Prazo solicitudes
Prazo finalizado
Sistema Selectivo
concurso • oposición
Prazas
121 prazas (OPE 2023)
Metodoloxía NÓS
PROCESO SELECTIVO (segundo a última convocatoria)
Fase de oposición (máximo 60 puntos)
1º Exercicio (eliminatorio):
2º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):
3º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):
Fase de concurso (máximo 40 puntos)
Os méritos para ter en conta na fase de concurso deste proceso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Parte común
A Constitución española. Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.
Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.
O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS.
Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.
Parte específica
Principios fundamentais da bioética: aspectos éticos do traballo do/da técnico especialista en laboratorio. O secreto profesional: concepto e regulación xurídico.
Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Avaliación da calidade: estrutura, proceso e resultado aplicado á unidade. Servizo de laboratorio. Sistemas de control da calidade internos e externos: protocolos de traballo, indicadores de calidade, desviacións do proceso analítico. Avaliación da calidade: auditorías. Mellora continua da calidade do proceso analítico. Normalización e certificación de calidade. Normas de calidade en laboratorios de ensaio.
Metodoloxía de investigación. Técnicas cuantitativas e cualitativas. Fuentes de datos. Estudos descritivos e analíticos en laboratorio. Estudos de proceso e resultado. O papel do/da técnico especialista.
Epidemioloxía e método epidemiolóxico. Epidemioloxía das enfermidades transmisibles. Infección nosocomial: barreiras hixiénicas. Consecuencias das infeccións nosocomiais. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.
Asepsia e esterilización. Concepto de sepse, antisepsia, esterilización e desinfección. Manexo de materiais estériles. Risco no uso de substancias químicas. Efectos tóxicos dos disolventes orgánicos.
Programas de mantemento de equipamentos e material da unidade/servizo. Xestión do almacenamento, distribución, controis de existencias e reposición do material utilizado na unidade/servizo.
Documentación que manexa o técnico de laboratorio: criterios para cubrila. Circuítos da información. Atención ao paciente: requisitos de preparación, información sobre as probas analíticas e a recollida de mostras.
Mostras biolóxicas humanas: substancias analizables. Determinación analítica. Recollida, conservación e transporte de mostras para o seu procesamento. Características xerais destas. Normas de seguridade no manexo. Equipamentos e reactivos. Criterios de exclusión e rexeitamento das mostras.
Microscopios: fundamentos, propiedades ópticas e elementos. Tipos de microscopia: campo luminoso, campo escuro, luz ultravioleta, fluorescencia, contraste de fase e de transmisión electrónica.
Sangue: composición e fisioloxía. Fisioloxía e metabolismo eritrocitario: reconto hemacías, anormalidades morfolóxicas eritrocitarias, metabolismo do ferro e a hemoglobina. Patoloxías do sistema eritrocitario: alteracións cuantitativas e cualitativas, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.
Fisioloxía e morfoloxía do sistema leucocitario: reconto e clasificación dos leucocitos, técnicas histoquímicas e inmunolóxicas de identificación leucocitaria. Patoloxías do sistema leucocitario: alteracións cuantitativas e cualitativas, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.
Fisioloxía e morfoloxía das plaquetas: reconto e alteracións morfolóxicas das plaquetas. Patoloxías do sistema plaquetario: alteracións cuantitativas e cualitativas, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.
Fisioloxía e morfoloxía da coagulación: mecanismo de coagulación, fibrinolise, métodos e instrumentos para a análise da formación e destrución do coágulo, alteracións da hemostasia, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento de alteracións da hemostasia.
Inmunoloxía celular: antíxeno e anticorpo. Reacción antíxeno-anticorpo e síntese de anticorpos. Sistemas do complemento. Antíxenos de histocompatibilidade. Mecanismos da resposta inmune.
Antíxenos e anticorpos eritrocitarios, leucocitarios e plaquetarios. Sistema ABO. Sistema Rh. Outros sistemas. Compatibilidade eritrocitaria entre doador e receptor. Técnicas de fraccionamento, separación e conservación de hemoderivados.
Microbioloxía: características diferenciais de bacterias, fungos, parasitos e virus. Técnicas de observación. Tipos de tinguiduras.
Características do crecemento dos microorganismos. Medios de cultivo para crecemento e illamento primario. Características e clasificación dos medios de cultivo. Técnicas de inoculación, illamento e recontos celulares bacterianos.
Características dos microorganismos implicados en procesos infecciosos: cocos gram positivos e gram negativos. Bacilos gram positivos e gram negativos. Aerobios e anaerobios. Micobacterias: medios de cultivo e identificación. Patoloxía e tipos de tuberculoses: probas de laboratorio.
Probas de sensibilidade aos antimicrobianos: tipos, interpretación. Concepto de resistencia antibacteriana. Probas de dilución e sensibilidade por dilución.
Micoloxía: clasificación, illamento e exame dos fungos. Diagnóstico micolóxico de laboratorio. Parasitoloxía e métodos de identificación.
Viroloxía: métodos de cultivo e identificación. VIH ou sida. Patoxenia. Diagnóstico de laboratorio da infección por VIH.
Bioquímica: medidas de analitos por fotometría, espectrofotometría. Medición do pH. Técnicas cuantitativas de valoración. Estudo do equilibrio hidroelectrolítico e acedo base. Determinación de ións, pH, e gases en sangue arterial.
Proteínas séricas: métodos de determinación. Separación de fraccións proteicas. Electroforesis. Interpretación de proteinograma.
Funcións das lipoproteínas plasmáticas. Técnicas para a análise do colesterol. Análise de triglicéridos. Método analítico para o estudo de HDL e LDL.
Encimas: métodos de análises de encimas en fluídos biolóxicos e patróns da alteración encimática.
Tipos de marcadores tumorais. Estudo e determinación de marcadores tumorais en sangue. Marcadores tumorais máis utilizados. Neoplasias e marcadores tumorais.
Anatomía e fisioloxía hepática. Determinacións analíticas para o estudo da función hepática. Marcadores séricos da enfermidade hepática.
Anatomía e fisioloxía endócrina. Probas analíticas para o estudo da función endócrina. Marcadores séricos da enfermidade endócrina.
Estudo das feces: características organolépticas das feces e determinación de substancias eliminadas polas feces. Estudo dos ouriños: fisiopatoloxía dos ouriños e determinación de substancias eliminadas polos ouriños. Análise do sedimento urinario.
Farmacoloxía Clínica: conceptos xerais, monitorización de fármacos: fármacos cardioactivos, antibióticos, antiepilépticos, antipsicóticos, antineoplásicos e outros. Toxicoloxía clínica. Detección de drogas de abuso. Alcois: etanol, metanol e outros.
Técnicas «rápidas» nun laboratorio de urxencias de resposta inmediata.
Nocións básicas de informática: concepto do procesador de textos, bases de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.
Título de técnico/a superior en Laboratorio Clínico e Biomédico ou titulación equivalente na normativa de ordenación da formación profesional.
OEP 2023: 121 Prazas
Convocatoria: Convocatoria de 19 de Abril de 2024 · DOG 85 de 30/04/2024