EXAME
27 jun
2026
Prazo solicitudes
Aberto dende o 26/11/2025 ata o 24/12/2025 (ambos incluídos)
Sistema Selectivo
oposición
Prazas
75 prazas (OEP 2022 + OEP 2023 + OEP 2024)
Metodoloxía NÓS
1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
- Tempo: Máximo 160 minutos para a realización deste primeiro exercicio e do segundo exercicio, pois serán simultáneos.
- Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, das que vinte (20) corresponderán á parte común do programa e sesenta (60) á parte específica, máis cinco (5) preguntas de reserva, das que dúas (2) corresponderán á parte común do programa e tres (3) á parte específica.
- As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar as preguntas da parte común.
- Cualificarase de 0 a 60 puntos. Mínimo 30 puntos para a súa superación.
- Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
2º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
- Tempo: Máximo 160 minutos para a realización do primeiro e segundo exercicio, pois serán simultáneos.
- Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de carácter práctico relacionado coas materias que figuran na parte específica do programa que figura no anexo I, cun total de corenta (40) preguntas tipo test, máis tres (3) preguntas de reserva que substituirán as preguntas anuladas pola súa orde.
- Cualificarase de 0 a 40 puntos. Mínimo 20 puntos para a súa superación.
- Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
3º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)
Constará de dúas probas:
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto.
*Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 3 ou do título equivalente debidamente homologado.
Parte común
Tema 1
A Constitución española de 1978: título preliminar, I, II e VIII.
Tema 2
Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.
Tema 3
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar, I, II, III, IV e V.
Tema 4
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
Tema 5
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.
Tema 6
Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.
Tema 7
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
Tema 8
Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.
Parte específica
Tema 1
Fundamentos da enfermería. Ética e moral profesional. A enfermería dentro do sistema sociosanitario.
Tema 2
Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia (título preliminar e título I).
Tema 3
Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (título preliminar, título I e título II). Os servizos sociais da Comunidade Autónoma.
Tema 4
Plan de atención individual e plan de coidados: definicións. Características e uso da ferramenta CENPOS.
Tema 5
Coidados básicos de enfermería. Pautas de hixiene ordinaria nos distintos tipos de pacientes. Baño. Coidados xerais: úlceras, dentadura, uñas. Control de esfínteres. Funcionamento intestinal. Diuresis. Alimentación e hidratación do enfermo.
Tema 6
A persoa con coidados paliativos: habilidades no seu coidado e na relación co paciente e os seus familiares. Recollida de mostras biolóxicas para análises (esputo, feces e ouriños). Transferencias na cama e formas de facer a cama. Clasificación de produtos de apoio.
Tema 7
Xeriatría. Particularidades e coidados no paciente xeriátrico.
Tema 8
O papel do auxiliar no coidado e manexo do enfermo con problemas de saúde mental. Trastornos da memoria. Demencias. Estados depresivos. Estados confusionais. O enfermo axitado. O enfermo delirante. O soño e os seus trastornos. Habilidades no coidado das persoas con enfermidade mental, deterioro cognitivo e déficits sensoriais.
Tema 9
Funcións e signos vitais. Primeiros auxilios. Trastornos que xeran invalidez motora, sensorial ou mixta de carácter transitorio ou definitivo.
Tema 10
Técnicas básicas na nutrición: clasificación, hixiene e manipulación. Papel da auxiliar de enfermaría no manexo da medicación e suplementos nutricionais. Eliminacións do paciente: sondaxe, osteotomías e enemas.
Tema 11
Control de esfínteres. Funcionamento intestinal. Cueiros: tipoloxía e manexo. Coidado das sondaxes vesicais, sondaxes nasogástricas, PEG e ostomías.
Estar en posesión ou en condicións de obter a titulación de técnico/a de coidados auxiliares de enfermaría ou equivalente.
OPE 2022 + OEP 2023 + OEP 2024 – 75 prazas
- Convocatoria: DOG 228 do 25/11/2025