Nos Oposicións

Qué preparamos > SERGAS

Oposicións a

Técnico Hixiene Dental

Sistema Selectivo

concurso • oposición

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Máis de 2000 preguntas tipo test de todo o temario

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Técnico Hixiene Dental

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    Fase de oposición (máximo 60 puntos)

    1º Exercicio (eliminatorio):

    • Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:
      1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.
      2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
    • Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
    • As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
    • Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 35 % do seu valor (17,500).

    2º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

    • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo II (temas 1 ao 8, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
    • Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
    • As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

    3º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

    • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos/das aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.
    • Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
    • As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
    • Estarán exentos/as da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír ocelga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego), de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega), aos cales se lles asignarán 5 puntos.

    Fase de concurso (máximo 40 puntos)

    • FORMACIÓN ACADÉMICA E CONTINUADA: máximo 8 puntos (20%).Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestadística e metodoloxía da investigación valoraranse, en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título esixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.
    • EXPERIENCIA: máximo 28 puntos (70%).
    • OUTRAS ACTIVIDADES: máximo 4 puntos (10%).

    Os méritos para ter en conta na fase de concurso deste proceso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    Parte común

    Tema 1

    A Constitución española. Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.

    Tema 2

    Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

    Tema 3

    A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

    Tema 4

    A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.

    Tema 5

    O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

    Tema 6

    O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.

    Tema 7

    Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

    Tema 8

    A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

    Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

    Parte específica

    Tema 1

    Músculos da mastigación, deglución, linguaxe oral e do xesto. Enervación e vascularización bucodental.

    Tema 2

    Aparello dixestivo: Definición, composición, alteracións. Aparello excretor. Definición e función.

    Tema 3

    Articulacións temporomandibulares, estruturas asociadas. Ósos e articulacións da cabeza e do pescozo.

    Tema 4

    A célula: Compoñentes físicos e químicos. Concepto de tecido.

    Tema 5

    Desenvolvemento embriolóxico da cara e estruturas bucais.

    Tema 6

    Flora microbiana normal: Concepto, composición, crecemento.

    Tema 7

    Inmunidade: Definición. Sistema inmunitario. Antíxeno/anticorpo: Concepto e diferenciación.

    Tema 8

    Composición microbiolóxica da placa dental e saliva.

    Tema 9

    Carie: Definición, causas e prevención.

    Tema 10

    Traumatismos e infeccións da cara e maxilares: Definición e descrición.

    Tema 11

    Alteracións das encías, mucosa oral e glándulas salivares.

    Tema 12

    Desenvolvemento e alteracións da estrutura dentaria. Oclusión. Maloclusión.

    Tema 13

    Saúde bucodental: Concepto e métodos para a súa prevención. Hábitos alimenticios relacionados coa saúde bucodental.

    Tema 14

    Nutrición: Concepto. Os alimentos: Tipos e procesamentos. Inxestión. Dixestión. Absorción. Excreción.

    Tema 15

    Enfermidades periodontais. Patoloxía da pulpa.

    Tema 16

    Vías de administración de medicamentos empregados en odontoloxía: Descrición e diferenciación.

    Tema 17

    Analséxicos, anestésicos, antiinflamatorios, antibióticos: Concepto e diferenciación.

    Tema 18

    Coagulantes e anticoagulantes: Concepto, diferenciación e precaucións.

    Tema 19

    Raios X: concepto. Tipos de radiografías bucodentais. Revelado. Métodos. Conservación e mantemento do equipamento radiolóxico. Normas de protección radiolóxica na consulta de odontoloxía.

    Tema 20

    Materiais dentais: fundamento, composición, tipos. Instrumentación na consulta odontolóxica: descrición, tipos (material de exérese, sutura e hemostase, instrumentación ultrasónica, instrumentos de corte manual). Coidado, mantemento do instrumental.

    Tema 21

    Técnicas de limpeza e pulido dentarios supraxinxiviais: descripción.

    Tema 22

    Hixiene bucodental e interdental: Concepto e utilización. Fluorados: concepto e utilización.

    Tema 23

    Concepto de saúde e enfermidade. Educación para a saúde: concepto.

    Tema 24

    Saúde pública: definición e desenvolvemento. Programas de saúde bucodental: concepto, elaboración, implantación, avaliación. Poboación á que van dirixidos.

    Tema 25

    Riscos profesionais en odontoloxía. Normas de seguridade e medidas preventivas. Enfermidades de transmisión por fluídos orgánicos: hepatite vírica e SIDA. Mecanismo de transmisión e epidemioloxía.

    Tema 26

    Comunicación co paciente. Recepción. Recollida de datos. Sistemas de rexistros e arquivos.

    Tema 27

    Equipo humano odontolóxico. Composición e organización. Ética no proceso odontolóxico: principios básicos. Confidencialidade. Papel do/da hixienista na Atención Primaria.

    Tema 28

    Colocación do/da paciente para a explicación bucodental. Posición do facultativo e do/da hixienista.

    Tema 29

    Concepto de sepse, antisepsia. Manexo de materiais estériles. Limpeza, desinfección e esterilización na consulta odontolóxica.

    Tema 30

    Cancro oral. Factores de risco. Lesións e estados precancerosos. Prevención primaria e secundaria. Papel do/da hixinista na detección precoz do cancro oral.

    Tema 31

    Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: Concepto.

    Título de técnico/a superior en Hixiene Bucodental ou titulación equivalente na normativa de ordenación da formación profesional

    Comeza a preparar a oposición de Técnico Hixiene Dental

      ¡Escríbenos por WhastApp!