Prazo solicitudes
Aberto dende o 29/08/2025 ata o 30/09/2025
Sistema Selectivo
concurso • oposición
Prazas
57 Prazas (OPE 2023+2025)
Metodoloxía NÓS
Fase de oposición (máximo 60 puntos):
1º Exercicio (eliminatorio)
Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:
2º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio)
3º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio)
Fase de concurso (máximo 40 puntos):
Os méritos para ter en conta na fase de concurso deste proceso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Temario común
A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.
Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración pública galega.
A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
A Lei de saúde de Galicia: o Sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.
O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.
Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.
Temario específico
Política social e Estado de benestar en España e no marco da Unión Europea. Contexto normativo dos servizos sociais: Constitución española e Estatuto de autonomía de Galicia. A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Concepto de saúde e a súa evolución. Concepto de saúde-enfermidade e calidade de vida. Definición da OMS. Declaración de Alma-Ata. Declaración de Iacarta sobre promoción da saúde. Determinantes sociais e factores psicosociais de impacto na saúde. Novas necesidades sociais sanitarias. Obxectivos de desenvolvemento sustentable: Axenda 2030.
Carteira de servizos comúns do Sistema nacional de saúde e procedemento para a súa actualización, segundo o Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro: obxecto, criterios, características, actualización da carteira servizos e carteira de servizos comúns de saúde pública, de atención primaria e de atención especializada. Universalidade e Asistencia Sanitaria. Real decreto lei 7/2018, do 27 de xullo. Titulares do dereito á saúde e a atención sanitaria.
Plan de Saúde de Galicia 2030. Obxecto. Misión. Plans de prioridades e estratexias de saúde.
O cambio climático e o impacto na saúde. Observatorio de Saúde e cambio climático. O entorno rural e o enfoque ecosocial en saúde. A contorna social e ecolóxica e os servizos de proximidade como recursos de impacto na saúde. A equidade na saúde e nos servizos atendendo a distribución territorial.
A Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica. Os principios básicos da relación asistencial: dereitos de información sanitaria, confidencialidade, intimidade, consentimento e o respecto da autonomía.
Estratexia galega de seguridade e calidade asistencial 2024-2028. Calidade no Sistema nacional de saúde. Métodos de avaliación da calidade. A mellora continua. Programas de calidade: deseño e implantación. Normativa ISO.
Metodoloxía da investigación básica e investigación aplicada: cuantitativa, cualitativa e mixta. IAP (Investigación-acción-participación). Estudos descritivos e analíticos. Estudos de procesos e resultados. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Referencias bibliográficas.
A Atención primaria de saúde. Concepto e funcións. Marco estratéxico para a atención primaria e comunitaria. Documento estratéxico e de xestión por unha AP vertebradora do sistema de saúde (2019). Estratexias e programas de atención primaria (crónicos, inmobilizados, muller, neno/a, saúde mental, paliativos...). O Programa de atención en domicilio e a visita domiciliaria en traballo social de atención primaria. Coordinación co equipo, cos servizos sociais comunitarios e cos diferentes dispositivos do sistema. Carteira de servizos de traballo social de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.
Traballo social hospitalario. Servizos de traballo social. Estrutura orgánica e servizos de traballo social. Competencias e ámbitos de intervención do traballo social sanitario. Traballo por programas, plans de intervención social sanitaria, coordinación interprofesional (intra e extra hospitalaria) planificación da alta e derivación ou continuidade asistencial. A atención nos servizo de urxencias: o traballo social sanitario no servizos de urxencias de saúde.
O Comisionado da Saúde Mental do Ministerio de Sanidade. Funcións. A saúde mental en Galicia: regulación e organización. Principais características diagnósticas. Influencia dos factores psicosociais na saúde mental e a intervención de traballo social sanitario.
A rehabilitación das persoas con enfermidade mental e a mellora da calidade de vida. A reinserción laboral e social. Prevención de estigma. Programas de saúde mental comunitaria.
Plan de saúde mental de Galicia: misión e valores. Obxectivos e eixes de acción e proxectos. Programas sociosanitarios en saúde mental dirixidos ás persoas con trastorno mental grave. Plan de prevención do suicidio en Galicia; liñas estratéxicas.
Saúde mental infantoxuvenil. Principais trastornos e riscos de saúde mental. A prevención dos problemas de saúde mental (Guía de saúde infantil). A intervención de traballo social nas unidades de saúde mental infantoxuvenil. Prevención de condutas aditivas (drogas, tecnoloxía, trastornos de alimentación e outros).
