Obradoiros
Benvida/o aos Obradoiros de Nós Oposicións do curso 2025/2026. Para anotarte nestes obradoiros, terías que cumplimentar esta solicitude cos teus datos. No caso de que queiras asistir a varios obradoiros, terías que realizar tantas solicitudes como obradoiros quixeras asistir. Unha vez realizada a solicitude, o centro escollido para asistir a dito Obradoiro, escribirache un email confirmando (ou non) a posibilidade de asistir a dito/s Obradoiro/s.
A continuación, replicamos as normas de funcionamento de ditos obradoiros:
- O alumno/a que estea matriculado de xeito ininterrompido dende o comezo do curso en setembro/outubro ata que remate a preparación en maio/xuño terá dereito a asistencia a tres obradoiros dos que se oferten ao longo do curso. O importe destes obradoiros estará incluído no prezo das mensualidades.
- O alumno/a que estea matriculado dende o comezo do curso de preparación ata decembro (incluído) terá dereito a un obradoiro sen cargo. O alumno/a que estea matriculado nas mensualidades de xaneiro, febreiro e marzo (mensualidades completas) terá dereito a outro obradoiro sen cargo. O alumno/a que estea matriculado durante os meses abril e maio (mensualidades completas) terá dereito a outro obradoiro sen cargo
- En caso de que curse a baixa ao longo do curso e se teña inscrito en algún destes obradoiros deberá aboar 30 euros por cada un dos obradoiros nos que estivese inscrito tendo en conta os criterios anteriormente descritos. O alumno/a que curse a súa baixa sen terse inscrito en ningún obradoiro non terá nada que abonar polos obradoiros.
- Se algún alumno/a decide asistir a máis de tres obradoiros poderá facelo aboando 30 euros por cada un deles.
- Os obradoiros ofertados poderán ser presenciais ou virtuais e ofertados e en calquera dos centros Nós según dispoñibilidade organizativa e criterio de Nós Oposicións.
- Os obradoiros terán un número máximo de asistentes e no momento que se cubran as prazas pecharase dito obradoiro, tendo o alumno/a que elixir outros dos que se ofertan sempre e cando non se poida repetir ese mesmo obradoiro. Igualmente se non hai un mínimo 15 persoas inscritas en algun obradoiro, Nós Oposicións, pode suspender dita celebración tendo o alumno/a que inscribirse noutro se así o desexa.
- A data de celebración dos obradoiros estará condicionada pola dispoñibilidade das persoas que os imparten, procurando Nós Oposicións ofertalos ao longo de toda preparación, con especial intensidade no período que vai de outubro a marzo.
- Alumno/a que se inscriba nun obradoiro e non asista ao mesmo computaráselle como se asistise. Se un alumno/a se inscribe nun obradoiro non poderá darse de baixa do mesmo, agás causa xustificada que sempre deberá aceptar Nós Oposicións.
- Alumno/a que non se inscriba nos obradoiros non terá dereito a ningún tipo de desconto nas mensualidades.
Ver más