Nós Oposicións

< Novas

Convocatoria Deputación de Pontevedra

Convocatoria Deputación de Pontevedra

Publicada a convocatoria de 53 prazas na Deputación Provincial de Pontevedra

O pasado xoves 25 de xuño publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) a resolución pola que se anuncia a convocatoria para cubrir un total de 53 prazas na Deputación Provincial de Pontevedra mediante o sistema de oposición, correspondentes a diferentes escalas e categorías profesionais.

As bases da convocatoria foron publicadas previamente no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra do pasado 8 de xuño de 2026.

Entre as prazas convocadas atópanse postos de Administración Xeral e Administración Especial, destacando:

  • 9 prazas de Administrativo/a de Administración Xeral.
  • 4 prazas de Técnico/a de Administración Xeral.
  • 3 prazas de Técnico/a Medio/a de Administración Xeral (unha delas reservada para persoas con discapacidade).
  • 9 prazas de Técnico/a Auxiliar en Educación Diúrna.
  • 4 prazas de Oficial de Control e Vixilancia.
  • 3 prazas de Oficial de Comedor.
  • 2 prazas de Oficial de Cociña.
  • 2 prazas de Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial.
  • 2 prazas de Técnico/a de Información Turística.

Ademais, tamén se convocan prazas de Técnico/a Superior de Xestión e Promoción de Proxectos, Conservador/a, Técnico/a Superior Fitopatólogo/a, Enxeñeiro/a Forestal, Arquitecto/a Técnico/a, Programador/a Web, Técnico/a Informático/a, Tradutor/a de Lingua Galega, Técnico/a Medio/a de Tradución, Auxiliar de Rexistro, Auxiliar de Administración Xeral e Técnico/a Auxiliar en Educación Nocturna, entre outras.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías

icono