Nos Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

Persoal de Servicios Xerais (PSX)

Prazo solicitudes

Pechado (Prazo do 30/01/2024 ao 26/02/2024).

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

83 Prazas

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Tests

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Persoal de Servicios Xerais (PSX)

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    1º Exercicio · (Obrigatorio e eliminatorio)

    • A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG
    • Tempo: Máximo 160 minutos
    • Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento vinte (120) preguntas tipo test e dividirase en dous partes, unha de contido teórico e outra de contido practico:
    • A primeira parte do exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de oitenta (80) preguntas tipo test, das que vinte (20) preguntas correspóndense coa parte xeral e sesenta (60) preguntas coa parte especifica do programa que figura no anexo I.
      • Dita parte dispoñerá de cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán aparte xeral do programa e tres (3) aparte específica.
      • As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar as preguntas da parte xeral do programa, polo que contestarán unicamente as sesenta (60) preguntas da parte específica e as correspondentes preguntas de reserva.
    • A segunda parte, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido práctico de corenta (40) preguntas tipo test, relacionado coa parte específica do programa que figura no anexo I.
      • Dita parte dispoñerá de tres (3) preguntas de reserva.
      • As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só una delas será a correcta.
      • Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
    • O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos.

    No acceso pola quenda de promoción interna, superarán o exercicio as persoas aspirantes que consigan, en cada unha das partes. o 50% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

    Con todo, de darse o caso de que o número de aspirantes que consigan, en cada unha das partes, o 50% das respostas netas, sexa inferior ao número de prazas convocadas por esta quenda, superarán o exercicio as persoas aspirantes que consigan, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

    No acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda sempre que consigan, en cada unha das partes, o mínimo do 50%, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

    Con todo, de darse o caso de que o número de aspirantes que consigan, en cada unha das partes, o mínimo do 50% das respostas netas, sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións, ata conseguir a devandita cifra, sempre que obtiveran, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes

    2º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 60 minutos
    • Constará de dúas probas:
      • Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
      • Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
    • Este exercicio valorarase como apto ou non apto.

    * Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado.

    Parte xeral

    Tema 1

    A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II e VIII.

    Tema 2

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.

    Tema 3

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

    Tema 4

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

    Tema 5

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.

    Tema 6

    Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, título I, título II: capítulos I e II.

    Tema 7

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

    Tema 8

    Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.

    Parte específica

    Tema 1

    Aparellos e instrumentos de limpeza.

    Tema 2

    Produtos e técnicas de limpeza.

    Tema 3

    A área de cociña e a súa limpeza.

    Tema 4

    Normativas sanitarias de aplicación nas cociñas colectivas.

    Tema 5

    O servizo de comedor.

    Tema 6

    O coidado da roupa: o lavado da roupa. A pasada de ferro da roupa.

    Tema 7

    A alimentación, a nutrición e a dietética: a alimentación equilibrada. Planificación de menús.

    Tema 8

    Saúde infantil: hixiene. Accidentes na infancia: a súa prevención.

    O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

    As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no Anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.

    Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

    Comeza a preparar a oposición de Persoal de Servicios Xerais (PSX)

      ¡Escríbenos por WhastApp!