Un outono cheo de oportunidades
AVECÍÑASE UN OUTONO CHEO DE NOVIDADES E MOITAS OPORTUNIDADES!!!!
En Nós Oposicións sabemos que un dos teus obxectivos é conseguir unha praza en Ensino, no Sergas ou na Xunta… en Nós, o noso obxectivo é que a consigas! Para iso, a nosa prioridade é ofrecerche a mellor das preparacións para que afrontes os futuros exames de 2026 con garantías.
Estes futuros exames, están agardando por ti e por iso en Nós comezamos unha morea de preparacións neste outono:
🟢 Queres opositar para profesor/a? Pois en Nós iniciamos preparacións en setembro e outubro das especialidades de mestres, secundaria e FP. E tes un período de matrícula reducida 😉
🟢 Queres opositar para o Sergas? Avecíñanse convocatorias e por iso comezamos grupos para Enfermaría, Fisioterapia, Traballo Social, TCAE, Técnico/a en Farmacia, en Imaxe para o Diagnóstico, en Laboratorio, en Hixiene dental, para Auxiliar Administrativo, PSX… E tes a matrícula gratuíta ata o 15 de setembro!!!
🟢 Queres opositar para a Xunta? Nestes finais de 2025 publicaranse unha longa lista de convocatorias e os inicios dos procesos selectivos están fixados ao longo de todo 2026, por iso, comezamos novas preparacións para o Corpo Superior, Corpo de Xestión, Coidadores/as, Subalternos/as, Auxiliar Administrativo, Administrativo e moitos máis… Tamén, con un período de matrícula gratis!!!
Sen dúbida, o 2026 vai ser un ano moi importante no que a procesos selectivos se refire e por iso en Nós comezamos todas estas preparación. AÍNDA ESTÁS A TEMPO, NON O DUBIDES!!!!
Como che dicíamos, o noso obxectivo é que acades unha praza na administración e para iso, poñemos todo o que temos na nosa man para axudarche:
📅 Máis de 20 anos de experiencia na preparación de oposicións.
👩🏫 Un equipo docente con solvencia e ampla experiencia na preparación da oposición que te acompañará e asesorará durante toda a preparación a través de pautas e estratexias de estudo e de organización do tempo.
📚 TEMARIO PROPIO revisado polos nosos docentes e en constante actualización.
🗺️ CLASES PRESENCIAIS, en STREAMING e GRAVACIÓN DAS SESIÓNS. Ademáis, tamén contamos con grupos íntegramente online.
😇 Flexibilidade e transparencia; pagos mensuais e posibilidade de baixa ao final de cada mes.
🔝 Unha formación de garantías refrendada cos resultados acadados polo alumnado Nós ano tras ano.
✅ Para que comprobes en primeira persoa os puntos anteriores, contas con un período de proba, e se ao finalizar este período non continuas, non abonarías nada.
Se queres recibir máis información, o noso equipo de administración está agardando a túa chamada!!
Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344
#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías