EXAME
22 feb
2026
Prazo solicitudes
Aberto dende o 01/07/2025 ata o 29/07/2025
Sistema Selectivo
oposición
Prazas
50 prazas (OEP 2024)
Metodoloxía NÓS
Consistirá na superación de tres exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
O primeiro e segundo exercicios, descritos a continuación, realizaranse de modo simultáneo na mesma sesión. O tempo máximo de duración conxunta de ambos os exercicios será de cento sesenta (160) minutos.
Primeiro exercicio:
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de oitenta (80) preguntas tipo test, das que vinte (20) corresponderán ao temario da parte xeral e sesenta (60) ao temario da parte específica.
O devandito exercicio disporá de cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte xeral do programa e tres (3) á parte específica e que substituirán as preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.
O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos.
A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
Segundo exercicio:
As persoas aspirantes deberán contestar por escrito un cuestionario de carácter práctico relacionado co temario da parte específica, cun total de corenta (40) preguntas tipo test, máis tres (3) preguntas de reserva que substituirán as preguntas anuladas pola súa orde.
A cualificación do segundo exercicio será de 0 a 40 puntos, sendo necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos para a súa superación.
Terceiro exercicio:
Constará de dúas probas:
– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 3 ou do título equivalente debidamente homologado.
Temario común
A Constitución española de 1978: título preliminar, I, II e VIII.
Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar, I, II, III, IV e V.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.
Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, título I, título II: capítulos I e II.
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.
Temario específico
O corpo humano: concepto. Características. Aparellos. Sentidos.
O persoal coidador dentro da escola ou centro. A súa participación no proceso educativo e socializador. Relacións cos familiares e co persoal especializado.
A intervención con familias de persoas con discapacidade. Características e recollida de información.
Educación especial: clasificación das persoas que a requiren. Problemas psíquicos, problemas de afectividade.
Acompañamento de persoas con discapacidade. Concepto e tipos de discapacidade. Apoios, intervención e acompañamento a persoas con discapacidade.
Procesos de fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade dentro da familia.
Características básicas das persoas con discapacidade motora. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. Problemas posturais. Atención específica das persoas con espiña bífida.
Características básicas das persoas con discapacidade visual. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. A independencia de movementos e desprazamentos; a orientación na procura de estratexias que favorezan a súa maior autonomía.
Características básicas das persoas con discapacidade auditiva. Problemas na súa escolarización ou socialización. O seu contexto de relacións.
A inclusión de persoas con discapacidade en espazos de ocio e de tempo libre. Procesos, planificación e intervención. Detección, selección e acceso a recursos comunitarios. Afectividade e sexualidade nas persoas con discapacidade.
O papel do persoal coidador nas actividades de ocio e tempo libre; recreos, saídas, excursións, campamentos. O persoal coidador como dinamizador de xogos e actividades.
Creación de hábitos para acadar os hábitos de alimentación, hixiene e control de esfínteres. Técnicas para o manexo de apoios instrumentais para a locomoción, alimentación e hixiene.
O persoal coidador no desenvolvemento de capacidades tecnolóxicas de persoas con discapacidade. Programas e procesos de adestramento en estratexias cognitivas básicas e alfabetización tecnolóxica: organización, realización e aplicación. Aplicación dos programas de adestramento. Aplicacións das novas tecnoloxías.
O persoal coidador como medio para a consecución da independencia na locomoción, alimentación e hixiene. Evolución social. A importancia do traballo en equipo.
Os recursos sociais e comunitarios para as persoas con discapacidade; enfoque e modelos de intervención. Detección e selección de recursos. Cooperación e coordinación interdisciplinar.
Técnicas de prevención de accidentes e ergonomía na escola ou centro e nas actividades complementarias ao alumnado con necesidades especiais. Primeiros auxilios e atención de emerxencia ao alumnado con necesidades especiais.
Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de finalización de presentación de solicitudes, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
OEP 2024 - 50 prazas