Nos Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

Auxiliar Administrativo

Oferta:

OPE 2022

Convocatoria:

Pendente de publicación

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

50 Prazas (OPE 2022)

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Máis de 2000 preguntas tipo test de todo o temario

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Auxiliar Administrativo

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 90 minutos
    • Cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test de carácter teórico, relacionado coa parte xeral do programa.
    • O exercicio dispoñerá de seis (6) preguntas de reserva.
    • O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas esixido para alcanzar esta puntuación mínima, para o que se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

    2º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 80 minutos
    • Contestar por escrito un cuestionario de corenta (40) preguntas tipo test, de contido teórico-práctico da parte específica do programa, en que as persoas aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo de paquetes ofimáticos en contorna LibreOffice (folla de cálculo, procesador de textos e presentacións), máis cinco (5) preguntas de reserva.
    • O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Obterán 25 puntos as persoas que alcancen o mínimo do 45% das respostas correctas, unha vez feitas os descontos correspondentes. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

    3º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 60 minutos
    • Cualificación: Apto/Non apto
    • Constará de dúas probas:
      • Primeira proba: tradución dun texto do castelán ao galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
      • Segunda proba: tradución dun texto do galego ao castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

    * Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 3 ou equivalente. Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o primeiro exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.

    Parte xeral

    Tema 1

    A Constitución española de 1978: títulos preliminar, título I (excepto capítulo 3º), título II, título III (excepto capítulos 2º e 3º), título IV, título V e título VIII.

    Tema 2

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar, título I, título II, título III e título V.

    Tema 3

    A Unión Europea, o dereito derivado: regulamentos, directivas, decisións, recomendacións e ditames.

    Tema 4

    As institucións da Unión Europea: o Parlamento, o Consello Europeo, o Consello e a Comisión.

    Tema 5

    Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulo III.

    Tema 6

    Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e capítulo I do título III.

    Tema 7

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

    Tema 8

    Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo II (excepto subsección 2ª sección 3ª), capítulo III, capítulo IV e capítulo V.

    Tema 9

    Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título preliminar e capítulos I e III do título III.

    Tema 10

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

    Tema 11

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I ao IX.

    Tema 12

    Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.

    Tema 13

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

    Parte específica

    Tema 1

    A xestión de documentos na Administración da Xunta de Galicia. Clasificación de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Dereito de acceso a arquivos e rexistros. O arquivo e rexistro electrónico.

    Tema 2

    Informática básica: conceptos básicos. Compoñentes dun computador e os seus periféricos. Redes informáticas. Soportes informáticos.

    Tema 3

    Sistemas operativos. Elementos comúns. Administrador de arquivos.

    Tema 4

    Sistemas ofimáticos. Procesadores de texto (Writer). Follas de cálculo (Calc). Presentacións (Impress). Axenda e correo electrónico. Intranet: concepto e utilidade.

    Para as preguntas sobre coñecemento e manexo do paquete ofimático LibreOffice, e para o curso selectivo, terase en conta a última versión estable á data de publicación no DOG da resolución pola que se aproben as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará a última versión estable no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

    Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

    As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.

    Estar en posesión ou en condición de obter o título de graduada/o en E.S.O..

    OFERTA 2020 + 2021 – Convocatoria do 27 de xuño de 2022 – 120 prazas libres

    OPE Extraordinaria – Convocatoria do 27 de decembro do 2022 – 83 prazas concurso-oposición – Corrección de Erros I – Correción de Erros II

    + OPE Extraordinaria – Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 212 prazas só concurso – Modificación Convocatoria

    OPE 2022 – Do 27 de decembro do 2022. Convocatoria aínda non publicada – 50 prazas

    Comeza a preparar a oposición de Auxiliar Administrativo

      ¡Escríbenos por WhastApp!