Nos Oposicións

< Novas

Convocatoria Ensino 2025.

Convocatoria Ensino 2025.

Publicada a Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan os procedementos selectivos de educación para as oposicións do ano 2025.

🧐 Podedes acceder a dita Orde premendo aquí.

📬 O prazo de presentación das solicitudes será dende mañá 18 de febreiro, ata o 10 de marzo (ambos incluídos). Esta presentación deberá facerse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

📝 O sistema selectivo será o de concurso-oposición e comezará o 21 de xuño. O persoal aspirante será convocado a través da páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions para a realización das probas.

Para aquelas persoas que non acrediten, de ser o caso, o coñecemento do idioma castelán ou galego, deberán de realizar o exame previo o vindeiro 14 de maio no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, ás 17:00 e 18:30 respectivamente.

Se precisades máis información, ou tedes algunha dúbida sobre dita convocatoria, non dubidedes en contactarnos:

Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías