Nos Oposicións

Qué preparamos > Mestres

Mestre/a de

Audición e Linguaxe

Sistema Selectivo

concurso • oposición

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Temario propio actualizado

Exames, defensas e exposicións na aula

Aula Virtual

Supostos prácticos

Plan de apoio e programas de intervención

Clases de Lexislación

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Audición e Linguaxe

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    (Segundo a última convocatoria)

    Fase de Oposición 2/3

    Proba 1. Eliminatoria

    Exame Tempo Peso
    Suposto práctico Aprox. 2 horas 60%
    Tema (a elexir 1 entre 2) 2 horas 40%

    Proba 2. Eliminatoria

    Exame Tempo Peso
    Defensa da programación / plan 20 min. 40%
    Exposición dunha unidade / programa 30 min. 60%
    Debate 10 min.

    Fase de Concurso 1/3. Máximo 10 puntos

    Experiencia docente. Máximo 5 puntos

    • Por ano en centros públicos - 1 pto.
    • Por anos noutros centros - 0,5 ptos.

    Formación académica. Máximo 5 puntos

    • Expediente académico:
      • Dende 6 ata 7,50 - 1 pto.
      • Dende 7,51 ata 10 - 1,5 ptos.
    • Postgrados, doutoramento e outras titulacións universitarias - 1 pto.
    • Premio extraordinario doutoramento - 0,5 ptos.
    • Outras ensinanzas:
      • Títulos profesionais de música ou danza - 0,5 ptos.
      • Certificado nivel avanzado da EOI - 0,5 ptos.
      • Técnico superior de artes plásticas, deseño, deportivo ou FP - 0,2 ptos.
      • Dominio de idiomas estranxeiros C1 ou C2 - 0,5 ptos.

    Outros méritos. Máximo 2 puntos

    • Dominio de idiomas estranxeiros B2 - 0,25 ptos.
    • Cursos de formación homologada, por cada 10 horas. - 0,10 ptos.

    Mostra do Material

    Podes descargar unha mostra do noso temario propio actualizado que se imparte neste curso!

    Tema 1

    A evolución da educación especial en Europa nas últimas décadas: da institucionalización e do modelo clínico á normalización de servizos e ao modelo pedagóxico.

    Tema 2

    A educación especial no marco da LOGSE e o seu desenvolvemento normativo. O concepto de alumnos con necesidades educativas especiais.

    Tema 3

    O proceso de identificación e valoración das necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas e a súa relación co currículo. Decisións de escolarización.

    Tema 4

    O centro ordinario e a resposta ás necesidades especiais dos alumnos e das alumnas. O Proxecto Educativo e o Proxecto Curricular en relación con estes alumnos. As adaptacións curriculares.

    Tema 5

    O centro específico de Educación Especial: Características do Proxecto Educativo e do Proxecto Curricular. Referentes básicos e criterios para a súa elaboración.

    Tema 6

    Os recursos materiais e persoais para a atención dos alumnos e das alumnas con necesidades educativas especiais. Recursos da escola. Recursos externos á escola. Colaboración entre servizos específicos e servizos ordinarios.

    Tema 7

    Conceptos básicos sobre a comunicación e a linguaxe. Adquisición e desenvolvemento da comunicación e da linguaxe e a súa relación co desenvolvemento do pensamento, social e afectivo.

    Tema 8

    Bases anatómicas, fisiolóxicas e neurolóxicas da linguaxe. Procesos de codificación e decodificación lingüística. Descrición e análise dos compoñentes da linguaxe.

    Tema 9

    Características da linguaxe dos alumnos e das alumnas de Educación Infantil e Primaria. Alteracións da linguaxe máis frecuentes nestas etapas educativas. Actuacións preventivas.

    Tema 10

    Sistemas alternativos e complementarios de comunicación. O proceso de avaliación e toma de decisións sobre os sistemas alternativos. O proceso de intervención.

    Tema 11

    As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia auditiva. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe.

    Tema 12

    Identificación das necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia auditiva. Sistemas de detección do déficit auditivo.

    Tema 13

    A intervención do mestre de audición e linguaxe cos alumnos e alumnas con deficiencia auditiva. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares. Axudas técnicas para a comunicación: tipos e criterios de utilización.

    Tema 14

    As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia motora. Aspectos diferenciais do desenvolvemento da comunicación e da linguaxe. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos.

    Tema 15

    A intervención do mestre de audición e linguaxe cos alumnos e alumnas con deficiencia motora. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares. Axudas técnicas para a comunicación: tipos e criterios de utilización.

    Tema 16

    As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con deficiencia mental. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos.

    Tema 17

    A intervención do mestre de audición e linguaxe con alumnos con deficiencia mental. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares.

    Tema 18

    As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con autismo ou con outras alteracións graves da personalidade. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe. Identificación das necesidades educativas especiais destes alumnos.

    Tema 19

    A intervención do mestre de audición e linguaxe con alumnos e alumnas con autismo ou con outras alteracións graves da personalidade. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares.

    Tema 20

    As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con alteracións do fala. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe.

    Tema 21

    Identificación das necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con alteracións da linguaxe.

    Tema 22

    A intervención do mestre de audición e linguaxe cos alumnos e alumnas con alteracións do fala. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares.

    Tema 23

    As necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con alteracións da linguaxe. Aspectos diferenciais no desenvolvemento da comunicación e da linguaxe.

    Tema 24

    Identificación das necesidades educativas especiais dos alumnos e das alumnas con alteracións da linguaxe.

    Tema 25

    A intervención do mestre de audición e linguaxe con alumnos e alumnas con alteracións da linguaxe. Criterios para a elaboración de adaptacións curriculares.

    Consulta as titulacións afíns a cada especialidade na Orde do 2 de outubro de 2023

    Comeza a preparar a oposición de Audición e Linguaxe

      ¡Escríbenos por WhastApp!