Nos Oposicións

Qué preparamos > Xunta de Galicia

Oposicións a

A1 Corpo superior de Xestión

Oferta:

OPE 2022 + OPE 2023

Convocatoria:

Pendente de publicación

Sistema Selectivo

oposición

Prazas

40 prazas · OPE 2022 + 2023

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Máis de 3500 preguntas tipo test de todo o temario

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de A1 Corpo superior de Xestión

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 220 minutos
    • Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento oitenta (180) preguntas tipo test, relacionado co anexo do programa.
    • O exercicio dividirase en dúas partes:
      • A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cincuenta (50) preguntas da parte xeral-Bloque I. O exercicio dispoñerá de tres (3) preguntas de reserva.
      • A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico e práctico de cento trinta (130) preguntas da parte xeral-Bloque II, das que cen (100) preguntas serán de contido teórico e trinta (30) preguntas serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.
    • O exercicio dispoñerá de seis (6) preguntas de reserva, das que dúas (2) serán sobre un suposto práctico.
    • O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

    2º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: Máximo 4 horas
    • Consistirá en desenvolver por escrito dous (2) temas, que se elixirán entre catro (4), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido da parte específica do programa que figura como anexo I da convocatoria, da seguinte maneira:
      • Un (1) tema a elixir entre dous (2) obtidos por sorteo dos correspondentes aos bloques I, II e III.
      • Un (1) tema a elixir entre dous (2) obtidos por sorteo dos correspondentes aos bloques IV e V.
    • O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para alcanzar esta puntuación mínima.
    • O tribunal cualificará o exercicio valorando os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

    3º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)

    • Tempo: 60 minutos
    • Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
    • Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego ao castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
    • Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega #de acordo con o nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

    Parte xeral- Bloque I

    Tema 1

    Constitución española do 27 de decembro de 1978.

    Tema 2

    Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional.

    Tema 3

    Lei orgánica 3/1981, do Defensor do Pobo.

    Tema 4

    Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas.

    Tema 5

    Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno.

    Tema 6

    Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

    Tema 7

    Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia.

    Tema 8

    Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.

    Tema 9

    Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Defensor do Pobo de Galicia.

    Tema 10

    Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.

    Tema 11

    Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

    Tema 12

    Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

    Tema 13

    Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.

    Parte xeral- Bloque II

    Tema 1

    Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

    Tema 2

    Lei 5/2011, do 30 de setembro do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (títulos preliminar a V).

    Tema 3

    Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

    Tema 4

    Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

    Tema 5

    Real decreto 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

    Tema 6

    Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

    Tema 7

    Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

    Tema 8

    Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Títulos II e IV.

    Tema 9

    Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V sección 1ª e capítulo VIII do título I e título II.

    Tema 10

    Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

    Tema 11

    Lei 9/2017, de contratos do sector público. Libros I e II.

    Tema 12

    Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

    Tema 13

    Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

    Parte específica - Bloque I: Teoría xeral do dereito e dereito administrativo xeral.

    Tema 1

    As fontes de dereito: teoría xeral e regulación no Código civil. Articulación do sistema de fontes: principios de xerarquía e competencia.

    Tema 2

    O dereito obxectivo. As normas xurídicas; caracteres, estrutura e clases. Interpretación, aplicación e eficacia das normas xurídicas.

    Tema 3

    O tempo no dereito obxectivo: ámbito temporal das normas. O tempo en relación cos dereitos subxectivos e as accións: prescrición e caducidade. Cómputo do tempo. Eficacia espacial das normas.

    Tema 4

    A persoa como suxeito do dereito. A personalidade xurídica. Persoas físicas: adquisición e perda da personalidade. Capacidade de obrar. As persoas xurídicas.

    Tema 5

    O dereito civil galego. A Lei de dereito civil de Galicia. Principais institucións do dereito civil galego.

    Tema 6

    As fontes do dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos.

    Tema 7

    O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

    Tema 8

    O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

    Tema 9

    A relación xurídico-administrativa: concepto e suxeitos da relación xurídico-administrativa. As administracións públicas. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pasivas: situación de suxeición e deber do administrado.

