Tribunais oposicións ensino 2025
TRIBUNAIS ENSINO 2025
No DOG 102, do 30/05/2025 publícase a Resolución do 21 de Maio de 2025 pola que se nomea e se fan públicos os tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ensino que, como se coñeceu con anterioridade, darán comezo este vindeiro 21 de xuño.
Polo momento, ditos tribunais poden sofrir modificacións, pois os/as presidentes/as terán 5 días hábiles contados dende o luns 2 de xuño (😉) para constituir as vogalías.
Para acceder a dita resolución e consultar a composición dos tribunais, soamente tes que pinchar aquí.
Queda pendente de publicación as sedes onde se realizarán os procesos e confirmación dos horarios das presentacións, primeira e segunda proba do primeiro exercicio de todas as especialidades, que non tardarán moito en publicarse.
Se non eres alumna/o de Nós, pero non te queres perder ningunha novidade do proceso selectivo, poderedes mantervos informados de todas estas novidades nesta páxina web e en todas as nosas redes sociais.
Moito ánimo a todas/os as/os aspirantes!!!!