EXAME
17 nov
2024
Sistema Selectivo
oposición
Prazas
131 Prazas
Metodoloxía NÓS
1º exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
No acceso libre, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda, sempre que consigan o mínimo do 50 %, en cada unha das dúas partes, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme ao previsto no parágrafo anterior, sempre que consigan, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
2º exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
3º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)
(*) Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado.
Parte común
A Constitución española de 1978: título preliminar, título I artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.
O Estatuto de autonomía de Galicia. Título I, título II e título III da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV capítulo I e capítulo IV e o título V.
Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I, capítulo I.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI capítulos III e IV e título VIII.
Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.
Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I e o título I, da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.
Parte específica
A política de emprego en España: definición e obxectivos. Conceptos básicos. Principios reitores e planificación. Dimensión autonómica e local da política de emprego.
O Sistema nacional de emprego. Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais. Consello Xeral do Sistema Nacional de Emprego. A Estratexia española de apoio activo ao emprego: principios, obxectivos e eixos. Plan anual para o fomento do emprego digno. O Sistema público integrado de información dos servizos de emprego.
Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego. Axencia Española de Emprego e servizos de emprego das comunidades autónomas. Traspaso de funcións e servizos en materia do traballo, o emprego e a formación ás comunidades autónomas.
As políticas activas de emprego. Concepto. Empregabilidade. Intermediación. A coordinación entre as políticas activas e a protección económica fronte ao desemprego. Colectivos de atención prioritaria para a política de emprego.
Políticas de igualdade de xénero no ordenamento xurídico español: evolución normativa para a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Igualdade entre mulleres e homes no emprego. Conciliación e corresponsabilidade da vida laboral, familiar e persoal.
O dereito do traballo. Principios constitucionais. As fontes da relación laboral. O Estatuto dos traballadores. O contrato de traballo. Concepto. Partes. Capacidade para contratar. Contido. Dereitos e deberes derivados do contrato.
Modalidades de contratación. Duración do contrato de traballo. Contrato formativo. Contratos de traballo a tempo parcial e contrato de substitución. Contrato fixo-descontinuo.
A extinción da relación de traballo. Concepto. Clasificación e tipoloxía. O despedimento: concepto e clases. O despedimento disciplinario: causas, procedemento e efectos. O despedimento colectivo. O procedemento de regulación de emprego, intervención dos representantes dos traballadores.
O salario: concepto e natureza xurídica. Estrutura salarial: salario basee e complementos salariais. Liquidación e pago do salario. O salario mínimo interprofesional. O indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).
A negociación colectiva e os convenios colectivos: concepto, negociación, contido, adhesión e extensión da súa eficacia. A acción administrativa en materia de conflitividade laboral: mediación, arbitraxe e conciliación.
A Seguridade Social na Constitución española. Principios básicos do texto refundido da Lei xeral da seguridade social. Campo de aplicación. Réxime xeral e réximes especiais.
As prestacións da Seguridade Social: a incapacidade temporal. Concepto, beneficiarios, duración e contía. Nacemento e extinción do dereito. O control da incapacidade temporal. A protección por incapacidade permanente. Graos de incapacidade. Nacemento, duración e extinción. Contía. Compatibilidades e incompatibilidades. Particularidades en caso de accidente de traballo e enfermidade profesional. Cualificación e revisión da incapacidade permanente.
A protección por xubilación. Feito causante. Requisitos. Suspensión e extinción da pensión. Compatibilidades e incompatibilidades. Modalidades de xubilación anticipada. Xubilación parcial. Xubilación flexible.
A protección por desemprego en España, orixes e evolución do modelo actual. A situación legal de desemprego, concepto e clases. Regulación actual e persoas protexidas. Acción protectora. O nivel contributivo. Requisitos para o nacemento do dereito.
A protección por desemprego de nivel asistencial; o subsidio por desemprego: requisitos dos beneficiarios, nacemento do dereito, contía e duración. Renda activa de inserción: obxectivos. Beneficiarios e requisitos. Procedementos e normativa de referencia. Programas e medidas específicas de acción protectora para persoas desempregadas que esgotan as prestacións por desemprego.
A protección de datos persoais: principios. Dereitos da persoa. A Axencia Española de Protección de Datos. Normativa de referencia: regulación xurídica da protección de datos de carácter persoal.
O Servizo Público de Emprego de Galicia dentro da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: organización, estrutura e competencias. A rede de oficinas de emprego de Galicia.
A calidade nos servizos públicos: Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración. Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia.
Servizos garantidos a persoas demandantes de emprego, compromisos e carteira de servizos.
A demanda. Inscrición, concepto e modalidades. Situación administrativa da demanda: causas e accións asociadas. Información da demanda: datos persoais, formativos, profesionais e de dispoñibilidade. Dereitos e obrigacións da persoa demandante de emprego. Demanda de emprego con vocación europea: Rede Eures (European Employment Services).
Xestión da demanda. Clasificación profesional. Ocupación: concepto e clasificación das ocupacións, a CNO. Cara á clasificación ocupacional por competencias: clasificación europea de capacidades, competencias, cualificacións e ocupacións (ESCO).
Políticas públicas de emprego para a inmigración. Permisos de traballo e residencia. Os servizos públicos de emprego na regularización laboral da inmigración; inscrición de persoas estranxeiras. Catálogo de ocupacións de difícil cobertura. Continxentes. Certificado de insuficiencia de demandantes de emprego adecuados e dispoñibles para aceptar a oferta.