    Tema 10

    O principio de legalidade da Administración: a súa construción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionales. O control da discrecionalidade: en especial, o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

    Tema 11

    O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

    Tema 12

    A atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

    Tema 13

    A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos.

    Tema 14

    Actos administrativos en particular: a licenza, autorización ou permiso; réxime xurídico. Referencia á concesión e as súas clases.

    Tema 15

    O servizo público. Formas de xestión dos servizos públicos. Xestión directa e indirecta.

    Tema 16

    A expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: a repartición competencial. Suxeitos, obxecto e causa da expropiación. O procedemento expropiatorio xeneral. Particularidades do procedemento de urxencia. A reversión do ben expropiado. Garantías do expropiado. O Xurado de Expropiación Forzosa de Galicia.

    Tema 17

    As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración: particularidades e réxime común cos bens demaniais. O dominio público: concepto, natureza xurídica, elementos e réxime xurídico.

    Tema 18

    O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Utilización e aproveitamento do patrimonio. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.

    Parte específica - Bloque II: Unión Europea.

    Tema 1

    A Unión Europea tras o Tratado de Lisboa: o Tratado da Unión e o Tratado de funcionamento da Unión. As cooperacións reforzadas.

    Tema 2

    A organización da Unión Europea I: o Consello Europeo, o Consello e a Comisión Europea. Composición e funcións. O procedemento decisorio. A participación dos Estados membros nas diferentes fases do proceso.

    Tema 3

    A organización da Unión Europea II: o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea. O Tribunal de Contas. O Banco Central Europeo.

    Tema 4

    O orzamento comunitario. Os fondos estruturais. A cohesión económica e social.

    Tema 5

    As fontes do dereito da Unión Europea. Dereito orixinario. Dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes. As relacións entre o dereito da Unión Europea e o ordenamento xurídico dos Estados membros.

    Parte específica - Bloque III: Dereito autonómico xeneral e dereito local.

    Tema 1

    A Administración xeral do Estado. A súa organización e funcionamento: órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados e os subdelegados do Goberno nas comunidades autónomas.

    Tema 2

    O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Goberno e Administración: control dos actos políticos.

    Tema 3

    O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española. O Ministerio Fiscal.

    Tema 4

    A Administración institucional. Entidades que a integran: os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As axencias.

    Tema 5

    A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

    Tema 6

    A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o estatuto no sistema constitucional; estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o estatuto como norma subordinada á Constitución; posición do estatuto respecto a as demais normas do Estado e da comunidade autónoma.

    Tema 7

    Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

    Tema 8

    A interpretación do estatuto. A súa reforma; a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

    Tema 9

    As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ao Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de peche do artigo 149.3. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade.

    Tema 10

    As competencias exclusivas. As competencias normativas: as leis da comunidade autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.

    Tema 11

    A concorrencia normativa entre o Estado e a comunidade autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estrutura da normativa básica; a relación basees-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas.

    Tema 12

    A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da comunidade autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.

    Tema 13

    A colaboración entre o Estado e a comunidade autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial, as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da comunidade autónoma.

    Tema 14

    Conflitos constitucionais entre órganos do Estado. Conflitos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

    Tema 15

    O municipio: organización e competencias. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais.

    Parte específica - Bloque IV: Dereito administrativo especial.

    Tema 1

    Organización territorial. Competencias da Xunta de Galicia en materia de réxime local. Lexislación galega vixente en materia de réxime local.

    Tema 2

    Orde e seguridade cidadá: competencias da Xunta de Galicia; réxime xeral. A Policía de Galicia. As policías locais; a súa coordinación. Competencias da Xunta de Galicia en materia de protección civil, emerxencias, xogos e apostas.

    Tema 3

    A planificación económica de Galicia. A intervención administrativa en materia de institucións de crédito.

    Tema 4

    A Administración e o medio ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. Avaliación de impacto ambiental e réxime dos residuos. Os espazos naturais protexidos. A caza e a pesca fluvial. Competencias da Xunta de Galicia.

    Tema 5

    Ordenación do territorio. O deseño competencial na materia. Réxime urbanístico do chan. Clasificación. Plans de ordenación.

    Tema 6

    Acción administrativa en relación coa vivenda. Competencias da Xunta de Galicia. O Instituto Galego da Vivenda e Chan. Normativa autonómica en materia de vivenda.

    Tema 7

    As obras públicas: competencias da Xunta de Galicia. Estradas: competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico xeneral. Transportes: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico xeneral.

    Tema 8

    Augas terrestres. Competencias da Xunta de Galicia. O dominio público hidráulico. Utilización de dominio público hidráulico.

    Tema 9

    Costas. Competencias da Xunta de Galicia. Delimitación, protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre. Os portos. Competencias da Xunta de Galicia.

    Tema 10

    O comercio interior. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. Réxime xurídico da actividade comercial en Galicia.

    Tema 11

    A intervención administrativa en materia de consumo. O Estatuto galego do consumidor e usuario.

    Tema 12

    Investigación, desenvolvemento e innovación. A intervención administrativa no sector industrial e enerxético. Minas. Competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime de explotación.

    Tema 13

    A Administración da Xunta de Galicia e o ensino. Competencias da Xunta de Galicia. O sistema educativo. Os centros docentes. A autonomía universitaria. O sistema universitario galego.

    Tema 14

    A sanidade pública. Competencias da Xunta de Galicia e servizos traspasados. A ordenación sanitaria e farmacéutica de Galicia. O Servizo Galego de Saúde: organización e competencias.

    Tema 15

    A cultura. Competencias da Xunta de Galicia. O Consello da Cultura Galega. O patrimonio histórico-artístico. Arquivos, bibliotecas e museos. O turismo. Competencias da Xunta de Galicia.

    Tema 16

    Traballo e emprego. Delimitación de competencias estatais e autonómicas. Cooperativas. Competencias da Xunta de Galicia.

    Tema 17

    Servizos sociais. Infancia; familia; maiores; dependentes.

    Tema 18

    Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos. A normativa reguladora do procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.

    Tema 19

    Políticas públicas para a igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

    Tema 20

    Acción administrativa en materia de agricultura e gandería. Competencias da Xunta de Galicia. Estruturas agrarias. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.

    Tema 21

    Os montes: disposicións xerais e competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime xurídico dos montes. Xestión, conservación e protección forestal. A prevención de incendios forestais. Os montes veciñais en man común.

    Tema 22

    Pesca, marisqueo e cultivos mariños. Competencias da Xunta de Galicia. Ordenación xurídica e réxime das sancións.

    Tema 23

    As telecomunicacións: o seu réxime xurídico. Especial referencia á radio e á televisión; a Compañía de Radio Televisión de Galicia. A emigración. Os deportes.

    Parte específica - Bloque V: Dereito orzamentario e dereito tributario, laboral e Seguridade Social.

    Tema 1

    O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.

    Tema 2

    A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A función interventora.

    Tema 3

    Xestión dos gastos de persoal: retribucións dos empregados públicos. Pagamento e liquidación. Os gastos de clases pasivas.

    Tema 4

    Xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento da obrigación. Pago. Control dos gastos contractuais.

    Tema 5

    Xestión dos gastos de transferencias. Xestión das subvencións.

    Tema 6

    O sistema tributario español. O imposto. Concepto, clases, principios e efectos. Os impostos directos: concepto, caracteres e clases. Os impostos indirectos: conceptos, caracteres e clases.

    Tema 7

    Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

    Tema 8

    Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigacións dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

    Tema 9

    O dereito do traballo. A súa especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. O principio de xerarquía normativa. Os convenios colectivos de traballo. Concepto e natureza. Réxime xurídico. Partes. Procedemento. Contido.

    Tema 10

    O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico.

    Tema 11

    Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo.

    Tema 12

    Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

    Tema 13

    Réxime de representación de persoal. Órganos de representación.

    Tema 14

    Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.

    Estar en posesión ou en condición de obter título universitario oficial de grao. Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de licenciatura, enxeñería, arquitectura ou equivalente.

    Comeza a preparar a oposición de A1 Corpo superior de Xestión

      ¡Escríbenos por WhastApp!