Nós Oposicións

MATRÍCULA ABERTA EDUCACIÓN 25/26

MATRÍCULA ABERTA EDUCACIÓN 25/26

< Novas

Convocatorias SERGAS II

Convocatorias SERGAS II

O SERGAS publica no DOG 188 do 30/09/2025 a convocatoria para cinco especialidades: Fisioterapeuta, Logopedista, Terapeuta Ocupacional, Pinche e Cociñeiro/a.

Podes acceder ás diferentes Resolucións premendo aquí:

O sistema de acceso é o de concurso-oposición e o prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende o 01/10/2025 ata o 14/11/2025 (ambos incluidos).

As solicitudes poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. A persoa aspirante deberá achegar a documentación requerida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico que non acreditase e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

A distribución de prazas por especialidade é a seguinte:

Categoría Subgrupo Acceso libre Promoción interna Reserva discapacidade Total
Fisioterapeuta A2 11 14 2 27
Logopeda A2 2 3   5
Terapeuta Ocupacional A2 4 6 1 11
Cociñeiro/a C1 6 8 1 15
Pinche AP 45 56 10 (5 delas para disc. Intelectual) 111

Estás interesado/a en conseguir unha destas prazas? Bota un vistazo a todo o que che ofrecemos 😉

📅 Máis de 20 anos de experiencia na preparación de oposicións.

👩‍🏫 Un equipo docente con solvencia e ampla experiencia na preparación da oposición.

📚 TEMARIO PROPIO revisado e actualizado polos nosos docentes e adaptados aos protocolos Sergas.

🗺️ CLASES PRESENCIAIS, en STREAMING e GRAVACIÓN DAS SESIÓNS.

📲 Unha APP propia onde facer test de reforzo dende un teléfono, táblet ou PC.

🔝Unha formación de garantías refrendada cos resultados acadados polo alumnado Nós ano tras ano.

🆓 MATRÍCULA GRATUÍTA ATA O 15 DE OUTUBRO

✅ Para que comprobes en primeira persoa os puntos anteriores, contas con 2 sesións de proba.

Non o dubides e contacta con calquera dos nosos centros para solicitar información sobre os nosos grupos sen ningún compromiso.

Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías

icono