Hábitos aditivos. Novas adiccións. Factores psicosociais. Programas de atención aos trastornos aditivos. Prevención, tratamento, rehabilitación e reinserción. Impacto diferencial das drogas en homes e mulleres. Traballo social sanitario nos distintos programas.
Saúde pública e equidade en saúde. Determinantes sociais. Programas e liñas de acción. Modelos de Saúde Pública, Saúde Comunitaria e Promoción da saúde. Cribados poboacionais. Enfermidades infectocontaxiosas e impacto social. Programa galego de prevención e control da tuberculose. Plan de obesidade zero en Galicia.
As asociacións de persoas doentes e familiares. Dano cerebral, alzhéimer, enfermidades raras, oncolóxicas. A responsabilidade social corporativa (RSC) e a humanización no sistema sanitario. O traballo social ante este ámbito de traballo. O terceiro sector no eido da saúde. A función de coordinación do traballo social con movementos e grupos de interese na comunidade.
Os coidados sociais. Persoas coidadoras. Perfil e tipoloxía de coidados. Impacto de coidado e riscos. Maltrato á persoa doente, neglixencia en relación co coidado, maltrato á persoas coidadoras, sobrecarga e/ou claudicación familiar. A figura da persoa coidadora como obxecto de atención do traballo social sanitario.
Aproximación conceptual do traballo social. Definición internacional do traballo social (FITS 2014). Os catro paradigmas básicos segundo Howe. Estruturalismo, humanismo, funcionalismo e interpretativismo. As teorías de influencia no traballo social. Relación teoría e práctica.
Concepto e modelos de intervención en traballo social: psicodinámico, modificación de conduta, intervención en crise, centrado na tarefa, centrado na persoa, xestión de casos, sistémico e critico radical. Traballo social clínico: definición e enfoque terapéutico.
O proceso metodolóxico en traballo social. Estudo-investigación, diagnóstico, planificación, execución e avaliación. A relación entre as fases e unidade do proceso. A planificación en traballo social: plan, programa e proxectos sociais sanitarios. Fontes de recollida de datos e información.
Ética e traballo social. Principios e valores éticos do traballo social e da práctica profesional. Aporte da perspectiva feminista á ética (Xustiza social e ética do coidado, a autonomía en relación coa dependencia e interdependencia, imparcialidade versus valores persoais...). O código deontolóxico en traballo social. Conflitos e dilemas éticos na práctica profesional e o papel dos comités de ética Consello de bioética. Comités de intervención social. Comités de ética asistencial).
Traballo social sanitario en España. A atención social na saúde na Lei 14 /1986, do 25 de abril, xeral de sanidade. Obxectivos e Carteira de servizos (valoración social do risco, diagnóstico social, plan de intervención social sanitario, coordinación sociosanitaria, planificación da alta hospitalaria, tratamento social sanitario, programas de intervención social sanitaria, planificación de coidados sociais, información-orientación de dereitos de recursos, xestión de caso complexo, informes de traballo social para procedementos sanitarios, informes de medidas de apoio xudiciais e outras) xefaturas de Servizo e Xestión dos servizos de traballo social sanitario. Participación en comisións de saúde (ética, humanización, paliativos, ELA, violencia contra a muller, atención ao dó perinatal e outras)
Modelos de xestión social sanitaria. O modelo de atención centrado na persoa (ACP). A xestión por complexidade social sanitaria. A introdución da perspectiva de xénero na valoración social e na xestión dos casos. A xestión por procesos asistenciais integrados.
As técnicas para o traballo. A entrevista como relación terapéutica, como técnica e como proceso. Fases na entrevista e elementos que interfiren. A supervisión na entrevista. A importancia da supervisión na práctica clínica.
Sistemas de información en traballo social sanitario e soportes documentais específicos. Os cambios producidos polas tecnoloxías dixitais. Historia social, informe social e informe social unificado. (ISU): definición e obxectivos. Escalas de medición (Barthel, Lawton, Gijón, Zarit, Duke, Mos, Pfeiffer, Valoración sociofamiliar TSO).
O traballo en equipo de saúde. Técnicas de traballo en equipo. Conceptos básicos. Interprofesionalidade, multidisciplinariedade, interdisciplinariedade e transdisciplinariedade. A atención integral e integrada. A importancia da formación interdisciplinaria e docencia en diferentes colectivos profesionais.
