Dar o paso, non ten idade

Cada vez máis persoas maiores de 50 anos apostan por opositar: unha realidade que tamén vivimos en Nós Oposicións
Esta semana medios nacionais como Telecinco e Cuatro puxeron o foco nunha realidade que en Nós Oposicións vemos crecer ano tras ano: cada vez máis persoas deciden preparar unha oposición despois dos 40 e dos 50 anos.
Lonxe de ser unha situación puntual, trátase dun cambio social cada vez máis visible. Moitas persoas buscan estabilidade laboral, mellores condicións de conciliación, seguridade económica ou simplemente cumprir un obxectivo profesional que levaban tempo adiando.
Nas reportaxes emitidas por ambos medios recóllense historias reais de persoas que decidiron dar ese paso e apostar polo emprego público nun momento importante das súas vidas: Un perfil cada vez máis habitual nas aulas.
En Nós Oposicións levamos tempo comprobando como aumenta o número de alumnado adulto que decide iniciar unha preparación. Persoas con experiencia laboral, responsabilidades familiares e unha gran capacidade de esforzo que afrontan o reto de opositar con enorme compromiso e constancia.
A experiencia dinos algo importante: non existe unha idade perfecta para opositar. Cada persoa ten o seu momento.
É certo que preparar unha oposición require organización, planificación e sacrificio, pero tamén é certo que moitas persoas atopan neste proceso unha oportunidade real de cambio e estabilidade.
Máis alá do estudo: unha decisión vital.
Detrás de cada oposición hai moito máis que apuntes e exames. Hai historias persoais, cambios profesionais, inseguridades, conciliación e tamén moita valentía.
Por iso consideramos especialmente importante que medios nacionais dean visibilidade a esta realidade e ás persoas que a protagonizan cada día. Velaquí adxuntamos ambas novas:
🔗 Nova Telecinco
🔗 Nova Cuatro
Nunca é tarde para dar o paso!
En Nós seguimos traballando para acompañar ao alumnado en todas as etapas da súa preparación, adaptándonos ás necesidades de cada persoa e ofrecendo unha preparación seria, próxima e constante.
Porque ás veces o máis difícil non é estudar.
É decidir empezar.