Nos Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

Administrativo

Oferta:

OEP 2022 + OEP 2024

Convocatoria:

Pendente de publicación

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

86 Prazas (OEP 2022 + OEP 2024)

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Máis de 2000 preguntas tipo test de todo o temario

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Administrativo

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 160 minutos
    • Cuestionario de 120 preguntas tipo test relacionadas co Anexo I do programa.

    2º Exercicio (obrigatorio e eliminatorio)

    • Tiempo: 120 minutos
    • Resolver por escrito dous supostos prácticos sobre os temas do bloque II, con 60 preguntas en total (30 preguntas por cada suposto).

    3º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 60 minutos
    • Constará de dúas probas:
      • Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
      • Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego ao castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
      • Estarán exentos de realizar a proba os aspirantes que acrediten estar en posesión do CELGA 4 ou equivalente.

    Bloque I

    Tema 1

    A Constitución española de 1978: título preliminar, título I (excepto capítulo 3º), título II, título III (excepto capítulos 2º e 3º), título IV, título V, título VIII.

    Tema 2

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título preliminar, título I, título II, título III e título V.

    Tema 3

    A Unión Europea, o dereito derivado: regulamentos, directivas, decisións, recomendacións e ditames.

    Tema 4

    Fuentes do dereito europeo: actos xurídicos da Unión, procedementos de adopción e outras disposicións segundo o Tratado de funcionamento da Unión Europea. A integración do dereito europeo en España.

    Tema 5

    As institucións da Unión Europea: o Parlamento, o Consello Europeo, o Consello e a Comisión. Outras institucións.

    Tema 6

    As competencias da Unión Europea. O marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias da Unión.

    Tema 7

    Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulo III.

    Bloque II

    Tema 1

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

    Tema 2

    Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo I, capítulo II (excepto subsección 2ª sección 3ª), capítulo III, capítulo IV e capítulo V.

    Tema 3

    Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e capítulo I do título III.

    Tema 4

    Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014: título preliminar, libro primeiro: excepto o capítulo V do título I, libro segundo: capítulo I do título I (excepto subsección 5, 6 e 7 da sección 2).

    Tema 5

    Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: títulos preliminar e I.

    Tema 6

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I ao IX.

    Tema 7

    Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título preliminar e capítulos I e III do título III.

    Tema 8

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, título I: capítulo V sección 1ª e título II.

    Tema 9

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

    Tema 10

    Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, título I, título II: capítulos I e II.

    Tema 11

    Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: do título I o capítulo I-sección 4ª, o capítulo II-seccións 1ª e 2ª e o capítulo III-sección 1ª.

    Tema 12

    Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social: do título I o capítulo II-sección 1ª, o capítulo III-sección 1ª, e o capítulo IV-sección 1ª. e do título II o capítulo XI (excepto artigos 196 a 199) e a sección 1ª do capítulo I do título VI.

    Estar en posesión ou en condicións de obter o título de bacharelato ou técnico.

    OEPs 2020+2021 – Convocatoria do 27 de xuño de 2022 – 102 prazas libres

    OPE 2022 + OEP 2024 – Pendente de convocatoria – 86 prazas

    Comeza a preparar a oposición de Administrativo

      ¡Escríbenos por WhastApp!