Nos Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

A2 Corpo de Xestión

Oferta:

OPE 2022

Convocatoria:

Pendente de publicación

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

30 prazas (OPE 2022)

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Máis de 3500 preguntas tipo test de todo o temario

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de A2 Corpo de Xestión

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 200 minutos
    • Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, relacionado co anexo I do programa.
    • O exercicio dividirase en dous partes:
      • A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de trinta (30) preguntas da parte xeral – bloque I. O exercicio dispoñerá de tres (3) preguntas de reserva.
      • A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico e práctico de cento vinte (120) preguntas da parte xeral – bloque II, das que cen (100) preguntas serán de contido teórico e vinte (20) preguntas serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.
    • O exercicio dispoñerá de seis (6) preguntas de reserva, das que dúas (2) serán sobre un suposto práctico.
    • O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas esixido para conseguir esta puntuación mínima, para o que terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

    2º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 2 horas
    • Consistirá en desenvolver por escrito un (1) tema, que se elixirá entre dous (2), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido da parte específica do programa que figura como anexo  desta orde.
    • O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para conseguir esta puntuación mínima.
    • O tribunal cualificará o exercicio valorando os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

    3º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: 60 minutos
    • Cualificación: Apto/Non apto
    • Primeira proba: consistirá en a tradución dun texto do castelán ao galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
    • Segunda proba: consistirá en a tradución dun texto do galego ao castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
    • Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega #de acordo con o nivel do Celga requirido no proceso selectivo.
    • Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 4 ou equivalente.
    • Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o primeiro exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.

    Parte xeral - Bloque I

    Tema 1

    Constitución española do 27 de decembro de 1978.

    Tema 2

    Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional.

    Tema 3

    Lei orgánica 3/1981, do Defensor do Pobo.

    Tema 4

    Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno.

    Tema 5

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

    Tema 6

    Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

    Tema 7

    Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.

    Tema 8

    Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo de Galicia.

    Tema 9

    Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.

    Tema 10

    Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

    Parte xeral - Bloque II

    Tema 1

    Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (títulos preliminar a V).

    Tema 2

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

    Tema 3

    Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

    Tema 4

    Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

    Tema 5

    Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

    Tema 6

    Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia.

    Tema 7

    Lei 9/2017, de contratos do sector público: libros I e II.

    Tema 8

    Real decreto 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

    Tema 9

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

    Tema 10

    Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

    Tema 11

    Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: títulos II e IV.

    Tema 12

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

    Tema 13

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

    Parte específica - Bloque I: Teoría xeral do dereito e dereito administrativo xeral.

    Tema 1

    As fontes do dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos.

    Tema 2

    O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

    Tema 3

    O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

    Tema 4

    A relación xurídico-administrativa: concepto e suxeitos da relación xurídico-administrativa. As administracións públicas. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pasivas: situación de suxeición e deber do administrado.

    Tema 5

    O principio de legalidade da Administración: a súa construción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial, o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

    Tema 6

    O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

    Tema 7

    A atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

    Tema 8

    A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos.

    Tema 9

    Actos administrativos en particular: a licenza, autorización ou permiso; réxime xurídico. Referencia á concesión e as súas clases.

    Tema 10

    O servizo público. Formas de xestión dos servizos públicos. Xestión directa e indirecta.

    Tema 11

    A expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: a repartición competencial. Suxeitos, obxecto e causa da expropiación. O procedemento expropiatorio xeneral. Particularidades do procedemento de urxencia. A reversión do ben expropiado. Garantías do expropiado. O Xurado de Expropiación Forzosa de Galicia.

    Tema 12

    As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración: particularidades e réxime común cos bens demaniais. O dominio público: concepto, natureza xurídica, elementos e réxime xurídico.

    Tema 13

    O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Utilización e aproveitamento do patrimonio. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.

    Parte específica- Bloque II: Unión Europea.

    Tema 1

    A Unión Europea tras o Tratado de Lisboa: o Tratado da Unión e o Tratado de funcionamento da Unión. As cooperacións reforzadas.

    Tema 2

    A organización da Unión Europea (I): o Consello Europeo, o Consello e a Comisión Europea. Composición e funcións. O procedemento decisorio. A participación dos Estados membros nas diferentes fases do proceso.

    Tema 3

    A organización da Unión Europea (II): o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea. O Tribunal de Contas. O Banco Central Europeo.

    Tema 4

    O orzamento comunitario. Os fondos estruturais. A cohesión económica e social.

    Tema 5

    As fontes do dereito da Unión Europea. Dereito orixinario. Dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes. As relacións entre o dereito da Unión Europea e o ordenamento xurídico dos Estados membros.

    Parte específica - Bloque III: Dereito autonómico xeneral e dereito local.

    Tema 1

    A Administración xeral do Estado. A súa organización e funcionamento: órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados e os subdelegados do Goberno nas comunidades autónomas.

    Tema 2

    O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Goberno e Administración: control dos actos políticos.

    Tema 3

    O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española. O Ministerio Fiscal.

    Tema 4

    A Administración institucional. Entidades que o integran: os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As axencias.

    Tema 5

    A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

    Tema 6

    A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o Estatuto no sistema constitucional; o Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o Estatuto como norma subordinada á Constitución; posición do Estatuto respecto a as demais normas do Estado e da Comunidade Autónoma.

    Tema 7

    Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

    Tema 8

    A interpretación do Estatuto. A súa reforma; a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

    Tema 9

    As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ao Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de peche do artigo 149.3. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade.

    Tema 10

    As competencias exclusivas. As competencias normativas: as leis da Comunidade Autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.

    Tema 11

    A concorrencia normativa entre o Estado e a Comunidade Autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estrutura da normativa básica; a relación basees-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas.

    Tema 12

    A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da Comunidade Autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.

    Tema 13

    A colaboración entre o Estado e a Comunidade Autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial, as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da Comunidade Autónoma.

    Tema 14

    Conflitos constitucionais entre órganos do Estado. Conflitos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

    Tema 15

    O municipio: organización e competencias. A provincia: Organización e competencias. Outras entidades locais.

    Parte específica - Bloque IV: Dereito administrativo especial.

    Tema 1

    O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.

    Tema 2

    A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A función interventora.

    Tema 3

    Xestión dos gastos de persoal: retribucións dos empregados públicos. Pagamento e liquidación. Os gastos de clases pasivas.

    Tema 4

    Xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento do deber. Pago. Control dos gastos contractuais.

    Tema 5

    Xestión dos gastos de transferencias. Xestión das subvencións.

    Tema 6

    O sistema tributario español. O imposto. Concepto, clases, principios e efectos. Os impostos directos: concepto, caracteres e clases. Os impostos indirectos: conceptos, caracteres e clases.

    Tema 7

    Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

    Tema 8

    Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e deberes dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

    Tema 9

    O dereito do traballo. A súa especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. O principio de xerarquía normativa. Os convenios colectivos de traballo. Concepto e natureza. Réxime xurídico. Partes. Procedemento. Contido.

    Tema 10

    O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico.

    Tema 11

    Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo.

    Tema 12

    Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

    Tema 13

    Réxime de representación de persoal. Órganos de representación.

    Tema 14

    Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.

    Estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de grao. Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de enxeñería técnica, diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou equivalente. Considérase equivalente ao título de diplomado universitario ter superados tres cursos completos de licenciatura.

    Comeza a preparar a oposición de A2 Corpo de Xestión

      ¡Escríbenos por WhastApp!