Nós Oposicións

ABERTO PRAZO MATRÍCULA EDUCACIÓN CURSO 25-26

< Novas

Convocatoria Policía Local Galicia 2025

Convocatoria Policía Local Galicia 2025

CONVOCATORIA POLICÍA LOCAL GALICIA 2025 – 102 PRAZAS

Publicada no DOG 125 do 02/07/2025 a Orde do 26 de xuño de 2025 onde se publica a convocatoria para o proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local, escala básica, de 102 prazas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, dende o 03/07/2025 ata o 31/07/2025 (ambos incluídos). Estas solicitudes poderanse presentar tanto presencialmente como vía electrónica.

Non se coñece polo momento a data de inicio do proceso selectivo, pero esto publicarase xunto coa relación definitiva de persoas admitidas e excluidas do proceso.

O proceso selectivo constará de 5 probas eliminatorias:

1º Exercicio: proba de avaliación dos coñecementos

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 respostas alternativas cada unha, que serán propostas polo tribunal e deberán amosar o dominio dos contidos do temario que figura como anexo IV desta orde.

2º exercicio: proba de avaliación do coñecemento da lingua galega

As persoas aspirantes que estean en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), estarán exentas da realización desta proba.

3º exercicio: probas de aptitude física

Probas físicas.

  • Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos. As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba son:
      • Homes: 7.40”
      • Mulleres: 8.20”
  • Proba de potencia de tren superior: os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.
      • Flexións de brazos: Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente. O número mínimo exixible é de 10 flexións.
      • Suspensión en barra: O tempo mínimo exixido para a superación da proba é de 52 segundos.
  • Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal. As marcas mínimas exixidas (en centímetros) para a superación da proba son:
      • Homes: 210 cm.
      • Mulleres: 185 cm.
  • Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos. As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba son:
      • Homes: 3’30”
      • Mulleres: 4’10”
  • Proba de natación: 25 metros estilo libre. As marcas máximas (en segundos) para a superación da proba son:
      • Homes: 0’24”,
      • Mulleres: 0’28”

A non superación de calquera das probas na forma indicada dará lugar á eliminación da persoa aspirante.

4º exercicio: probas psicotécnicas

5º exercicio: recoñecemento médico

 

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías