Nos Oposicións

Qué preparamos > Policía

Oposicións a

Policía Local

Prazo solicitudes

Pechado

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

84 prazas

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
2h30 - 2 veces a semana

Tests

Aula Virtual

Temario propio actualizado

Sesións grabadas

App propia

Comeza a preparar a oposición de Policía Local

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    1º Exercicio: proba de avaliación dos coñecementos

    • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 respostas alternativas cada unha, que serán propostas polo tribunal e deberán amosar o dominio dos contidos do temario que figura como anexo IV desta orde.

    2º exercicio: proba de avaliación do coñecemento da lingua galega

    • As persoas aspirantes que estean en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), estarán exentas da realización desta proba.

    3º exercicio: probas de aptitude física

    • Probas físicas.
      • Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos. As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba son:
        • Homes: 7.40”
        • Mulleres: 8.20”
      • Proba de potencia de tren superior: os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.
        1. Flexións de brazos: Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente. O número mínimo exixible é de 10 flexións.
        2. Suspensión en barra: O tempo mínimo exixido para a superación da proba é de 52 segundos.
      • Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal. As marcas mínimas exixidas (en centímetros) para a superación da proba son:
        • Homes: 210 cm.
        • Mulleres: 185 cm.
      • Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos. As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba son:
        • Homes: 3’30”
        • Mulleres: 4’10”
      • Proba de natación: 25 metros estilo libre. As marcas máximas (en segundos) para a superación da proba son:
        • Homes: 0’24”,
        • Mulleres: 0’28”

    A non superación de calquera das probas na forma indicada dará lugar á eliminación da persoa aspirante.

    4º exercicio: probas psicotécnicas

    5º exercicio: recoñecemento médico

    Tema 1

    O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

    Tema 2

    Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguridade. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

    Tema 3

    Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguridade. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e á liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguridade. Dereito de petición.

    Tema 4

    Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

    Tema 5

    A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

    Tema 6

    O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

    Tema 7

    Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo.

    Tema 8

    Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

    Tema 9

    O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

    Tema 10

    O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

    Tema 11

    O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

    Tema 12

    O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

    Tema 13

    O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias. A organización e o funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno local. Outros órganos municipais.

    Tema 14

    Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

    Tema 15

    A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

    Tema 16

    Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

    Tema 17

    Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade. Funcións da policía local.

    Tema 18

    Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

    Tema 19

    A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

    Tema 20

    A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

    Tema 21

    A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

    Tema 22

    Delitos e delitos leves. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de perfección do delito.

    Tema 23

    Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

    Tema 24

    Delitos contra a Administración pública. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

    Tema 25

    Homicidio e as súas formas. Delitos leves contra as persoas. Delitos e delitos leves contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

    Tema 26

    Delitos contra a seguridade viaria. Delitos leves cometidos con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

    Tema 27

    O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

    Tema 28

    Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención. Contido da asistencia letrada. Dereito do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

    Tema 29

    Lei de seguridade viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

    Tema 30

    Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguridade.

    Tema 31

    Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

    Tema 32

    Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

    Tema 33

    Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

    Tema 34

    Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

    Tema 35

    Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

    Tema 36

    Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e compañeiros. Equipamentos de traballo e atención á cidadanía.

    Tema 37

    Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

    Tema 38

    Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

    Tema 39

    A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

    Tema 40

    Deontoloxía policial. Normas que a establecen. A policía como servizo público.

    Ter a nacionalidade española

    Maior de 18 anos (Eliminado límite de idade)

    Carecer de antecedentes penais

    Estar en posesión do título de Bacharelato ou equivalente (Ciclo Formativo de Grao Medio, Acceso para maiores de 25 anos á universidade ou Proba de acceso a grao superior + ESO)

    Permisos de conducir: A ou A2 e B (Aprobados no momento de presentar a instancia)

    Altura: Homes 1,65 cm e Mulleres 1,60 cm

    Comeza a preparar a oposición de Policía Local

      ¡Escríbenos por WhastApp!