Nós Oposicións

ABERTO PRAZO MATRÍCULA EDUCACIÓN CURSO 25-26

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

Subalternos/as

Prazo solicitudes

Aberto dende o 01/07/2025 ata o 29/07/2025

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

35 Prazas (OEP 2022) Acceso libre

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Tests

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Subalternos/as

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    As probas da oposición consistirán na superación de dous exercicios, ambos eliminatorios e obrigatorios.

    Primeiro exercicio: máximo 120 minutos

    Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das cales vinte (20) corresponderán ao temario da parte xeral e sesenta (60) á parte específica.

    Este cuestionario disporá de cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderan ao temario da parte xeral  e tres (3) á parte específica, e que substituirán as preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.

    O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos.

    A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

    Segundo exercicio: máximo 60 minutos

    Constará de dúas probas:

    – Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

    – Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

    Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 2 ou do título equivalente debidamente homologado.

    Parte común

    Tema 1

    A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II, e capítulo I do título III.

    Tema 2

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.

    Tema 3

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III.

    Tema 4

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

    Tema 5

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.

    Tema 6

    Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, título I, título II: capítulos I e II.

    Tema 7

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

    Parte específica

    Tema 1

    Vixilancia, garda e custodia de centros de traballo e unidades administrativas; o control de accesos, a identificación, a información, a atención e recepción de persoal de visita; conceptos básicos das estruturas orgánicas da Xunta de Galicia e as súas consellerías e principais sedes administrativas; as oficinas de información e atención á cidadanía. A telefonía.

    Tema 2

    Reunións e actuacións de comunicación: preparación de locais e materiais, nocións básicas de protocolo. Conceptos básicos de xestión de anomalías e incidencias nos centros de traballo: as unidades de xestión de infraestruturas administrativas da Xunta de Galicia. Medidas básicas de eficiencia enerxética nos centros de traballo (a iluminación, a calefacción e a refrixeración).

    Tema 3

    Traballos auxiliares de oficina: a reprografía e escaneamento; a guillotinaxe; a grampadura, a tradeadura e a encadernación; a plastificación; a destrución de documentación; o ensobrado e a etiquetaxe. Tipos de papel.

    Tema 4

    Rexistros: o rexistro presencial e o rexistro electrónico: REXEL; a sede electrónica da Xunta de Galicia: calendario e horas oficiais, sistemas de identificación e sinatura, Carpeta cidadá; os suxeitos obrigados. Catálogo de servizos. Chave 365.

    Tema 5

    A documentación administrativa e a súa notificación. A práctica das notificacións administrativas: conceptos básicos das notificacións electrónica e en papel. A notificación infrutuosa.

    Tema 6

    O Servizo postal universal. O Real decreto 437/2024, do 30 de abril, polo que se aproba o Regulamento dos servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 43/2010, do 30 de decembro, do servizo postal universal, dos dereitos dos usuarios e do mercado postal: títulos I e III. Conceptos de usuario do aplicativo GANES.

    Tema 7

    O traslado, o arquivamento e o almacenamento de documentos, expedientes e outros materiais. O almacén de materiais: andeis, colgadoiros e espazos de almacenamento. Os símbolos de risco na almacenaxe. A retirada de residuos e a súa reciclaxe.

    Tema 8

    Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I e III. A prevención de riscos laborais no manexo de materiais e traslado de cargas. Posturas corporais: a prevención de lesións no exercicio das funcións. Aspectos básicos da evacuación de edificios: os plans de actuación ante emerxencias.

    Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de finalización de presentación de solicitudes, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

    Certificado de escolaridade.

    OPE 2022 - 35 prazas

     

    Comeza a preparar a oposición de Subalternos/as

      ¡Escríbenos por WhastApp!