Nos Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

Cociña e Limpeza

EXAME

14 dic

2024

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

117 prazas

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Tests

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Cociña e Limpeza

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    1º Exercicio · (Obrigatorio e eliminatorio)

    • A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG
    • Tempo: Máximo 130 minutos
    • Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, das cales vinte (20) corresponderán á parte xeral e sesenta (60) á parte específica, máis cinco (5) de reserva, das cales dúas (2) corresponderán aparte xeral do programa e tres (3) aparte específica, e que substituirán ás preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.
    • As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só una delas será a correcta.
    • Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
    • Cualificarase de 0 a 100 puntos. Mínimo 50 puntos para a superación do mesmo.
    • Superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que obteñan en cada unha das partes o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
    • Con todo, de darse o caso de que o número de aspirantes que obtivesen o mínimo do 50 % das respostas netas sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata alcanzar a devandita cifra sempre que obteñan, en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

    2º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 60 minutos
    • Constará de dúas probas:
      • Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
      • Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
    • Este exercicio valorarase como apto ou non apto.

    * Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 2 ou o Título equivalente debidamente homologado.

    Parte xeral

    Tema 1

    A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II, e capítulo I do título III.

    Tema 2

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.

    Tema 3

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III.

    Tema 4

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

    Tema 5

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV, V.

    Tema 6

    Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, título I: capítulos I e II.

    Tema 7

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

    Parte específica

    Tema 1

    Proceso que se seguirá na lavandería dun centro residencial desde a recepción da roupa sucia ata a súa entrega totalmente limpa e #repasado. A costura da roupa.

    Tema 2

    Factores que hai que ter en conta na limpeza de habitacións e zonas comúns nun centro residencial. Tipo de utensilios e produtos necesarios para a súa realización.

    Tema 3

    Elaboración e condimentación de menús sinxelos e funcións de auxilio ao xefe e aos oficiais de cociña na elaboración dos máis complexos. Factores que hai que ter en conta para colocar e servir as mesas dos comensais.

    Tema 4

    Procesos de limpeza para o mantemento en perfectas condicións dos utensilios e accesorios propios do departamento de cociña, tales como placas, fornos, marmitas, tixolas etc.

    Tema 5

    Funciones do persoal de limpeza. Organización do traballo. Medidas sanitarias de orde xeral: seguridade e hixiene no traballo.

    Tema 6

    A limpeza de habitacións e zona comúns. Ventilación. Materiais que se empregarán e produtos de limpeza. Cuartos de baño: elementos e limpeza.

    Tema 7

    Limpeza de maquinaria, instalacións, utensilios e accesorios propios de cociña. Limpeza de armarios, paredes, xanelas e chans. Limpeza de talleres e laboratorios.

    Tema 8

    A lavandería. Fases e normas xerais de lavado. O lavado dos tecidos de cor. O branqueo da roupa. O repasado: clasificación da roupa. Pasado o ferro a máquina.

    O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

    As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.

    Non se esixe titulación.

    OPE 2020 + OPE 2022 – Do 27 de decembro do 2022 – Convocatoria de 16 Novembro 2023 – DOG 221 21/11/2023 – 117 prazas

    OPE Extraordinaria – Convocatoria do 27 de decembro do 2022 – 56 prazas concurso-oposición

    + OPE Extraordinaria – Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 806 prazas só concurso

    Comeza a preparar a oposición de Cociña e Limpeza

      ¡Escríbenos por WhastApp!