Nos Oposicións

< Novas

Convocatoria probas Celga 1, 2, 3 e 4

Convocatoria probas Celga 1, 2, 3 e 4

No día de hoxe abrese o prazo de inscrición nas probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.

Preme na seguinte ligazón para acceder á convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, e dende hoxe xa poderedes presentar as solicitudes.

Ditas probas celebraranse no mes de maio e terán lugar en tres ubicacións: Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid. En Ponferrada e Madrid, non se celebraran probas do Celga 1, pero si de todos os niveis restantes.

A duración das probas é a seguinte:

  • Probas do Celga 1: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.
  • Probas do Celga 2: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.
  • Probas do Celga 3: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e media e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.
  • Probas do Celga 4: a proba escrita terá unha duración de tres horas e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

 

Todas estas probas se realizarán no mesmo día.

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías