Nós Oposicións

Qué preparamos > Estado

Oposicións a

Auxiliar Administrativo/a

Oferta:

OEP 2026

Convocatoria:

Pendente de publicación

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

1450 prazas

Metodoloxía NÓS

icono

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

icono

Simulacros de probas

icono

Aula Virtual

icono

App propia

icono

Temario propio actualizado

icono

Máis de 3500 preguntas tipo test de todo o temario

icono

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Auxiliar Administrativo/a

    icono

    ¡Escríbenos por WhatsApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    Exercicio único: constará das dúas partes que se indican a continuación e que se realizarán conxuntamente, ambas obrigatorias e eliminatorias.

    Primeira parte: consistirá en contestar por escrito un cuestionario dun máximo de 60 preguntas.

    Delas, 30 versarán sobre as materias previstas no bloque I do programa recollido no punto 5 do presente anexo, e 30 serán de carácter psicotécnico dirixidas a avaliar aptitudes administrativas, numéricas ou verbais propias das tarefas desempeñadas polo Corpo Xeral Auxiliar da Administración do Estado; poderán preverse 5 preguntas adicionais de reserva que serán valoradas, pola súa orde, no caso de que se anule algunha das 60 anteriores.

    Segunda parte: consistirá en contestar por escrito un cuestionario dun máximo de 50 preguntas sobre as materias previstas no bloque II do programa recollido no punto 5 do presente anexo; poderán preverse 5 preguntas adicionais de reserva que serán valoradas, pola súa orde, no caso de que se anule algunha das 50 anteriores.

    As preguntas sobre o bloque II relacionadas con Windows e Office estarán referidas, en concreto, ás seguintes versións: Windows 11 e Microsoft 365 versión de escritorio.

    O tempo máximo para a realización deste exercicio será de noventa minutos.

    O cuestionario de ambas partes estará composto por preguntas con respostas alternativas, das cales só unha delas será correcta. Para a súa realización, as persoas aspirantes deberán sinalar na folla de exame as opcións de resposta que estimen válidas de acordo coas instrucións que se faciliten. Todas as preguntas terán o mesmo valor e cada contestación errónea penalizarase descontando un terzo do valor dunha resposta correcta. As respostas en branco non penalizan.

    Non se corrixirán aquelas respostas cuxas marcas non fosen cumprimentadas segundo as instrucións que figurarán no reverso da folla de respostas de exame, e que se inclúen como anexo XI nesta convocatoria, considerándose calquera outra marca como non válida e quedando nese caso a pregunta como non contestada.

    I. Organización pública

    Tema 1

    A Constitución Española de 1978. Características. Os principios constitucionais e os valores superiores. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión.

    Tema 2

    O Tribunal Constitucional. A reforma da Constitución. A Coroa: funcións constitucionais do Rei. Sucesión e rexencia.

    Tema 3

    As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento do Congreso dos Deputados e do Senado. O Defensor do Pobo.

    Tema 4

    O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. A organización xudicial española.

    Tema 5

    O Goberno e a Administración. O Presidente do Goberno. O Consello de Ministros. Designación, causas de cesamento e responsabilidade do Goberno.

    Tema 6

    O Goberno Aberto: concepto e principios informadores. A Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

    Tema 7

    A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

    Tema 8

    A Administración Xeral do Estado. Órganos centrais. Órganos superiores e órganos directivos. Órganos territoriais. Outros órganos administrativos. A Administración do Estado no exterior.

    Tema 9

    A organización territorial do Estado: as Comunidades Autónomas: Constitución e distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. A Administración local: entidades que a integran. A provincia, o municipio e a illa.

    Tema 10

    A organización da Unión Europea. O Consello Europeo, o Consello, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

    Tema 11

    As Leis do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e do Réxime Xurídico do Sector Público. O procedemento administrativo común e as súas fases. A revisión dos actos na vía administrativa: revisión de oficio e recursos administrativos. O recurso contencioso-administrativo. Actividade administrativa impugnable. As partes: capacidade, lexitimación, representación e defensa.

    Tema 12

    A protección de datos persoais e o seu réxime xurídico: principios, dereitos e obrigas.

    Tema 13

    O persoal funcionario ao servizo das Administracións públicas: concepto e clases. Réxime xurídico. O Rexistro Central de Persoal. Programación de efectivos e Oferta de Emprego Público. Selección. Provisión de postos de traballo. Situacións administrativas dos funcionarios.

    Tema 14

    Dereitos e deberes dos funcionarios. A carreira administrativa. Promoción interna. O sistema de retribucións e indemnizacións. Réxime disciplinario. O réxime da Seguridade Social dos funcionarios.

    Tema 15

    O orzamento do Estado en España. Contido, elaboración e estrutura. Fases do ciclo orzamentario.

    Tema 16

    Políticas de igualdade e contra a violencia de xénero. Políticas de igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBI. Discapacidade e dependencia: réxime xurídico.

    II. Actividade administrativa e ofimática

    Tema 1

    Atención ao público: acollida e información á cidadanía. Atención ás persoas con discapacidade.

    Tema 2

    Os servizos de información administrativa. Información xeral e particular á cidadanía. Iniciativas. Reclamacións. Queixas. Peticións.

    Tema 3

    Concepto de documento, rexistro e arquivo. Funcións do rexistro e do arquivo. Clases de arquivo e criterios de ordenación.

    Tema 4

    Administración electrónica e servizos á cidadanía. A información administrativa. Análise das principais páxinas web de carácter público. Servizos telemáticos. Oficinas integradas de atención á cidadanía. Portelo único empresarial. O Punto de Acceso Xeral da Administración Xeral do Estado.

    Tema 5

    Informática básica: conceptos fundamentais sobre o hardware e o software. Sistemas de almacenamento de datos. Sistemas operativos. Nocións básicas de seguridade informática.

    Tema 6

    Introdución ao sistema operativo: o contorno Windows. Fundamentos. Traballo no contorno gráfico de Windows: ventás, iconas, menús contextuais, caixas de diálogo. O escritorio e os seus elementos. O menú inicio. Copilot.

    Tema 7

    O explorador de Windows. Xestión de cartafoles e arquivos. Operacións de busca. Ferramentas «Este equipo» e «Acceso rápido». Accesorios. Ferramentas do sistema.

    Tema 8

    Procesadores de texto: Word 365. Principais funcións e utilidades. Creación e estruturación do documento. Xestión, gravación, recuperación e impresión de ficheiros. Personalización do contorno de traballo.

    Tema 9

    Follas de cálculo: Excel 365. Principais funcións e utilidades. Libros, follas e celas. Configuración. Introdución e edición de datos. Fórmulas e funcións. Gráficos. Xestión de datos. Personalización do contorno de traballo.

    Tema 10

    Bases de datos: Access 365. Principais funcións e utilidades. Táboas. Consultas. Formularios. Informes. Relacións. Importación, vinculación e exportación de datos.

    Tema 11

    Correo electrónico: Outlook 365. Conceptos elementais e funcionamento. O contorno de traballo. Enviar, recibir, responder e reenviar mensaxes. Creación de mensaxes. Regras de mensaxe. Axenda de enderezos.

    Tema 12

    A Rede Internet: orixe, evolución e estado actual. Conceptos elementais sobre protocolos e servizos en Internet. Funcionalidades básicas dos navegadores web.

    Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

    OEP 2026 - 1450 prazas

    Comeza a preparar a oposición de Auxiliar Administrativo/a

      icono

      ¡Escríbenos por WhatsApp!

      icono