Nós Oposicións

< Novas

Apertura prazo matriculación ensino – 1 de xuño

Apertura prazo matriculación ensino - 1 de xuño

MÁIS DE DÚAS DÉCADAS FORMANDO AOS DOCENTES DE GALICIA

🛣️ No camiño cara a unha praza, hai algo que marca realmente a diferencia: saber en quen confiar. Nun proceso esixente, e cada vez máis competitivo, a improvisación non ten cabida. Por iso, contar cunha academia con experiencia e cun método sólido, contrastado e avalado polos resultados convértese no punto de partida imprescindible para quen decide apostar polo seu futuro.

🫂 Levamos máis de 20 anos acompañando opositores neste percorrido; perfeccionando o Método Nós para que se adapte ás necesidades reais de quen se enfronta ao reto. Non falamos só de anos, senón de resultados: de milleiros persoas que comezaron cunha meta e hoxe xa forman parte da administración pública grazas a un traballo constante e unha preparación enfocada no que verdadeiramente importa.

🏆 Cada proceso selectivo é unha oportunidade, pero tamén un desafío que require estratexia, constancia, apoio e innovación realista. Por iso, dende Nós Oposicións ofrecemos unha preparación orientada a que cada opositor chegue ao momento decisivo coa confianza de saber que está preparado para conseguilo.

🤜🏻🤛🏻 Non só confiamos no noso Método, senón que ademais ofrecémosche dúas semanas de proba sen compromiso de permanencia para que poidas coñecelo en primeira persoa. Para que non teñas que agardar a comezar a túa preparación para descubrir todo o que te vas atopar en Nós; facémosche un pequeno resumo:

👩🏻‍🏫👨🏻‍🏫 En todo momento estarás titorizada/o e acompañada/o por equipos de preparación altamente especializados e profundamente coñecedores dos procesos selectivos de educación. Moitos anos como preparadores/as, membros de tribunais, experiencia na xestión de grupos e experiencia docente en centros públicos.

💪🏻 Preparación das distintas partes do proceso selectivo:

  • Parte Práctica (casos prácticos de anteriores oposicións, pasos a seguir para elaborar un caso, resolución dos mesmos, simulacros…)
  • Temas (Temario propio actualizado e aclaración de dúbidas que poidan xurdir do mesmo, secuencia de entrega por bloques de contidos, probas avaliativas en condicións de exame)
  • Programacións/plans e Unidades Didácticas/programas. (Pautas e explicación para a elaboración da Programación/plan e UD/programa, entrega e corrección por etapas…) Simulacros con tribunais para un maior realismo.

📍🌍 Clases presenciais e en liña a través do noso Campus virtual (Espazo Nós) para seguir clases en directo ou visualizalas posteriormente. Ademais, tamén contamos con preparacións integramente online.

⚖️ Tamén terás clases complementarias de lexislación educativa: unha ferramenta estratéxica pensada para que o alumnado adquira unha comprensión profunda, práctica e actualizada da normativa.

🔝 Obradoiros ao longo do curso sobre temáticas relevantes para a oposición (convivencia, atención á diversidade, avaliación, IA, fomento da lectura…), cun carácter eminentemente práctico e impartidos por profesionais que desenvolven o seu labor en centros educativos e que che permitirán destacar nos aspectos claves da oposición e personalizar a preparación en función dos teus intereses e necesidades.

Contarás cunha APP que che servirá para reforzar e afianzar contidos (lexislación, protocolos educativos…) da oposición dun xeito motivador a través de test.

E como novidade para o vindeiro curso 26-27

💻Unha IA propia e exclusiva para o alumnado Nós, deseñada para acompañarte en todo o proceso de oposición. Resolve dúbidas ao instante, prepararache simulacros personalizados, axudarache a planificar o estudo segundo o teu ritmo, axudarache a marcar os tempos da túa defensa e da túa exposición e ver que se adapten ás rúbricas, para que poidas practicar tantas veces queiras. Dispoñible durante todo o tempo que esteas de alta como alumna/o Nós e guionizada por todo o persoal docente de Nós, combinando tecnoloxía e experiencia docente a un golpe de click.

Por se todos estes aspectos que terás á túa disposición por ser alumnado Nós foran poucos, terás activas as seguintes condicións de matriculación ata o 31 de xullo:

  • Conxelación do importe das mensualidades, manténdose o mesmo que ás do curso 25-26.
  • Matrícula gratuíta
  • Se continuas a preparación dende setembro de 2026 ata xuño de 2027, terás media mensualidade sen cargo.

En Nós Oposicións acompañámoste durante todo o proceso de preparación para que constrúas o teu propio futuro. Para iso poñemos ao teu alcance todo o preciso para obter unha praza.

SÓ FALTAS TI! 🫵🏻

icono