O traballo social individualizado. Evolución histórica da intervención individual. Natureza, filosofía, valores e principios. Principais modelos na intervención individual. Conceptos claves, procedemento de intervención e técnicas.
O traballo social familiar. Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia. Familia. Concepto e tipos. Os novos tipos de familia. Ciclos, crises e rupturas. A familia con multiproblemas. O enfoque sistémico na intervención con familias: conceptos claves. A estrutura e a dinámica familiar. Xenograma, mapa de relacións e ecomapa. Os ciclos vitais.
O apoio social como protección da saúde. Impacto da falta de rede social na saúde. Funcións da rede social. A participación social e comunitaria como activo de saúde. O papel do voluntariado na saúde.
Traballo social de grupo en saúde. Tipos de grupos. Elementos estruturais do grupo. Etapas da vida do grupo. Liderado-Comunicación-Conflito e negociación no grupo. As dinámicas de traballo no grupo. Os grupos en saúde: obxectivos e papel do/da traballador/a social dinamizador/a do grupo.
Emerxencias: concepto e tipos (individual-familiar, colectiva e grande emerxencia-catástrofe). Contemplación da atención social e sanitaria nas leis do Sistema nacional de protección civil (2015, 1985). O traballo social en emerxencias sociais: A xestión da crise e do impacto social. Apoio psicosocial ás vítimas, a familiares e á poboación, coordinación de grupos de profesionais, voluntariado, xestión de plans de intervención social e comunitarios, coordinación e traballo en rede con entidades e recursos comunitarios, atención ao dó e medidas de autocoidado fronte ao impacto.
Saúde e comunidade. Estratexia galega de saúde comunitaria en atención primaria 2023-2027. Medidas organizativas e mecanismos de coordinación comunitaria (consello de saúde, mesas de coordinación, programas de intervención comunitaria e de participación social). Fases metodolóxicas do traballo coa comunidade: análise da comunidade, diagnóstico participativo, elaboración do proxecto de intervención, negociación e implementación, avaliación continua e final. Plans locais de saúde. Traballo social comunitario en atención primaria e niveis de intervención: individual e familiar, grupal e colectivo con accións comunitarias na saúde.
Atención sociosanitaria. Definición e Contexto normativo como prestación especializada de saúde. A Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema nacional de saúde e a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Plan marco de atención sociosanitaria de Galicia. Perfís e ámbitos de atención sociosanitaria. Traballo social sanitario na xestión e na coordinación sociosanitaria.
Atención paliativa a pacientes terminais e con enfermidade avanzada. Características. Os coidados paliativos en persoas adultas e en menores de idade. Lei 5/2015, do 26 de xuño, de garantías e dereitos das persoas enfermas terminais. O traballo social sanitario ao final da vida (acompañamento, apoio psicosocial, planificación de coidados, atención á despedida e cumprimento de desexos e preferencias, instrucións previas, recursos de apoio...).
O proceso de dó. Factores, fases e etapas. Tipos de dó. Intervención do traballo social coa persoa e coa súa rede de apoio no proceso de final da vida e a atención ao dó (familia e rede informal).
Pacientes con procesos crónicos e cronicidade. Estratexia galega para a atención a persoas en situación de cronicidade. Pacientes pluripatolóxicas/os e Plan de atención integrada a doentes con enfermidade crónica. Plan de atención á cronicidade. Intervención do traballo social sanitario na atención integral á cronicidade.
O proceso de envellecemento saudable e prevención da fraxilidade. Promoción do bo trato e prevención do idadismo. Soidade non desexada. Dereitos das persoas maiores e detección dos malos tratos. Papel do traballo social sanitario neste proceso.
Diversidade funcional e dependencia. Conceptos. A Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Normativa estatal e autonómica de desenvolvemento. O Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema de autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. Criterios para avaliar as situacións de emerxencias e urxencias sociais.
Planificación de decisións anticipadas: Documento de instrucións previas. Evolución e normativa. Perspectiva ética, xurídica e asistencial. Contido e modalidades de xestión do documento de instrucións previas. Unidades habilitadas e Rexistro Galego de Instrucións Previas (Regaip). Funcións do traballo social sanitario. A Lei orgánica 3/2021, do 24 de marzo, de regulación da eutanasia: supostos, procedemento e papel do traballo social sanitario na prestación de axuda a morrer.
