Nos Oposicións

Quen somos
Quen somos

Quen somos

Máis de 20 anos de experiencia

NOS OPOSICIÓNS é unha sociedade fundada no ano 2004 adicada en exclusiva á preparación de oposicións. Comezamos con dúas sedes, unha na Coruña e outra en Santiago de Compostela para posteriormente no 2009 asentarnos en Vigo e no ano 2011 na cidade de Lugo.

Ao longo destes máis de 20 anos foron miles os opositores e opositoras que obtiveron unha praza con Nós. Nun primeiro momento as preparacións estaban centradas nunhas poucas especialidades de Educación e Sanidade, as cales co paso do tempo foron aumentando ata abarcar actualmente todas as especialidades de Mestres, a maioría das de Secundaria, e máis de 15 especialidades en Sanidade. No ano 2014 comezamos cos procesos selectivos da “Xunta de Galicia” e no ano 2018 demos comezo á preparación das oposicións dos Corpos e Forzas de Seguridade, Policía Nacional e Policía Local.

Con traballo, esforzo e a guía e o acompañamento axeitado, o éxito chega e ese instante permanecerá inexquecible na memoria de cada persoa que o consegue porque ademais de asegurar un futuro laboral estable, permitiralle contribuír a que haxa uns servizos públicos máis eficaces e de calidade.

Dúas clases
de proba

para valorar a formación que lle ofrecemos e abandonar sen custo.

Formación
de garantías

ao alumnado que o capacite para poder obter unha praza.

Equipo
docente

con solvencia e gran experiencia na preparación de alumnos

Formación flexible

en entornos ben acondicionados e dixitais, a maiores da aula virtual

Dúas clases de proba

para valorar a formación que lle ofrecemos e abandonar sen custo.

Formación de garantías

ao alumnado que o capacite para poder obter unha praza.

Equipo docente

con solvencia e gran experiencia na preparación de alumnos

Formación flexible

en entornos ben acondicionados e dixitais, a maiores da aula virtual

Quen somos
Quen somos
Quen somos

En Nós Oposicións levamos 20 anos consolidando e ampliando o noso equipo de preparadores/as. Un dos maiores éxitos é poder afirmar que gran parte deses docentes que nos acompañaron no inicio seguen na actualidade á vez que moitos dos que foron alumnos/as nosos agora forman parte do equipo de preparadores. A percepción de cercanía e proximidade que ofrece o Proxecto Nós Oposicíóns é un dos rasgos que nos distingue como centro de formación.

Preparar unha oposición é un proceso complexo e longo para o cal hai que estar comprometido e concienciado e onde en moitas ocasións o opositor/a vaise poñer ao límite da súas posibilidades, e por elo en Nós buscamos ofrecer unha formación flexible. Ao longo dos últimos anos acometemos un significativo proceso de transformación das nosas instalacións, trasladándonos a novas sedes máis funcionais e abrindo un segundo centro na cidade da Coruña.

Aparellado a ese proceso, emprendemos un proceso de transformación dixital de todas as aulas e procesos de preparación, de tal xeito que no momento actual calquera persoa pode levar a cabo unha preparación dende calquera parte do mundo a través da nosa aula virtual. 

Para que todo este proceso de preparación sexa exitoso non podemos deixar de mencionar o equipo de administración, que son os que fan posible que todo encaixe e se desenvolva eficazmente ademais de solventar calquera incidencia que poida xurdir. Calquera opositor que teña tido contacto con Nós poderá dar boa conta da eficacia e solvencia das persoas que forman parte deste equipo.

Por qué confiar en Nós Oposición?

Dúas clases de proba

Coñece o noso método de formación da mellor forma posible. Asiste a dúas clases sen comprometerte.

Clases en streaming

Facilitamos a asistencia as nosas clases. Podes participar vía streaming.

Uso de novas tecnoloxías

Accede á nosa app móbil onde poderás facer os test.

Ti escolles cómo formarte

Podes facelo de forma presencial nos nosos centros ou online.

Por qué confiar en Nós Oposición?

Dúas clases
de proba

Coñece o noso método de formación da mellor forma posible. Asiste a dúas clases sen comprometerte.

Clases en
streaming

Facilitamos a asistencia as nosas clases. Podes participar vía streaming.

Uso de novas
tecnoloxías

Accede á nosa app móbil onde poderás facer os test.

Ti escolles
cómo formarte

Podes facelo de forma presencial nos nosos centros ou online.

A nosa forma de traballar

Clases en horario intensivo

As clases de preparación teñen lugar nunha sesión semanal de duración entre 4 e 5 horas. Celébranse en horario de tarde de luns a venres ou os sábados pola mañá.

Período de proba

Ofrecémoslle ao alumnado dúas clases de proba sen ningún compromiso de permanencia. Se transcorridas esas dúas clases o opositor/a considera que a preparación non se adapta ás súas necesidades só ten que comunicárnolo e cursaremos a súa baixa non tendo nada que aboar por esas dúas clases recibidas.

Temario propio actualizado

O alumnado disporá dun temario actualizado a Galicia elaborado polo noso equipo de docentes. Farase unha entrega secuenciada do mesmo considerando os distintos bloques temáticos o que facilitará o seu estudo.

Contidos dixitais

Elaboramos contidos dixitais para facilitar a comprensión do temario. Fai click para ver exemplos. Descúbrelos

Test

Ao longo de cada semana de preparación o opositor/a recibirá un test para que o realice e posteriormente este será corrixido polo preparador/a aclarando as posibles dúbidas que poidan xurdir na resolución do mesmo.

Programación e unidades didácticas

Dispoñemos dun experimentado equipo de docentes especializadas que se encargarán de dotar a cada alumno das estratexias e fundamentos para que poida elaborar unha programación e unhas UDs con identidade propia á vez que fundamentadas e realistas, criterios sempre a ter en conta na elaboración destes documentos.

Supostos prácticos

Ao longo dos meses de formación o alumno/a irá desenvolvendo numerosos prácticos que en convocatorias anteriores foron obxecto de exame tendo en conta os criterios de avaliación que se consideraron para a súa corrección e así deste xeito desenvolver estratexias de resolución eficaces e realistas.

Exames periódicos, defensas e exposicións na aula

Ao longo de toda preparación o alumno terá simulacros das distintas probas da oposición. Así mesmo cara o final da formación establecemos un simulacro no que o alumno fará unha defensa diante dun tribunal externo adquirindo así esta proba un carácter moi significativo na preparación.

Clases complementarias · Lexislación

Calquera docente debe ter un coñecemento exhaustivo e detallado da lexislación educativa que lle permita afrontar con garantías as distintas probas da oposición. Para elo de xeito complementario nas preparacións das distintas especialidades de mestres desenvólvense unhas clases mensuais específicas de lexislación educativa, impartidas por especialistas neste ámbito adaptadas a cada especialidade.

App

Como complemento aos test o alumno/a disporá dun acceso á unha APP que lle permitirá realizar test complementarios de reforzo cando o desexe dende calquera dispositivo móbil. Esta nova ferramenta daralle ao opositor unha oportunidade de acceso á preparación permanente e de fácil acceso, todo elo dun xeito motivador.

Aula Virtual

O alumnado disporá de acceso ao campus virtual, o que lle permitirá ter á súa disposición, entre outras ferramentas, acceso ás clases gravadas durante os 6 días posteriores á súa celebración, contidos complementarios, chats, planificación, novas...

Clases en horario intensivo

As clases de preparación teñen lugar nunha sesión semanal de duración entre 4 e 5 horas. Celébranse en horario de tarde de luns a venres ou os sábados pola mañá.

Ofrecémoslle ao alumnado dúas clases de proba sen ningún compromiso de permanencia. Se transcorridas esas dúas clases o opositor/a considera que a preparación non se adapta ás súas necesidades só ten que comunicárnolo e cursaremos a súa baixa non tendo nada que aboar por esas dúas clases recibidas.

O alumnado disporá dun temario actualizado a Galicia elaborado polo noso equipo de docentes. Farase unha entrega secuenciada do mesmo considerando os distintos bloques temáticos o que facilitará o seu estudo.

Elaboramos contidos dixitais para facilitar a comprensión do temario. Fai click para ver exemplos. Descúbrelos

Ao longo de cada semana de preparación o opositor/a recibirá un test para que o realice e posteriormente este será corrixido polo preparador/a aclarando as posibles dúbidas que poidan xurdir na resolución do mesmo.

Dispoñemos dun experimentado equipo de docentes especializadas que se encargarán de dotar a cada alumno das estratexias e fundamentos para que poida elaborar unha programación e unhas UDs con identidade propia á vez que fundamentadas e realistas, criterios sempre a ter en conta na elaboración destes documentos.

Ao longo dos meses de formación o alumno/a irá desenvolvendo numerosos prácticos que en convocatorias anteriores foron obxecto de exame tendo en conta os criterios de avaliación que se consideraron para a súa corrección e así deste xeito desenvolver estratexias de resolución eficaces e realistas.

 Ao longo de toda preparación o alumno terá simulacros das distintas probas da oposición. Así mesmo cara o final da formación establecemos un simulacro no que o alumno fará unha defensa diante dun tribunal externo adquirindo así esta proba un carácter moi significativo na preparación.
Calquera docente debe ter un coñecemento exhaustivo e detallado da lexislación educativa que lle permita afrontar con garantías as distintas probas da oposición. Para elo de xeito complementario nas preparacións das distintas especialidades de mestres desenvólvense unhas clases mensuais específicas de lexislación educativa, impartidas por especialistas neste ámbito adaptadas a cada especialidade.

Como complemento aos test o alumno/a disporá dun acceso á unha APP que lle permitirá realizar test complemantarios de reforzo cando o desexe dende calquera dispositivo móbil. Esta nova ferramenta daralle ao opositor unha oportunidade de acceso á preparación permanente e de fácil acceso, todo elo dun xeito motivador.

O alumnado disporá de acceso ao campus virtual, o que lle permitirá ter á súa disposición, entre outras ferramentas, acceso ás clases gravadas durante os 6 días posteriores á súa celebración, contidos complementarios, chats, planificación, novas…