Nos Oposicións

Qué preparamos > Mestres

Mestre/a de

Educación Primaria

Sistema Selectivo

concurso • oposición

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Temario propio actualizado

Exames, defensas e exposicións na aula

Aula Virtual

Supostos prácticos

Programación e unidades didácticas

Clases de Lexislación

Preparación online

Comeza a preparar a oposición de Educación Primaria

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    (Segundo a última convocatoria)

    Fase de Oposición 2/3

    Proba 1. Eliminatoria

    Exame Tempo Peso
    Suposto práctico Aprox. 2 horas 60%
    Tema (a elexir 1 entre 2) 2 horas 40%

    Proba 2. Eliminatoria

    Exame Tempo Peso
    Defensa da programación / plan 20 min. 40%
    Exposición dunha unidade / programa 30 min. 60%
    Debate 10 min.

    Fase de Concurso 1/3. Máximo 10 puntos

    Experiencia docente. Máximo 5 puntos

    • Por ano en centros públicos - 1 pto.
    • Por anos noutros centros - 0,5 ptos.

    Formación académica. Máximo 5 puntos

    • Expediente académico:
      • Dende 6 ata 7,50 - 1 pto.
      • Dende 7,51 ata 10 - 1,5 ptos.
    • Postgrados, doutoramento e outras titulacións universitarias - 1 pto.
    • Premio extraordinario doutoramento - 0,5 ptos.
    • Outras ensinanzas:
      • Títulos profesionais de música ou danza - 0,5 ptos.
      • Certificado nivel avanzado da EOI - 0,5 ptos.
      • Técnico superior de artes plásticas, deseño, deportivo ou FP - 0,2 ptos.
      • Dominio de idiomas estranxeiros C1 ou C2 - 0,5 ptos.

    Outros méritos. Máximo 2 puntos

    • Dominio de idiomas estranxeiros B2 - 0,25 ptos.
    • Cursos de formación homologada, por cada 10 horas. - 0,10 ptos.

    Mostra do Material

    Podes descargar unha mostra do noso temario propio actualizado que se imparte neste curso!

    Tema 1

    Características básicas de desenvolvemento psico-evolutivo dos nenos e nenas dos seis aos doce anos. Aspectos cognitivos, motrices, afectivos e sociais. Implicacións no desenvolvemento do proceso educativo e de ensino-aprendizaxe.

    Tema 2

    A concreción dos currículos no marco do proxecto educativo do centro. Programación docente para dar resposta ás diferentes necesidades do alumnado: principios pedagóxicos que se deben ter en conta, estratexias para o seu desenvolvemento no ciclo, curso e aula. Coordinación docente.

    Tema 3

    Titorías en Educación Primaria. Apoio e orientación no proceso de aprendizaxe. Colaboración coas familias. Funcións do titor en relación co equipo docente e outros profesionais. O plan de acción titorial. Propostas de acción titorial.

    Tema 4

    A atención á diversidade do alumnado. Principios e estratexias. Medidas organizativas, curriculares e didácticas. Alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Medidas educativas específicas.

    Tema 5

    A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado de Educación Primaria. Características, estratexias, técnicas e instrumentos de avaliación. Promoción e plans específicos de reforzo.

    Tema 6

    As tecnoloxías da información e a comunicación. Intervención educativa para o seu uso e aplicación nas diferentes áreas de coñecemento.

    Tema 7

    A área de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural na Educación Primaria: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Relación con outras áreas do currículo.

    Tema 8

    Construción da noción de tempo histórico na educación primaria. Ámbitos de estudio de procesos e feitos históricos. A aprendizaxe das grandes etapas históricas da humanidade. Utilización de documentos: orais, escritos e restos materiais. Intervención educativa.

    Tema 9

    O contorno e a súa conservación. Relacións entre os elementos dos ecosistemas, factores de deterioración e rexeneración. Capacidade dos seres humanos para actuar sobre a natureza. Intervención educativa.

    Tema 10

    A aprendizaxe dos fenómenos físicos e os cambios químicos. Planificación e realización de experiencias para o estudio das propiedades, características e comportamento da materia e da enerxía.

    Tema 11

    A área de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos na Educación Primaria: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Relación con outras áreas do currículo.

    Tema 12

    A área de Educación Artística na Educación Primaria como área integrada: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Relación con outras áreas do currículo.

    Tema 13

    As diferentes linguaxes e técnicas artísticas. Intervención educativa na elaboración de composicións plásticas e imaxes: planificación, deseño e organización do proceso; selección e uso de materiais e técnicas.

    Tema 14

    A área de Lingua Castelá e Literatura na Educación Primaria: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Desenvolvemento da competencia comunicativa noutras áreas do currículo.

    Tema 15

    A intervención educativa na reflexión sistemática sobre a linguaxe na Educación Primaria en relación coas condicións de uso: o contexto comunicativo, os ámbitos de uso e o texto. A adquisición da lectura e da escritura.

    Tema 16

    A educación literaria no contexto escolar. Manifestacións literarias máis importantes aplicadas á Educación Primaria. Técnicas e estratexias de uso da literatura infantil e xuvenil. A biblioteca escolar e a biblioteca de aula como recursos didácticos na educación literaria.

    Tema 17

    Proceso de adquisición e desenvolvemento da linguaxe na Educación Primaria: comprensión e expresión oral, elementos non lingüísticos que acompañan á comunicación oral. Estratexias de intervención educativa.

    Tema 18

    Desenvolvemento e características do proceso lector na Educación Primaria. Técnicas e estratexias de comprensión lectora en diferentes situacións de comunicación e con distintos tipos de textos. Lectura: plans de fomento e estratexias de intervención educativa.

    Tema 19

    Desenvolvemento da expresión escrita na Educación Primaria. Métodos e estratexias de aprendizaxe. Composición de diferentes textos escritos. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. Estratexias de intervención educativa.

    Tema 20

    A área de Matemáticas en Educación Primaria: enfoque, características e propostas de intervención educativa. Contribución ao desenvolvemento das competencias básicas. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación: aspectos máis relevantes. Relación con outras áreas do currículo.

    Tema 21

    Resolución de problemas. Diferentes clases e métodos de resolución. Planificación, xestión de recursos, representación, interpretación e avaliación de resultados. Estratexias de intervención educativa.

    Tema 22

    Aprendizaxe dos números e o cálculo numérico. Números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais. Sistemas de numeración. Relación entre os números. Operacións de cálculo e procedemento deste (cálculo escrito, mental, estimación e calculadora). Intervención educativa.

    Tema 23

    As magnitudes e a súa medida. Unidades e instrumentos de medida. Estimación e aproximación nas medicións. Recursos didácticos e intervención educativa.

    Tema 24

    Evolución da percepción espacial na Educación Primaria. Elementos formas e relacións xeométricas no contorno: clasificación e representación. Intervención educativa.

    Tema 25

    Recollida, organización e representación da información. Táboas de datos Tipos de gráficos. Aplicacións nas distintas áreas e na interpretación de datos. Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación para o tratamento de datos.

    Consulta as titulacións afíns a cada especialidade na Orde do 2 de outubro de 2023

    Comeza a preparar a oposición de Educación Primaria

      ¡Escríbenos por WhastApp!