Admitidas/os e excluídas/os provisionais – SERGAS

No DOG 9 do 15/01/2026 publícase a Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se fan públicos os listados de persoas aspirantes admitidas e excluídas así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición de diversas categorías:
- Enfermeiro/a.
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a).
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría. / Discapacidade intelectual.
- Técnico/a en farmacia. / Discapacidade intelectual.
- Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
- Persoal de servizos xerais. / Discapacidade intelectual
As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen enmendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización do exercicio de acreditación da lingua galega.
#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías