Nós Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

Bombeiro/a Forestal

EXAME

15 may

2026

Oferta:

OEP 2024 + OEP 2025

Convocatoria:

DOG 20 do 30/01/2026

Prazo solicitudes

Pechado

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

199 prazas (OEP 2024+2025)

Metodoloxía NÓS

icono

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

icono

Simulacros de probas

icono

Aula Virtual

icono

App propia

icono

Temario propio actualizado

icono

Tests

icono

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Bombeiro/a Forestal

    icono

    ¡Escríbenos por WhatsApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

    O primeiro e segundo exercicios, descritos a continuación, realizaranse de modo simultáneo na mesma sesión. O tempo máximo de duración conxunta de ámbolos dous exercicios será de cento sesenta (160) minutos.

    Primeiro exercicio.

    Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de oitenta (80) preguntas tipo test, das que vinte (20) corresponderán coa parte xeral do programa e sesenta (60) coa parte específica do programa que figura no anexo I da convocatoria.

    O dito exercicio disporá de cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte xeral do programa e tres (3) á parte específica e que substituirán ás preguntas anuladas pola súa orde. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

    Superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por cinco (5) o número de prazas convocadas por esta quenda sempre que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

    O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos.

    Segundo exercicio.

    As persoas aspirantes deberán contestar por escrito un cuestionario de carácter práctico relacionado coas materias que figuran na parte específica do programa que figura no anexo I, cun total de corenta (40) preguntas tipo test, máis tres (3) preguntas de reserva que substituirán ás preguntas anuladas pola súa orde.

    Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

    Superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

    A corrección deste segundo exercicio unicamente se realizará no caso de superar as persoas aspirantes o primeiro exercicio. De non ser así, as persoas aspirantes serán consideradas non avaliables.

    O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dez (10) puntos.

    Terceiro exercicio.

    As persoas aspirantes deberán superar a proba física Field Test, na cal terán que camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas.

    O tempo máximo para a realización do exercicio será de trinta (30) minutos.

    As persoas aspirantes deberán presentarse á realización das probas coa roupa e co calzado que consideren adecuados e cun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar que a persoa aspirante non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico.O referido certificado ou informe deberá estar expedido dentro dos tres (3) meses inmediatamente anteriores á data de realización desta proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

    Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto.

    As persoas aspirantes non poderán correr durante o desenvolvemento da proba. Logo dunha advertencia, o tribunal descualificará a aquelas persoas aspirantes que incumpran esta condición, o cal implicará unha avaliación de non aptitude.

    Cuarto exercicio. As persoas que posúan o Celga 3 ou equivalente estarán exentas de realizar esta proba.

    Constará de dúas probas:

    Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

    Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

    O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

    Parte común

    Tema 1

    A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II e VIII.

    Tema 2

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.

    Tema 3

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

    Tema 4

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

    Tema 5

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.

    Tema 6

    Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, I, II (capítulos I, II e XI), VII e VIII.

    Tema 7

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, título I (sección 1ª do capítulo V e capítulo VIII) e título II.

    Tema 8

    Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.

    Parte específica

    Tema 1

    A defensa contra incendios forestais de Galicia. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

    Tema 2

    O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

    Tema 3

    O Sistema Estrutural de Mando Operativo (Semop).

    Tema 4

    O lume forestal e as súas características. O comportamento do lume.

    Tema 5

    Extinción de incendios forestais. Accións básicas de extinción. Ataque directo e indirecto. O remate dos lumes.

    Tema 6

    A prevención de incendios. Accións de prevención.

    Tema 7

    O equipamento na loita contra incendios. Ferramentas de ataque e prevención. A maquinaria lixeira.

    Tema 8

    A condución dun vehículo todo terreo. A estiba das ferramentas. A condución cara ao lume, aproximación e estacionamento do vehículo.

    Tema 9

    A seguridade do persoal en labores de prevención e extinción. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Equipos de protección. Equipos de Protección Individual.

    Tema 10

    Prevención de accidentes. Situacións en atrapamento. Manobras de autoprotección.

    Tema 11

    As comunicacións na extinción de incendios forestais de Galicia. A rede de radio. O manexo dos equipamentos de comunicación. A recolla inicial de datos. A recolla de datos ao remate do lume. A transmisión de datos dun lume.

    Estar en posesión ou en condición de obter o título de graduado/a en ESO ou equivalente.

    OEP 2024 + OEP 2025 - 199 prazas

    Comeza a preparar a oposición de Bombeiro/a Forestal

      icono

      ¡Escríbenos por WhatsApp!

      icono