Nos Oposicións

Qué preparamos > SERGAS

Oposicións a

Pinche

Oferta:

OEP 2024

Convocatoria:

Pendente de publicación

Sistema Selectivo

concurso • oposición

Prazas

31 prazas (OEP 2024)

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Máis de 2000 preguntas tipo test de todo o temario

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Pinche

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    (segundo a última convocatoria)

    OPOSICIÓN – máximo 60 puntos:

    1ºExercicio (obrigatorio e eliminatorio): máximo 150 minutos

    • Cuestionario de 50 preguntas tipo test máis 5 preguntas de reserva sobre o contido da parte específica.
    • Cuestionario de 50 preguntas tipo test máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre o contido da parte específica.

    Esta exercicio calificarase de 0 a 50 puntos. Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo. As respostas incorrectas restarán un cuarto do valor asignado a unha resposta correcta.

    2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio): máximo 15 minutos

    • Cuestionario de 10 preguntas tipo test, máis 2 preguntas de reserva, sobre o temario da parte común.

    Este exercicio calificarase de 0 a 5 puntos. As respostas incorrectas restarán un cuarto do valor asignado a unha resposta correcta.

    3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio): máximo 15 minutos

    Estarán exentos de realizar esta proba os/as aspirantes que acrediten estar en posesión do CELGA 2 ou equivalente.

    • Cuestionario de 10 preguntas tipo test, máis 2 preguntas de reserva, a través do cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.

    Este exercicio calificarase de 0 a 5 puntos. As respostas incorrectas restarán un cuarto do valor asignado a unha resposta correcta.

    CONCURSO – máximo 40 puntos:

    • Formación (20%) – máx 8 puntos
    • Experiencia (70%) – máx 28 puntos
    • Outras actividades (10%) – máx 4 puntos

    Parte común

    Tema 1

    A Constitución Española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.

    Tema 2

    Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

    Tema 3

    A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións Públicas en relación coa saúde. Dereitos e deber dos usuarios do sistema sanitario público.

    Tema 4

    A Lei de saúde de Galicia: O sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: Disposicións que a regulan.

    Tema 5

    O Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deber. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

    Tema 6

    O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: Réxime de provisión e selección de prazas.

    Tema 7

    Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

    Tema 8

    8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais: Capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

    Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

    Parte específica

    Tema 1

    A cociña hospitalaria: concepto. Condicións estruturais básicas dos locais e as instalacións. Zonas de sucio e de limpo. A cadea alimentaria, principio de marcha adiante, circuítos de traballo. Distribución funcional das cociñas hospitalarias.

    Tema 2

    Maquinaria, ferramentas e enxoval nas cociñas de colectividades, descrición, uso e limpeza. Novas tecnoloxías na produción e distribución de comidas en colectividades.

    Tema 3

    A contaminación dos alimentos. Perigos de transmisión alimentaria, orixes. Prevención, tratamentos e eliminación deles. A contaminación cruzada. Sistemas de conservación dos alimentos.

    Tema 4

    Normativa básica nas cociñas de colectividades. Sistemas de análises de perigos e puntos de control críticos. Definicións, concepto básico de implantación de desenvolvemento.

    Tema 5

    Control de materias primas e produtos preparados. O almacenamento: almacenamento de produtos perecedoiros e non perecedoiros. Almacenamento de produtos conxelados. Prácticas correctas de hixiene.

    Tema 6

    O acondicionamento das materias primas: carnes, peixes, hortalizas, froitas. Limpeza, cortes e preelaboración. A desconxelación. Actividades de limpo e sucio. Termos básicos de cociña. Prácticas correctas de hixiene.

    Tema 7

    O empratado: tipos, dotación para a súa realización. Normas hixiénicas. A distribución das comidas en planta: sistemas empregados. A colleita de bandexas.

    Tema 8

    A limpeza e desinfección: bandexas, cubertos e vaixela, superficies de cociña, maquinaria e enxoval de cociña. Produtos de limpeza e maquinarias utilizados. Prácticas correctas de hixiene.

    Tema 9

    Os alimentos: carnes, aves, peixes, produtos lácteos, hortalizas, ovos, legumes secos, froitas, cereais, graxas, sobremesas de cociña. Características máis importantes. Conceptos básicos de nutrición, dietas terapéuticas máis utilizadas nun centro hospitalario.

    Tema 10

    Prevención de riscos laborais específicos da categoría. Risco de incendio: conceptos básicos, medidas preventivas e actuacións a realizar.

    Requírese certificado de escolaridade ou equivalente.

    OEP 2024 – Convocatoria pendente de publicación – 31 prazas

    Comeza a preparar a oposición de Pinche

      ¡Escríbenos por WhastApp!