Nós Oposicións

MATRÍCULA ABERTA EDUCACIÓN 25/26

MATRÍCULA ABERTA EDUCACIÓN 25/26

< Novas

Sen barreiras!!! – Lucía Álvarez

Sen barreiras!!! - Lucía Álvarez

Estes son días moi intensos en emocións porque vanse coñecendo os resultados da oposición e iso leva a que haxa moita alegría e desgraciadamente tamén decepcións polo esforzo que nesta ocasión non deu resultado.

Dentro do apartado das alegrías no que corresponde a Nós, a felicidade dos centos de alumnos e alumnas Nós que obtiveron praza e por extensión dos equipos docentes que os prepararon, equipos de administración…

Prodúcenos especial emoción o caso de Lucía, unha alumna do noso centro de Vigo cunha deficiencia visual severa, que no primeiro ano de preparación foi quen de obter unha praza acadando a excelencia en todas as probas do proceso selectivo.

E queremos agradecerlle que nas distintas entrevistas aparecidas nos medios de comunicación, se lembre de Nós Oposicións como unha axuda fundamental para acadar o éxito.

Deixamos as ligazóns ás diferentes entrevistas realizadas a Lucía:

Moitas grazas Lucía por lembrarte de Nós nestes momentos, noraboa e a desfrutar do éxito acadado.

Parabéns igualmente a Borja Barreira, o seu preparador, que co seu bo quefacer axudou a que Lucía conxuntamente con outros alumnos do seu grupo en Vigo obtiveran praza.

Para o vindeiro curso Borja, impartirá ademais do grupo de Vigo un novo grupo no centro Nós de Santiago. Se che interesa esta proposta formativa podes vir a probar varias clases sen compromiso de permanencia. Contacta con calquera dos dous centros para recibir todo tipo de información:

Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Vigo ☎️ 986139344

#CompromisoNós #Comprometidoscunhaformacióndegarantías