoiros

Benvida/o aos Obradoiros de Nós Oposicións. Para anotarte nestes obradoiros, terás que cumplimentar esta solicitude cos teus datos. No caso de que queiras asistir a varios obradoiros, terás que realizar tantas solicitudes como obradoiros quixeras asistir. Unha vez realizada a solicitude, o centro escollido para asistir a dito Obradoiro, escribirache un email confirmando (ou non) a posibilidade de asistir a dito/s Obradoiro/s.

A continuación, replicamos as normas de funcionamento de ditos obradoiros:

  1. O alumno/a que estea matriculado de xeito ininterrompido dende o comezo do curso en setembro/outubro ata que remate a preparación en maio/xuño terá dereito a asistencia a tres sesións de obradoiros dos que se oferten ao longo do curso. O importe destes obradoiros estará incluído no prezo das mensualidades.
  2. O alumno/a que estea matriculado dende o comezo do curso de preparación ata decembro (incluído) terá dereito a unha sesión de obradoiro sen cargo. O alumno/a que estea matriculado nas mensualidades de xaneiro, febreiro e marzo (mensualidades completas) terá dereito a outra sesión de obradoiro sen cargo. O alumno/a que estea matriculado durante os meses abril e maio (mensualidades completas) terá dereito a outra sesión de obradoiro sen cargo.
  3. En caso de que curse a baixa ao longo do curso e se teña inscrito en algún destes obradoiros deberá aboar 30 euros por cada un dos obradoiros nos que estivese inscrito tendo en conta os criterios anteriormente descritos. O alumno/a que curse a súa baixa sen terse inscrito en ningún Obradoiro non terá nada que abonar polos obradoiros.
  4. Se algún alumno/a decide asistir a máis de tres sesións de obradoiros poderá facelo aboando 30 euros por cada un deles.
  5. Os obradoiros ofertados poderán ser só presenciais ou presenciais-virtuais e ofertados e en calquera dos centros Nós según dispoñibilidade organizativa e criterio de Nós Oposicións.
  6. Os obradoiros terán un número máximo de asistentes e no momento que se cubran as prazas pecharase dito obradoiro, tendo o alumno/a que elixir outros dos que se ofertan sempre e cando non se poida repetir ese mesmo obradoiro.
  7. A data de celebración dos obradoiros estará condicionada pola dispoñibilidade das persoas que os imparten, procurando Nós Oposicións ofertalos ao longo de toda preparación, con especial intensidade no período que vai de outubro a marzo.
  8. Alumno/a que se inscriba nun obradoiro e non asista ao mesmo computaráselle como se asistise. Se un alumno/a se inscribe nun obradoiro non poderá darse de baixa do mesmo, agás causa xustificada que sempre deberá aceptar Nós Oposicións.
  9. O alumno/a que non se inscriba nos obradoiros non terá dereito a ningún tipo de desconto nas mensualidades.
  10. Duración dos obradoiros. Os obradoiros ofertados terán unha duración dunha ou de dúas sesións. A duración de cada obradoiro poderá ser consultada polo alumnado na ficha informativa correspondente ou solicitándolla ao persoal de administración. Esta información deberá ser tida en conta polo alumno/a á hora de formalizar a súa inscrición, tendo en conta o establecido nos puntos anteriores (sesións de asistencia incluídas nas mensualidades).

Ver más

    icono