A toma de decisións. Información, autonomía, capacidade de decisión e medidas de apoio segundo a Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica. Procedementos de comunicación á Fiscalía e ao xulgado e solicitude de medidas de apoio xudiciais dende a perspectiva dos desexos e preferencias da persoa e a protección persoal e patrimonial. Autorizacións de ingreso non voluntario e comunicacións de cambios na situación da capacidade.
Movementos migratorios: a poboación migrante con necesidades de atención social e sanitaria. Papel da iniciativa social. Titulares do dereito sanitario segundo Lei 8/2008, de 10 de xullo, de saúde de Galicia. O traballo social neste contorno.
Pobreza e saúde. Concepto. Determinantes das desigualdades sociais en saúde. Estratexia nacional de prevención e loita contra a pobreza. O papel do Terceiro Sector de Acción Social e a loita contra a exclusión. Estratexia de inclusión social de Galicia 2023/30. Colectivos en situación de vulnerabilidade e exclusión social. O senfogarismo. Intervención do traballo social sanitario con persoas en grave exclusión social.
A saúde na infancia e na adolescencia. Coidados sociais desde o nacemento. Factores de risco psicosocial e familiar. Prevención e detección do maltrato e abuso infantil e algoritmo de intervención asistencial. Guía de saúde infantil de Galicia e Protocolo común de actuación sanitaria fronte á violencia na infancia e adolescencia do Ministerio de Sanidade (2023). Intervención de traballo social na promoción do bo trato, da saúde e dos dereitos na infancia.
Programas de prevención e protección á infancia. Embarazo de risco e prevención do maltrato infantil. Protocolo ante a detección do risco de maltrato e desamparo. Adopción e acollemento. Lei orgánica 8/2021, de protección integral á infancia e adolescencia fronte a violencia. Definición de violencia durante a infancia e a adolescencia e dereitos fronte á violencia. Deber de comunicación de situacións de violencia. Sensibilización, prevención e detección precoz: estratexias de erradicación da violencia, niveles e ámbitos de actuación (ámbito sanitario, de servizos sociais, educativo, de deporte e lecer, ámbito familiar, corpos e forzas de seguridade do Estado, protección de datos e centros de atención a menores).
Atención temperá. Concepto. O Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a rede galega de atención temperá. Catálogo de servizos e prestacións de apoio en atención temperá. Procedemento de acceso, coordinación e derivación interinstitucional en atención temperá. Intervención dende o traballo social sanitario. Consello Autonómico e comisión técnica da Atención Temperá.
Atención á saúde da muller en situación de vulnerabilidade. A violencia de xénero. Concepto, magnitude do problema e causas. Consecuencias da violencia machista para as mulleres e os seus fillos e fillas. Modelos que explican a permanencia da muller nas situacións de violencia. A entrevista de detección e valoración. O cribado da violencia de xénero e procedemento de intervención en saúde. As profesionais do traballo social na detección e valoración do risco, elaboración de plans personalizados de atención e seguridade para as mulleres, axentes na coordinación e mobilización de recursos.
Normativa autonómica de prevención e tratamento da violencia de xénero. Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Protocolos de actuación. Conceptualización, tipos de violencia e principios. Medidas de protección e asistencia fronte á violencia de xénero (sanitarias, xurídicas, de apoio e protección, escolares, de emprego...) Protocolos de actuación. Equipamentos, programas e recursos. A Resolución de 2 de decembro de 2021, da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, pola que se publica o Acordo relativo á acreditación da violencia contra as situacións de violencia de xénero.
Os centros de planificación familiar. A saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos desde a perspectiva da muller. Definición e evolución. Programas de educación dirixidos á mocidade, programas de atención ao embarazo, parto e puerperio ou maternidade e atención ao climaterio. A Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Medidas sanitarias e Estratexia nacional de saúde sexual e reprodutiva. Áreas de actuación de traballo social nos servizos de planificación familiar: maternidade-paternidade responsable, os métodos anticonceptivos, prevención das ETS, interrupción voluntaria do embarazo.
Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbiana, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. Atención ás orientacións e identidades sexuais e expresións de xénero. A educación sexual.
Título de Diplomado universitario en Traballo Social ou Grao en Traballo Social.
OEP 2023 + OEP 2025 - 57 prazas