EXAME
08 mar
2025
Prazo solicitudes
Pechado (Prazo do 30/02/2024 ao 26/02/2024).
Sistema Selectivo
oposición
Prazas
13 Prazas (OEP 2021) · 8 Prazas (OEP 2023)
Metodoloxía NÓS
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
1º exercicio
2º exercicio
3º exercicio. (EXENCIÓN CON CELGA 4)
Parte xeral común a todas as especialidades
A Constitución española de 1978: título preliminar, título I artigo 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.
O Estatuto de autonomía de Galicia. Título I, título II e título III da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV capítulo I e capítulo IV e o título V.
Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I, capítulo I.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI capítulos III e IV e título VIII.
Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.
Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, título I, título II: capítulos I, II, III, IV, V e XI. Título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.
Parte específica
O/a educador/a social. Concepto, historia e perfil profesional. Código deontolóxico do/da educador/a social. Funcións e competencias.
A acción socioeducativa. A relación educativa e o suxeito da intervención socioeducativa. Concepto e factores influentes. Técnicas de intervención socioeducativa. A entrevista.
Deseño, implementación e avaliación de programas e proxectos educativos: definición, elementos, xestión e estratexias.
O informe socioeducativo como ferramenta profesional do/da educador/a social. Características e estrutura xeral.
O equipo educativo. Concepto, características, toma de decisións.
O/a menor como suxeito de dereitos: concepto e evolución histórica. Lexislación actual.
Evolución psicolóxica na infancia e adolescencia: estadios e características.
Socialización e desenvolvemento na infancia e na adolescencia. A intervención socioeducativa con menores con necesidades educativas especiais.
Menores en situación de risco e desamparo. Recursos e servizos do sistema de protección de menores. A coordinación entre os distintos servizos: saúde, educación, servizos sociais comunitarios. A coordinación con entidades do terceiro sector.
O apoio e a vinculación afectiva. Concepto, desenvolvemento, consecuencias e pautas educativas.
Maltrato infantil: intervención socioeducativa con menores en situación de abuso e neglixencia. Protocolos de actuación.
Intervención socioeducativa en menores en situación de conflito social. Novas formas de violencia na infancia e na adolescencia: violencia filioparental, acoso escolar, violencia grupal.
Intervención socioeducativa en adiccións na infancia e adolescencia: adiccións con e sen substancias.
Acollemento familiar. Intervención socioeducativa. Acollemento residencial. Intervención socioeducativa. Funcións e obxectivos do acollemento residencial. Elaboración e seguimento do proxecto educativo individual (PEI).
Interculturalidade. Intervención socioeducativa na diversidade cultural. Servizos e recursos.
A calidade de vida das persoas maiores. A intervención socioeducativa con persoas maiores: a atención centrada na persoa. Programas, proxectos e servizos.
Diversidade funcional: conceptualización e características. Intervención socioeducativa. Inclusión educativa e social. Habilidades de interacción social en persoas con síndrome de Down e autismo. Pautas xerais para a elaboración de programas específicos.
Diversidade funcional: os paradigmas de calidade de vida e apoios. Recursos sociais e comunitarios. Elaboración e execución do proxecto socioeducativo individualizado e documentos para o desenvolvemento de programas. Plan individualizado de vida independente (PIVI). Plan de atención individualizado (PAI).
O grupo: concepto e tipoloxías. Conceptos de liderado, estrutura e características. Condución e animación de grupos. Resolución de conflitos. A mediación como recurso.
Animación sociocultural. Estratexias de intervención comunitaria e habilidades sociais.
O enfoque de xénero na intervención socioeducativa. Ferramentas de análises de xénero. Identidades de xénero. Roles de xénero. Desigualdades de xénero. Violencia machista. Estratexias de acción, o empoderamento.
Educación permanente de persoas adultas. Papel da educación de persoas adultas na dinámica social. Canles da educación de persoas adultas, canles de educación institucionalizada.
Os centros de atención para persoas con discapacidade psíquica. Finalidade, composición, funcións, normativa reguladora e dependencia administrativa.
A calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual. A autodeterminación e o desenvolvemento da autonomía e a responsabilidade. O desenvolvemento afectivo-sexual-emocional das persoas con discapacidade intelectual. Pautas xerais para a educación afectivo-sexual-emocional. A intervención coas familias.
O desenvolvemento das habilidades de interacción social nas persoas con discapacidade intelectual en centros educativos e na contorna socio-comunitaria. Aprendizaxe para a xestión do lecer e do tempo libre nestas persoas. Pautas xerais para a elaboración de programas específicos.
Atención temperá en Galicia: protocolos de actuación. Intervención.
Persoas maiores e diversidade funcional.
Servizos sociais comunitarios: servizo de educación e apoio familiar. Marco legal. Definición e obxectivos.
Medidas xudiciais con menores: servizos. Programas. Intervención socioeducativa.
Acoso escolar: protocolos e intervención.
Absentismo escolar: protocolos e intervención.
Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidades de enfermaría e educador social
Título de mestre ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de mestre en educación primaria ou diplomado en educación social, ou primeiro ciclo da titulación de licenciatura en pedagoxía, da titulación de licenciatura en psicoloxía ou da titulación de licenciatura en psicopedagoxía, ou graduado nunha titulación dá rama de ciencias sociais e xurídicas ou da rama de ciencias da saúde equivalente a calquera das anteriores.
OPE 2021 – Do 20 de abril de 2021, Convocatoria do 22 de Xaneiro de 2024 · DOG 20 29/01/2024 – 13 prazas
OPE Extraordinaria – Convocatoria do 27 de decembro do 2022 – 5 prazas concurso-oposición · Corrección de Erros I · Corrección de Erros II
+ OPE Extraordinaria – Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 52 prazas só concurso
OPE 2023 – Do 9 de novembro de 2023, Convocatoria do 22 de Xaneiro de 2024 · DOG 20 29/01/2024 – 8 prazas