O teu futuro docente comeza hoxe

📢 1.500 PRAZAS PARA PROFESORADO EN GALICIA. O TEU FUTURO PODE COMEZAR HOXE.
A Xunta anuncia arredor de 1.500 prazas para as oposicións de Educación de xuño de 2027 (accede á nova aqui). É o momento de dar o paso e comezar a preparar o teu futuro profesional con garantías.
Se levas tempo pensando en conseguir unha praza fixa como docente, esta pode ser a gran oportunidade que estabas agardando.
E en NÓS OPOSICIÓNS temos algo máis ca experiencia para acompañarte: temos resultados que avalan o noso traballo. 📈
🏆 MÁIS DE 200 APROBADOS EN CADA UNHA DAS ÚLTIMAS CONVOCATORIAS. O 26 % DAS PRAZAS CONSEGUIDAS POLO ALUMNADO DE NÓS NA CONVOCATORIA DE 2026.
Uns resultados que reflicten a solvencia dos nosos equipos docentes, o esforzo e traballo do noso alumnado e a eficacia dun método de preparación que levamos anos perfeccionando.
⏳ Por que comezar agora?
A distribución das prazas por especialidades coñecerase previsiblemente cara a finais de ano ou comezo de 2027. Pero non hai tempo que perder: unha oposición non se prepara nunhas poucas semanas.
Comezar con antelación permíteche organizar o estudo, afianzar os temas con calma, traballar os supostos prácticos e preparar a programación didáctica e a súa defensa, segundo corresponda á túa especialidade.
🚀 En NÓS preparamos contigo o camiño cara á túa praza:
🎒 Todas as especialidades do corpo de Mestres.
📚 Gran parte das especialidades de Secundaria.
📋 Grupos específicos de preparación de Programación Didáctica para Secundaria e FP.
👨🏫 Equipos docentes de máxima solvencia e un método estruturado con temarios actualizados, supostos prácticos, simulacros reais e seguimento individualizado.
💻 Modalidades presencial, híbrida e en liña para que poidas escoller a que mellor se adapte ao teu ritmo de vida.
Os grupos xa están en marcha, pero aínda estás a tempo de incorporarte. Se prefires preparar a oposición desde a casa, tamén podes facelo a través da nosa aula virtual cos grupos 100 % en liña.
Non agardes a coñecer o número exacto de prazas da túa especialidade: aproveita estes meses para chegar ao exame coa mellor preparación posible. 💪
📩 Contacta con NÓS e infórmate sobre a túa especialidade e as opcións de incorporación inmediata.
NÓS OPOSICIÓNS. Un método que dá resultados. O teu futuro comeza hoxe.
#NósOposicións #OposiciónsEducación2027 #OposiciónsMestres #OposiciónsSecundaria #ProgramaciónFP #CompromisoNós