A orientación laboral no SPEG. Obxectivos, contido, fundamentos, accións e destinatarios. Normativa reguladora. Modelos de orientación laboral.
Protocolos do Servizo de Orientación Profesional I. Diagnóstico e elaboración do perfil individualizado de usuario. Desenvolvemento da actividade: fases.
Protocolos do Servizo de Orientación Profesional II. Tutorización individual. asesoramento continuado e atención personalizada.
Protocolos do Servizo de Orientación Laboral III. Deseño do itinerario ou plan personalizado adecuado ao seu perfil. Fases e contido. O acordo de actividade.
Protocolos do Servizo de Orientación Laboral IV. Información sobre a situación do mercado de traballo, políticas activas de emprego e servizos comúns. Apoio á xestión da mobilidade laboral.
A persoa orientada: aptitudes, capacidades e destrezas. Características de personalidade que inflúen no emprego. O currículo. A carta de presentación. Obxectivos e estrutura.
O proceso de procura de emprego. Fuentes de información. A entrevista de selección: obxectivos, fases e aspectos a ter en conta. A autocandidatura. Xacementos de emprego. Fuentes de información.
O Sistema nacional de cualificacións e formación profesional. Normativa reguladora de cualificacións e formación profesional. O Catálogo nacional de cualificacións profesionais. A unidade de competencia. O catálogo modular de formación profesional. Os certificados de profesionalidade e os títulos de formación profesional. O Instituto Nacional das Cualificacións e o Instituto Galego das Cualificacións.
A avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou as vías non formais de formación. Normativa reguladora. Natureza e características. Información e orientación. Fases do procedemento. Efectos das acreditacións obtidas. Organización do procedemento. Funcións e requisitos das persoas que participen no procedemento como asesoras e como avaliadoras.
A formación profesional para o emprego como política activa de emprego. Oferta formativa para traballadores ocupados e desempregados. Outras iniciativas de formación.
Os diferentes programas públicos de emprego en Galicia: programas duais de formación e emprego. Programas integrados de emprego. Programas de cooperación.
A intermediación laboral. Concepto. Axentes da intermediación. O servizo público de intermediación laboral. A colocación adecuada. Prácticas non laborais.
A empresa: definición, estrutura, organización e tipoloxía. Formas xurídicas de empresa. Proceso de creación de empresa: estudo de mercado e plan de empresa. O Plan de igualdade da empresa.
Apoio ao emprendemento: principais medidas reguladas pola Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización. Medidas para emprendedores da Comunidade Autónoma de Galicia: principais características. Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
Apoio ao autoemprego: Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. Medidas da Comunidade Autónoma de Galicia de apoio ao autoemprego: principais características.
Apoio á economía social: Lei 5/2011, do 29 de marzo de economía social. Responsabilidade social das empresas. Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia.
Emprego e discapacidade: medidas de fomento para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e a través do traballo autónomo. Obrigacións das empresas en materia de contratación de persoas con discapacidade e medidas alternativas. Incentivos á contratación de persoas con discapacidade.
Emprego e inclusión social. As empresas de inserción. A integración sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión a través das empresas de inserción. O proceso de inserción. Axudas ás empresas de inserción.
Servizos garantidos a persoas, empresas e demais entidades empregadoras.
Definición da oferta de emprego: análise e descrición de postos de traballo como base do proceso de xestión de ofertas. Elaboración do perfil. Entrevista de recollida de información do posto coa empresa oferente. Oferta de emprego con vocación europea: Rede Eures (European Employment Services).
Xestión da oferta de emprego. Fases: actuacións preparatorias e desenvolvemento da actividade. As ofertas en difusión. O papel do xestor de oferta.
Medidas de fomento da contratación. Modalidades, requisitos e contía das axudas. Beneficiarios. Colectivos prioritarios destinatarios das medidas. Medidas en materia de seguridade social e en materia fiscal que fomenten a contratación indefinida e a estabilidade no emprego.
As políticas da Xunta de Galicia para o fomento do emprego e da contratación. Tipoloxía de axudas e incentivos. Definición e obxectivos, beneficiarios e requisitos. Procedemento.
O tecido empresarial de Galicia. Características e presenza no territorio. Parques tecnolóxicos e industriais de Galicia. A promoción empresarial en Galicia: organismos públicos e privados de apoio á iniciativa empresarial.
Os sistemas de prospección do mercado laboral: funcións e metodoloxías de prospección. O Servizo de Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo. Novos xacementos de emprego: conceptos, ámbitos, obstáculos, iniciativas, novos filóns de ocupación.
A comunicación da contratación laboral aos servizos públicos de emprego: suxeitos que interveñen, procedementos e contidos, obrigacións dos servizos públicos de emprego. Comunicación da contratación laboral a través dos medios telemáticos.
A Rede Eures. Definición. A libre circulación de traballadores. Obxectivos da Rede Eures, funcións, evolución e situación actual. Composición. Funcións da Oficina Europea de Coordinación. Actividades de EURES. A Rede Eures do Servizo Público de Emprego de Galicia. Eures tranfronterizo Galicia-Norte de Portugal.
Estar en posesión ou en condición de obter o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o título de diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama.
OPE 2021 (1 Praza) + OPE 2022 (130 Prazas): Do 27 de decembro do 2022, Convocatoria de 5 de Xullo de 2023 · DOG 129 de 07/07/2023 – 131 prazas · Corrección de erros de 5 de Xullo de 2023 · DOG 139 21/07/2023