OEP Ensino 2025
Publicado no día de hoxe o Decreto 10/2025 polo que se aproba a Oferta de Emprego Público de Ensino para o ano 2025 en Galicia.
Polo momento, está pendente de publicación a convocatoria, que se publicará nos vindeiros días.
Podes consultar o Decreto da OEP na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250214/AnuncioG0761-120225-0002_gl.html
Nesta OEP que consta de 1664 prazas, non se publica polo momento a distribución de prazas por especialidade, senón que dita distribución farase pública no momento da publicación da convocatoria. Aínda así, puidemos coñecer anteriormente o número de prazas por especialidade tras a publicación por parte das organizacións sindicais do borrador da convocatoria (ao que podedes acceder pinchando aquí).
O que si que se coñece tras a publicación desta oferta de emprego público é como quedan distribuídas o número total de prazas por corpo:
- Corpo de mestres: 401 prazas
- Corpo de secundaria: 880 prazas
- Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: 75 prazas
A maiores destas 1356 prazas, teríamos que sumar 308 prazas máis correspondentes a promoción interna e quenda D; facendo así o total de 1664 prazas.
Para máis info:
Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344
#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías